|
CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN
DO SERVIZO DE ACCESO YA.COM TARIFA PLANA + VOZ
France Telecom España Internet Service Provider,
S.A.U. (antes T-Online Telecommunications Spain,
S.A.U., en adiante YA.COM), con domicilio social en
Avda. Bruselas núm.20, 28108 Alcobendas (Madrid)
y CIF A-82383415, pon a disposición do CLIENTE,
un servizo de acceso a Internet a través da
rede telefónica básica ou de RDSI denominado
Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana, nos
termos que se establecen nestas Condicións
Xerais..
Calquera das seguintes accións polo CLIENTE
implicará a súa aceptación expresa
das presentes Condicións Xerais: a activación
do botón "Aceptar" no proceso de
contratación electrónica e/ou o pago
de calquera dos cargos polo Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana.
O CLIENTE poderá contratar calquera das modalidades
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana única
e exclusivamente no marco dos distintos paquetes ou
ofertas comerciais (en adiante, as "Ofertas Comerciais")
que YA.COM poñerá a disposición
do mesmo en cada momento a través da URL http://acceso.YA.COM
(en adiante, la "Páxina de Acceso").
Entenderase por CLIENTE toda persoa física
ou xurídica que emprega ou solicita o Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana, que non explota
redes públicas de comunicacións nin
presta servicios de comunicacións electrónicas
dispoñibles para o público nin tampouco
os revende e que desexe e teña capacidade xurídica
suficiente para contratar os servicios de YA.COM.
YA.COM non será responsable da falsidade na
información aportada polo CLIENTE á
hora de realizar a contratación.
Primeira.- Obxecto
As presentes Condicións Xerais teñen
por obxecto establecer o marco no que YA.COM prestará
ó CLIENTE, e este empregará, o Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana. O Servizo de
Acceso YA.COM Tarifa Plana prestarase exclusivamente
en territorio español e para a súa prestación
será condición indispensable o cumprimento
por parte do CLIENTE dos Requisitos Previos que se
recollen na Condición Segunda.
O Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana préstase
ó CLIENTE, segundo a modalidade escollida polo
mesmo, en calidade de CLIENTE final, para o seu uso
exclusivo no domicilio de instalación indicado
no proceso de contratación, non podendo este
actuar de revendedor nin distribuidor de ningún
tipo fronte a terceiros nin empregar o Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana fóra do domicilio
de instalación.
O Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana consistirá
nunha conexión de acceso a Internet a través
da liña telefónica RTB ou RDSI, liña
que terá que estar contratada previamente polo
CLIENTE con Telefónica de España, S.A.U.,
conforme se establece na Condición 2.2.
Segunda.- Requisitos Previos
O cumprimento dos requisitos que a continuación
se detallan consideraranse imprescindibles e necesarios
para a prestación do Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana:
2.1. Requisitos do Equipamento Informático
do CLIENTE. Este deberá reunir as seguintes
características mínimas:
· Pentium 233 Mhz ou superior.
· 32 MB de memoria RAM ou superior.
· MODEM analóxico ou RDSI e controladores
(drivers) compatibles cunha conexión telefónica
convencional.
2.2. Requisitos do Acceso Telefónico del
CLIENTE. O CLIENTE deberá ter contratada
unha liña telefónica analóxica
RTB ou RDSI con Telefónica de España,
S.A.
2.3. Outros requisitos de instalación.
· Configuración do MODEM.
O funcionamento do MODEM require a súa correcta
configuración de acordo cos requisitos do
Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana, o
que inclúe a determinación do número
de teléfono indicado por YA.COM a través
do cal se realizará a conexión a Internet
que o Servizo Tarifa Plana ofrece. Esta configuración
será realizada persoalmente polo CLIENTE
("Autoconfiguración").
