|
CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN
DOSERVIZO DE ACCESO A INTERNET YACOMFREE
France Telecom España Internet Service Provider,
S.A.U. (antes T-Online Telecommunications Spain,
S.A.U., en adiante YA.COM), con domicilio social en
Avda. Bruselas núm.20, 28108 Alcobendas (Madrid)
y CIF A-82383415, pon a disposición do CLIENTE
oServizo de Acceso a Internet YACOMFREE
(en adiante, SERVIZO) nos termos que se establecen
nestas Condicións Xerais.
A prestación do SERVIZO precisará que
o CLIENTE realice a alta no mesmo a través
da páxina Web localizada na URL www.acceso.YA.COM
(en adiante, "Páxina de Acceso")
ou a través de calquera das canles de contratación
establecidas por YA.COM e dirixidos ó CLIENTE.
Calquera das seguintes accións polo CLIENTE
implicará a súa aceptación expresa
das presentes Condicións Xerais: a activación
do botón "Aceptar" no proceso de
contratación electrónica e/ou o pago
de calquera dos cargos poloServizo de Acceso
a Internet YACOMFREE .
Entenderase por CLIENTE toda persoa física
ou xurídica que emprega ou solicita oServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE , que non explota
redes públicas de comunicacións nin
presta servicios de comunicacións electrónicas
dispoñibles para o público nin tampouco
os revende e que desexe e teña capacidade xurídica
suficiente para contratar os servicios de YA.COM.
YA.COM non será responsable da falsidade na
información aportada polo CLIENTE á
hora de realizar a contratación.
Primeira.- Obxecto
As presentes Condicións Xerais teñen
por obxecto establecer o marco no que YA.COM prestará
ó CLIENTE, e este empregará, oSERVIZO
de Acceso a Internet YACOMFREE . OSERVIZO
de Acceso a Internet YACOMFREE prestarase exclusivamente
en territorio español e para a súa prestación
será condición indispensable o cumprimento
por parte do CLIENTE dos Requisitos Previos que se
recollen na Condición Segunda.
O SERVIZO prestarase en colaboración
cun operador telefónico con cobertura nacional
e exclusivamente en territorio español.
Para a súa prestación será condición
indispensable o cumprimento dos Requisitos Previos
que se recollen na Condición Segunda.
O SERVIZO préstase ó CLIENTE,
segundo a modalidade escollida polo mesmo, en calidade
de CLIENTE final, para o seu uso exclusivo no domicilio
de instalación indicado no proceso de contratación,
non podendo este actuar de revendedor nin distribuidor
de ningún tipo fronte a terceiros nin empregar
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL fóra do domicilio
de instalación.
O SERVIZO consistirá nunha conexión
de acceso a Internet a través da liña
telefónica RTB ou RDSI que o CLIENTE tivese
contratada co seu Operador Telefónico.
Segunda.- Requisitos Previos.
O cumprimento dos requisitos que a continuación
se detallan considerarase imprescindible e necesario
para a prestación do SERVIZO.
2.1 Requisitos do Equipamento Informático
do CLIENTE . Este deberá reunir as seguintes
características mínimas:
· Sistema operativo Windows 95, Windows
98, XP, Millenium, 2000, NT, Mac, Linux ou calquera
outro que YA.COM comunique no futuro.
· Pentium 233 Mhz ou superior.
· 32 MB de memoria RAM ou superior.
· Equipamento informático de conexión
a Internet consistente nun Hardware de Conexión
2.2 Requisitos do Acceso Telefónico do
CLIENTE : o CLIENTE deberá ter contratada
no domicilio de instalación unha liña
telefónica analóxica RTB ou RDSI con
Telefónica de España, S.A., e cumprir
coas características técnicas que o
servizo requira.
2.3 Outros requisitos de instalación:
configuración do MODEM. O funcionamento
do MODEM require a súa correcta configuración
de acordo cos requisitos do SERVIZO, o que inclúe
a determinación do número de teléfono
indicado por YA.COM a través do cal se realizará
a conexión a Internet que o SERVIZO ofrece.
Esta configuración será realizada persoalmente
polo CLIENTE ("Autoconfiguración").