· Efectividade da alta no Servizo de
Acceso YA.COM Tarifa Plana. YA.COM dará
acceso ó Servizo de Acceso YA.COM Tarifa
Plana, nun prazo máximo de CORENTA E
OITO (48) horas.
Terceira.- Características
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana
As distintas Ofertas Comerciais do Servizo de
Acceso YA.COM Tarifa Plana ofrecidas por YA.COM
en cada intre a través da Páxina de
Acceso compoñeranse dos seguintes elementos:
3.1. Velocidade: O Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana será ofrecido por YA.COM no
marco das distintas Ofertas Comerciais de conformidade
con algunha das seguintes modalidades de velocidade:
| Modalidade |
Velocidade baixada Rede-CLIENTE |
Velocidade subida CLIENTE-Rede |
| Tarifa plana 24h |
64kbs/56 Kbs |
64kbs/56 Kbs |
| Tarifa plana día |
64kbs/56kbps |
64kbs/56 Kbs |
3.2. Horario: O Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana será ofrecido por YA.COM no
marco das distintas Ofertas Comerciais nalgunha das
seguintes modalidades de horario:
· Modalidade Tarifa Plana 24Horas:
acceso durante as VINTECATRO (24) horas do día.
· Modalidade Tarifa Plana día:
acceso desde as OITO (8h) horas do día ata
as VINTE (20h).
3.3. Respecto ós prezos de cada unha
das modalidades de Ofertas Comerciais, os mesmos estarán
dispoñibles na Páxina de Acceso, atopándose
actualizados en cada momento, á hora de realizar
a contratación dos servizos.
3.4. Modalidade de Conexión I.P. (Internet
Protocol): dirección I.P. fixa ou dinámica.
3.5. Soporte Técnico: O Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana inclúe a
prestación dun Servicio de Soporte Técnico
en horario de 8:00 a 24:00 horas.
3.6. Prazo de conexión inicial: O prazo
de conexión inicial do servicio será
dun máximo de 30 (trinta) días.
3.7. Tipo de mantemento ofrecido: YA.COM ofrece
ó CLIENTE un mantemento integral do Servicio
que inclúe a liña de datos, o equipamento
necesario para a conectividade e a rede de acceso.
Do mesmo modo, inclúese o soporte na configuración
de tódolos compoñentes necesarios para
a conectividade: configuración básica
e avanzada do CPE (router), configuración dos
servicios TCP/IP do sistema operativo do CLIENTE,
instalación do software/hardware dos compoñentes
do equipo de conexión se fose necesario e son
subministrados por YA.COM así como o soporte
dos servicios de valor engadido (contas de correo,
hosting, etc.) que se entreguen, no seu caso, co Servicio.
No caso de avaría nalgún destes servicios,
YA.COM xestiona integralmente a avaría unha
vez que o CLIENTE o notifica oportunamente ó
Centro de Atención ó CLIENTE, comunicando
YA.COM a resolución da mesma unha vez que se
teña producido.
Cuarta.- Servicios Adicionais
Adicionalmente, as distintas Ofertas Comerciais ofrecidas
por YA.COM ó CLIENTE para a prestación
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana poderán
incluír a prestación dunha serie de
Servicios Adicionais. A subscrición das condicións
que regulan ditos Servicios Adicionais realizarase,
ben coa subscrición do presente Contrato, ou
ben a través da Páxina de Acceso.
Os Servicios Adicionais incluídos no Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana e cuxa contratación
e aceptación será automática
no momento da subscrición do presente contrato,
poderán ser os seguintes:
4.1. Servicio de Contas de Correo Electrónico:
No marco da contratación do Servizo de Acceso
YA.COM Tarifa Plana, YA.COM poñerá
a disposición do CLIENTE sen custo adicional
un servicio de Contas de Correo Electrónico.