Terceira.- Características
doSERVIZO de Acceso a Internet YACOMFREE
O SERVIZO ofrecido consistirá nunha
conexión de acceso a Internet vía módem
a través da liña telefónica RTB
ou RDSI que o CLIENTE tivese contratada co seu Operador
Telefónico.
Soporte Técnico: O Servicio de Acceso
YA.COM ADSL inclúe a prestación dun
Servicio de Soporte Técnico en horario de 8:00
a 24:00 horas.
Prazo de conexión inicial: O prazo
de conexión inicial do SERVIZO será
dun máximo de 30 (trinta) días.
Cuarta.- Servicios Adicionais
Servicio de Voz a través de Preselección
ou Marcación Directa: YA.COM poderá
poñer a disposición do CLIENTE no marco
das Ofertas Comerciais de ADSL ofrecidas en cada intre,
un Servicio de Voz na modalidade de acceso indirecto
a través de preselección ou marcación
directa, que será subministrado por YA.COM.
As Condicións Particulares aplicables a este
Servicio serán postas a disposición
do CLIENTE e deberán ser aceptadas por este
no intre da contratación do Servicio expresa
e adicionalmente ás presentes Condicións
Xerais.
Quinta.- Obrigas das Partes
5.1. Obrigas de YA.COM.
A partires da data en que se acredita o cumprimento
polo CLIENTE dos Requisitos Previos (en adiante, "Data
de Activación do Servicio"), YA.COM estará
obrigado a:
· Prestar o SERVIZO ó CLIENTE
nas condicións expostas neste documento, ben
entendido que en caso de que o CLIENTE manteña
inactiva a conexión ó servizo durante
máis de VINTE (20) minutos consecutivos, o
CLIENTE acepta que YA.COM poderá proceder á
desconexión do CLIENTE da sesión en
curso.
· Facilitarlle ó CLIENTE a posibilidade
de resolver o contrato sen custo algún para
o mesmo, se no prazo de 7 (sete) días dende
a recepción dos elementos necesarios para a
prestación do servicio, o CLIENTE manifestase
mediante calquera forma admitida no dereito, a súa
vontade de resolver o contrato, debendo o CLIENTE
neste caso devolver tódolos elementos recibidos.
· Poñer a disposición do CLIENTE
os Servicios Adicionais, no seu caso, contratados
polo CLIENTE xunto coServizo de Acceso a
Internet YACOMFREE .
· Prestar o servicio de Soporte Técnico
en horario de 8.00 a 24.00 horas a través dunha
liña telefónica de Atención ó
CLIENTE cuxo número entregarase ó CLIENTE
xunto coa guía de instalación do Servicio.
· Dispoñer dun servicio de Atención
ó CLIENTE cuxo número é o 902
902 902, en horario de 8 a 24 horas, onde o CLIENTE
poderá solicitar toda a información
que requira sobre os servicios dispoñibles,
así como o procedemento a seguir para a presentación
de calquera reclamación ou queixa derivada
da prestación de servicios.
Este servizo de Atención ó CLIENTE,
de carácter gratuíto, deberá
aportar ó CLIENTE por calquera reclamación,
queixa ou petición efectuada, un número
de referencia da incidencia exposta polo CLIENTE.
· Manter oServizo de Acceso a Internet
YACOMFREE operativo para o seu emprego no horario
contratado polo CLIENTE, agás as interrupcións
temporais debidas a operacións de mantemento
do mesmo.
As devanditas interrupcións comunicaranse,
na medida do posible, coa antelación suficiente
ó CLIENTE mediante a Páxina de Acceso
ó Servicio ou vía correo electrónico.
A anterior obriga non será esixible a YA.COM
no caso de forza maior ou se se produce unha caída
da rede de datos que sirve de base para a prestación
do mesmo allea á súa vontade e control.
5.2. Obrigas do CLIENTE
Con efectividade dende a Data de Activación
do Servicio, o CLIENTE virá obrigado a:
· Manter, no seu caso, o Contrato durante
o período de duración inicial obrigado
indicado nas condicións da Oferta Comercial
contratada polo CLIENTE.