4.2. Servicio de Hosting: YA.COM pon a disposición
do CLIENTE sen custo adicional, no marco das Ofertas
Comerciais ofrecidas en cada intre, un determinado
espacio en páxinas web persoais, cun consumo
máximo de taxa de transferencia (ancho de banda)
de UN (1) Megabyte por páxina vista. A prestación
do servicio axustarase ás seguintes condicións:
4.2.1.Descrición do Servicio:
Servicio de almacenamento de información
do CLIENTE ou que este estea autorizado a divulgar,
nun servidor de YA.COM posto á súa
disposición durante a vixencia do Contrato.
O Servicio configúrase como un Servicio Adicional
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana,
no marco das ofertas que así o establezan,
polo que só poderá ser contratado
de forma conxunta co Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana e no marco dos devanditos paquetes
ou ofertas comerciais. O Servicio presenta as seguintes
características:
· Conectividade:
- Conectividade redundante
- Punto de presencia en Espanix
· As instalacións de YA.COM disporán
das seguintes condicións:
- Sistema de refrixeración
- Sistema de detección de incendios
- Sistemas de Alimentación duplicada
- Acceso a local restrinxido: Só á
persoa ou persoas autorizadas
- Seguridade con vixilancia permanente 24 * 7
- Estructura de firewalls en redundancia
· Mantemento dos servidores:
O custo do mantemento do servidor correrá
a cargo de YA.COM, agás que o CLIENTE actuara
de forma neglixente ou incluso aloxara aplicacións
que poidan producir algún dano no servidor,
en cuxo caso o CLIENTE será responsable
dos danos e prexuízos que se ocasionen
a YA.COM.
· Nivel de servicio
- YA.COM comprométese a realizar os seus
máximos esforzos para garantir o adecuado
almacenamento da Información, de forma
que se atope a disposición dos usuarios
de Internet de forma ininterrompida durante a
vixencia do presente contrato.
- Non obstante, YA.COM non será responsable
das interrupcións de dispoñibilidade
de dita Información motivadas por causas
de forza maior ou fora do control de YA.COM.
- YA.COM poderá interromper de forma temporal
o almacenamento da Información nos seus
Servidores, ou la dispoñibilidade da mesma
por parte dos usuarios de Internet, por motivos
de seguridade, ou por reestructuración
dos recursos informáticos de YA.COM destinada
a mellorar os seus servicios de almacenamento
e posta a disposición da Información
a través de Internet. En calquera caso,
YA.COM realizará os seus máximos
esforzos para que tales interrupcións afecten
de forma mínima ó CLIENTE. YA.COM
non responderá dos prexuízos causados
por ditas interrupcións, si estas foran
comunicadas ó CLIENTE cunha antelación
mínima de 48 horas.
- Cando o servidor é xestionado polo CLIENTE,
YA.COM non será responsable da dispoñibilidade
do servicio nin doutros servicios asociados.
4.2.2. Obrigas do CLIENTE: O CLIENTE
comprométese, durante o período de
vixencia do contrato, ó correcto emprego
do servicio e a cumprir coa normativa vixente en
cada intre:
· O CLIENTE recoñece a propiedade
de YA.COM sobre os métodos, coñecementos,
saber facer e procedementos empregados no desenvolvemento
e execución das prestacións do presente
contrato e será o titular dos dereitos de
imaxe, da propiedade intelectual, industrial ou
de calquera outra natureza sobre os contidos ou
contará coas oportunas licencias ou dereitos
de uso, exonerando a YA.COM de calquera reclamación
que puidera proceder de terceiros.
· O CLIENTE designará, á entrada
en vigor do contrato, unha persoa de contacto con
facultades para tomar decisións no nome do
CLIENTE e que actuará como único interlocutor
con YA.COM.
· O CLIENTE comprométese a facilitar
a colaboración, os datos, as especificacións
e documentos necesarios para o cumprimento das obrigas
que poidan xurdir do presente contrato.
· O CLIENTE accederá por medios telemáticos
ó servidor de YA.COM unicamente para aloxar,
modificar ou suprimir datos aloxados no mesmo. A
estes efectos, YA.COM proverá ó CLIENTE
dun usuario e clave que permita un acceso remoto.