· Abona-las cantidades debidas polo Servicio
de Acceso YA.COM ADSL, conforme estas queden definidas
na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.
· Devolver a YA.COM os Descontos Aplicados
no suposto de que resulte aplicable en virtude do
disposto na Cláusula Sétima das presentes
Condicións Xerais e, na oferta comercial con
arranxo á cal o CLIENTE contrate oServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE .
· Non empregar oServizo de Acceso
a Internet YACOMFREE de forma en que poida contravir
a lei ou estas Condicións Xerais, en particular
prohíbese ó CLIENTE o emprego doServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE para a comisión
de ilícitos penais, o envío non solicitado
de comunicacións publicitarias ou comerciais
("spam"), a vulneración de lexislación
en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas
e/ou a infracción de calquera lexislación
que resulte aplicable ó emprego polo CLIENTE
doServizo de Acceso a Internet YACOMFREE .
· Non empregar oServizo de Acceso a Internet
YACOMFREE para a súa revenda, cesión
ou explotación comercial a terceiros por parte
do CLIENTE sen consentimento expreso e escrito de
YA.COM.
· Gardar e custodiar as claves de acceso e
o identificador de CLIENTE facilitados. O CLIENTE
asume, polo tanto, cantos danos e/ou prexuízos
de todo tipo que se deriven do quebrantamento ou revelación
de ditos contrasinais. O CLIENTE poderá en
calquera intre cambiar o contrasinal.
· Custodiar e preservar, no seu caso, a conexión
sen arames, facéndose responsable das consecuencias
das posibles conexións que terceiros puideran
levar a cabo empregando o ancho de banda contratado
polo CLIENTE para o acceso a Internet ou accedendo
á información contida polo equipamento
informático do CLIENTE.
Sexta.- Duración
A duración do SERVIZO será indefinida.
Sen prexuízo disto, o SERVIZOserá interrompido
ou finalizado se o Cliente incumprise as obrigacións
establecidas nas presentes Condicións Xerais
e/ou, no seu caso, as Condicións Particulares
do Servizo de Voz a través da Preselección.
Sétima.- Condicións
económicas
7.1 O CLIENTE pola prestación do SERVIZO
declara coñecer e aceptar que será o
Operador Telefónico con quen contrate a liña
telefónica, quen facturará ó
CLIENTE polos minutos de conexión a Internet
de acordo coas tarifas telefónicas vixentes
en cada momento.
Oitava.- Responsabilidades
8.1. Comunicacións. YA.COM adoptará
e instalará as medidas e os medios técnicos
que sexan esixibles pola lexislación vixente,
para garantir o segredo das comunicacións e
integridade do servicio no seu tránsito a través
da rede de YA.COM.
De acordo co artigo 14 da Lei 34/2002, de 11 de xullo,
de Servicios da Sociedade da Información e
de Comercio Electrónico, YA.COM non será
responsable da información transmitida polos
usuarios a través da súa rede cando
os datos foron subministrados polo destinatario do
servicio.
8.2. Calidade do Servicio. YA.COM comprométese
a cumprir cos niveis de calidade de cada un dos servicios
contratados polo CLIENTE, conforme ós parámetros
e métodos que a lexislación determine.
YA.COM indemnizará ó CLIENTE por interrupcións
temporais do servicio de máis de 24 horas ó
longo dun período de facturación, contadas
a partir da súa notificación polo CLIENTE
e producidas por causas imputables a YA.COM. O CLIENTE
percibirá o importe correspondente á
parte proporcional do período de interrupción
do servicio incrementado nun 10%, sen que esta cantidade
poida superar o importe correspondente a unha mensualidade.
O CLIENTE deberá solicitar a aplicación
da devandita indemnización no prazo de dúas
semanas unha vez rematado o período facturado.
YA.COM procederá á súa aplicación
nos seguintes períodos de facturación.
8.3. Interrupcións temporais do Servicio.
8.3.1. Cando, durante un período
de facturación, o CLIENTE sufra interrupcións
temporais do servicio de acceso a Internet, o operador
deberá compensar ó abonado coa devolución
do importe da cota mensual correspondente óSERVIZO,
prorrateada polo tempo que durase a interrupción.
A estes efectos, YA.COM terá a obriga de
indemnizar automaticamente ó CLIENTE, na
factura correspondente ó período inmediato
ó considerado, cando a interrupción
do servicio supoña o dereito a unha compensación
por importe superior a 1 euro.
8.3.2. Non será de aplicación
o disposto no apartado anterior cando a interrupción
temporal estea motivada por algunha das causas seguintes:
i. Incumprimento grave polo CLIENTE das condicións
contractuais.
ii. Danos producidos na rede debido á
conexión polo abonado de equipos terminais
que non teñan avaliado a conformidade,
de acordo coa normativa vixente.
8.3.3. A compensación prevista nesta
cláusula enténdese sen perxuizo da
responsabilidade por danos que se produzan ós
usuarios finais, que se esixirá conforme
ó previsto no artigo 102.3 do Regulamento
sobre as condicións para a prestación
de servicios de comunicacións electrónicas,
o servicio universal e a protección dos usuarios,
aprobado polo Real Decreto 424/2005, de 15 de abril.
8.4. Datos persoais. YA.COM adoptou tódalas
medidas de seguridade legalmente esixidas para a protección
dos datos persoais subministrados polo CLIENTE.
8.5. Utilidade. Os dispositivos de enlace
que YA.COM pon a disposición dos CLIENTEs teñen
por único obxecto facilitar ós mesmos
a busca da información dispoñible en
Internet. YA.COM non garante que o servicio sexa adecuado
para a realización de ningún servicio
más alá do que se contrata nin que permita
acceso a tódolos sitios de Internet. YA.COM
non ofrece nin comercializa os productos e servicios
dispoñibles nos sitios enlazados nin asume
responsabilidade algunha por tales productos ou servicios.
8.6. Emprego e Contidos. YA.COM, que actúa
exclusivamente como prestador dun servicio, non controla
o uso que doServizo de Acceso a Internet YACOMFREE
realiza o CLIENTE.
En tal senso, YA.COM non se fai responsable do uso
e/ou dos contidos que, en contravención ás
leis ou as presentes Condicións Xerais, o CLIENTE
poida facer do mesmo, sendo o CLIENTE o único
responsable das consecuencias que o seu emprego ilícito
ou contrario a estas condicións puidera ter
así como da veracidade e/ou licitude dos contidos
despregados nos Servicios Adicionais.
No caso de que YA.COM descubrira, ben de forma directa
ou a través de notificacións ou requirimentos
de terceiros, a existencia de contidos que puideran
infrinxir a legalidade vixente ou as presentes Condicións
Xerais ou o emprego con fins fraudulentos, ilícitos
e/ou non autorizados doServizo de Acceso
a Internet YACOMFREE incluídos os Servicios
Adicionais, YA.COM resérvase o dereito de suspender
por si mesma total ou parcialmente oServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE , incluídos
os Servicios Adicionais, sen necesidade de autorización
previa do CLIENTE, mediante a eliminación dos
contidos infractores ou calquera outra medida que
considere necesaria para evitar a continuidade na
comisión do ilícito ou da infracción
detectada.
En ningún caso poderá o CLIENTE facer
uso dunha taxa de transferencia (consumo de ancho
de banda), tanto ascendente como descendente, superior
ó autorizado na Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE. Neste senso YA.COM non permitirá
ó CLIENTE facer uso, tanto da conexión
ADSL como de calquera dos seus Servicios Adicionais,
para a transmisión e/ou difusión de
elementos que, polas súas características
tales como tamaño, formato, etc. dificulten
o funcionamento dos Servicios Adicionais.
8.7. Sen prexuízo do anterior, YA.COM
resérvase a facultade de poñer en coñecemento
das autoridades administrativas ou xudiciais aqueles
feitos que puideran ser constitutivos dunha actividade
ilícita, sen necesidade de comunicalo previamente
ó CLIENTE.
8.8. Virus informáticos. YA.COM non
controla nin garante a ausencia de virus informáticos
nos servicios prestados por terceiros a través
da súa rede de portais que poidan producir
alteracións no sistema informático (software
e hardware) do CLIENTE ou nos documentos e ficheiros
electrónicos almacenados no seu sistema informático.
Novena.- Propiedade Intelectual
e Industrial
O CLIENTE recoñece que tódalas imaxes,
deseños, debuxos, contidos, logos, marcas e
calquera outro producto susceptible de estar protexido
en virtude da lexislación aplicable en materia
de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas a que
tivera acceso pola subscrición doServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE son propiedade
de YA.COM ou de terceiros titulares dos mesmos. O
CLIENTE comprométese a facer uso doServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE respectando tales
dereitos.
A contratación doServizo de Acceso
a Internet YACOMFREE polo CLIENTE non implica
en ningún caso cesión ó mesmo
de dereitos por YA.COM en materia de Propiedade Intelectual,
Patentes e Marcas. YA.COM prohibe o emprego do Servicio
de calquera forma que de maneira directa ou indirecta
supoña a contravención da lexislación
aplicable en materia de Propiedade Intelectual, Patentes
e Marcas, sendo tal actuación así como
as súas consecuencias exclusiva responsabilidade
do CLIENTE, que manterá, en todo caso, indemne
a YA.COM.
Décima.- Modificación
das Condicións Xerais de Contratación
doSERVIZO de Acceso a Internet YACOMFREE
.
YA.COM poderá modificar as presentes Condicións
Xerais ou introducir novas condicións de uso,
de conformidade coa lexislación vixente, previa
comunicación na Páxina de Acceso óServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE e a notificación
ós usuarios finais afectados cun preaviso de
TRINTA (30) días. As devanditas modificacións
só serán de aplicación a partires
da súa entrada en vigor.
O CLIENTE poderá resolver anticipadamente
o contrato sen a obriga de aboar cantidade algunha
no caso de que non acepte as novas Condicións
Xerais ou as modificacións nas mesmas.
Undécima.- Modificacións
Tecnolóxicas
YA.COM terá dereito a introducir cantos cambios
nos sistemas e instalacións do CLIENTE e/ou
nas súas propias redes veñan esixidos
pola lexislación e/ou para manter e/ou mellorar
a calidade técnica do servicio (sempre e cando
estes cambios non impliquen modificacións nos
aspectos esenciais do Servicio contratado), debendo
nestes casos realizar unha comunicación previa
ó CLIENTE.
Duodécima.- Protección
de Datos de Carácter Persoal.
Como consecuencia da contratación doServizo
de Acceso a Internet YACOMFREE , o CLIENTE é
consciente e acepta que os datos persoais por el facilitados
a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro
de datos de carácter persoal responsabilidade
de YA.COM, cuxa finalidade será a administración
do servicio contratado e a xestión das incidencias
relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así
mesmo ó CLIENTE, que por necesidades técnicas
da prestación do servicio, ó acceder
ó servidor de YA.COM, asignaráselle
un número IP (na modalidade contratada polo
CLIENTE) que rexistrará os accesos realizados
a dito servidor. Este número IP será
igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta
poida cumprir coas finalidades descritas así
como, no seu caso, cos requirimentos das autoridades
que, no exercicio das funcións que teñen
atribuídas, soliciten información relativa
ó CLIENTE.
A entrega de tódolos datos requiridos para
a contratación doServizo de Acceso
a Internet YACOMFREE é obrigada, posto
que a recollida de todos eles faise necesario para
cumprir coas finalidades indicadas no parágrafo
anterior. Desta forma, YA.COM poderá denegar
a contratación do Servicio ó interesado
que non facilite tales datos.
Así mesmo, o CLIENTE outorga o seu consentimento
para que os datos por el facilitados a YA.COM no marco
do Servicio contratado, sexan igualmente empregados
por esta para as seguintes finalidades:
- Xestión do Programa de Fidelización
(que poderá incluír, entrega de regalos,
xestión de promocións especiais para
CLIENTEs, información sobre novidades de
YA.COM, etc., que poderán ser remitidas por
correo postal, e-mail, SMS e/ou MMS).
- Envío por YA.COM de comunicacións
comerciais de productos e/ou servicios de YA.COM
(servicios de telecomunicacións, servicios
da sociedade da información e comercio electrónico
sobre productos relacionados coa fotografía),
xa sexa por correo postal, e-mail, SMS e/ou MMS.
O CLIENTE poderá revocar o seu consentimento
para o emprego dos seus datos con calquera das finalidades
mencionadas nos dous parágrafos anteriores,
así como exercitar os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e/ou oposición,
dirixindo unha carta asinada polo mesmo ó domicilio
de YA.COM, a Avenida de Bruselas 20, Edificio Gorbea
4, 28108 Alcobendas (Madrid), ó Departamento
de Asesoría Xurídica coa referencia
"Protección de Datos", achegando
copia lexible do seu DNI e indicando o enderezo ó
que YA.COM poida remitirlle a confirmación
de ter cumprido coa súa solicitude, ou no seu
caso, os motivos que lle impiden levala a cabo plenamente.
Décimo terceira.- Notificacións
Tódalas notificacións, incluídos
os escritos de comunicación de baixa do CLIENTE
noSERVIZO de Acceso a Internet YACOMFREE
, deberán ser enviados a YA.COM ó Apartado
de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid).
Decimocuarta.- Reclamacións
YA.COM dispón dun Centro de Atención
ó CLIENTE, que ten por obxecto atender e resolver
as queixas e reclamacións e calquera incidencia
contractual que formule o CLIENTE e ó que este
poderá dirixirse.
Este servicio de Atención ó CLIENTE,
de carácter gratuíto, aportará
ó CLIENTE por calquera reclamación,
queixa ou petición efectuada, un número
de referencia da incidencia formulada por este.
Así mesmo, infórmase ó CLIENTE
do seu dereito a solicitar ó Centro de Atención
ó CLIENTE un documento que acredite a presentación
e contido da queixa ou reclamación mediante
calquera soporte que permita facelo.
As reclamacións poderán interporse
a través do número de teléfono
902 902 902 (ou o número que no seu caso o
substitúa), ou por correo postal ó Apartado
de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid)
ou por correo electrónico á dirección:
acceso@ya.com.
O CLIENTE deberá formular as súas queixas
ou reclamacións no prazo dun mes dende o momento
en que se teña coñecemento do feito
que as motive. Formulada a reclamación, se
o CLIENTE non obtivera resposta satisfactoria de YA.COM
no prazo de un mes, poderá acudir ás
vías indicadas nos apartados seguintes.
O CLIENTE poderá dirixir a súa reclamación
ás Xuntas Arbitrais de Consumo, nos termos
establecidos na súa normativa reguladora.
Para o suposto de que o CLIENTE ou YA.COM non se
sometan ás Xuntas Arbitrais, este poderá
dirixirse, no prazo de tres meses dende a resposta
do operador ou o remate do prazo para responder, á
Secretaría de Estado de Telecomunicacións
e para a Sociedade da Información.
Así mesmo o CLIENTE poderá dirixirse
ós tribunais competentes da xurisdicción
ordinaria que correspondan.
Decimoquinta.- Interrupción
dos SERVIZOs.
YA.COM poderá interromper o SERVIZO
ou resolver de modo inmediato a relación co
usuario se detecta un uso contrario ás presentes
Condicións xerais.
Decimosexta.- Uso de cookies
Coa finalidade de axilizar o SERVIZO ofrecido, identificando
coa máxima celeridade a cada CLIENTE, YA.COM
utilizará "cookies". As "cookies"
son códigos que o servidor introduce no disco
duro do ordenador para identificar ó CLIENTE.
As "cookies" asócianse unicamente
cun CLIENTE anónimo, no permitindo acceder
a datos de carácter persoal nin, en xeral,
a datos do disco duro do CLIENTE. Se o CLIENTE non
desexa que se instale no seu disco duro unha "cookie",
debe configurar o seu navegador para non recibilas.
En tal caso, sen embargo, a rapidez e calidade no
funcionamento dos servizos de YA.COM pode diminuír.
Decimoseptima.- Linguas do contrato
As presentes Condicións Xerais están
dispoñibles en español, catalán,
euskera, galego e inglés.
En caso de discrepancia, prevalecerá sempre
a versión en español.
VERSIÓN IMPRIMIBLE |