· Prohíbese o uso do servidor contrario
á boa fe e en particular, de forma non exhaustiva:
- O emprego que resulte contrario ás leis
españolas ou que infrinxa os dereitos de
terceiros.
- A publicación ou a transmisión
de calquera contido que a xuízo de YA.COM
resulte violento, obsceno, abusivo, ilegal, racial,
xenófobo ou difamatorio.
- Os cracks, números de serie de programas
ou calquera outro contido que vulnere dereitos
da propiedade intelectual de terceiros.
- A recollida e/ou emprego de datos persoais de
outros usuarios sen o seu consentimento expreso,
ou contravindo a Lei Orgánica 15/1999,
de 13 de decembro, de Protección de Datos
de Carácter persoal.
- O emprego do servidor con fins do chamado spamming
(envío de correo masivo non desexado, de
tipo comercial ou de calquera outra natureza)
así como do mail bombing (envío
de grandes mensaxes co fin de bloquear un servidor)
e phishing (adquisición de forma fraudulenta
e a través de engano, de información
persoal como contrasinais ou detalles dunha tarxeta
de crédito).
4.2.3. YA.COM resérvase a facultade
de eliminar os contidos albergados nos seus servidores
que vulneren o establecido na presente Cláusula
ou de adoptar calquera outra medida que considere
necesaria para evitar a continuidade na comisión
do ilícito ou da infracción que fora
detectada sen necesidade de comunicación
previa ó CLIENTE.
4.2.4. A información almacenada no
servidor de YA.COM pertencerá, a tódolos
efectos, ó CLIENTE, quen será o único
responsable, segundo o disposto no artigo 16 da
Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servicios da sociedade
da información e de comercio electrónico.
Os Servicios Adicionais incluídos, no seu
caso, nas distintas Ofertas Comerciais, e cuxa contratación
deberá realizarse de forma independente a
través da páxina de acceso, poderán
ser os seguintes:
4.3. Servicio de Seguridade Informática
"Security Suite": YA.COM poderá
poñer a disposición do CLIENTE no marco
das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada momento,
un servicio de Seguridade Informática "Security
Suite". As condicións particulares que
regulan a prestación deste servicio atópanse
dispoñibles para o CLIENTE na Área de
CLIENTEs, entendendo por esta a sección accesible
polos CLIENTEs de YA.COM dende a Páxina de
Acceso www.YA.COM e identificada como tal, para xestionar
as cuestións relacionadas cos servicios que
en cada intre teña contratados o CLIENTE.
4.4. Un Dominio e un Servicio de Xestión
de Dominios: YA.COM poderá poñer
a disposición do CLIENTE no marco das Ofertas
Comerciais ofrecidas en cada intre un dominio propio
(en adiante, "o teu dominio") do tipo .com,
.net, .org, .biz, .info, .es, a elixir polo CLIENTE.
As Condicións Particulares que regulan a prestación
do Servicio de Xestión de Dominios YA.COM atópanse
a disposición do CLIENTE na Páxina de
Acceso á Tenda de Dominios YA.COM e serán
accesibles dende as Ofertas Comerciais que incorporen
este Servicio Adicional.
4.5. Servicio de Voz a través de Preselección
ou Marcación Directa: YA.COM poderá
poñer a disposición do CLIENTE no marco
das Ofertas Comerciais de ADSL ofrecidas en cada intre,
un Servicio de Voz na modalidade de acceso indirecto
a través de preselección ou marcación
directa, que será subministrado por YA.COM.
As Condicións Particulares aplicables a este
Servicio serán postas a disposición
do CLIENTE e deberán ser aceptadas por este
no intre da contratación do Servicio expresa
e adicionalmente ás presentes Condicións
Xerais.
Quinta.- Obrigas das Partes
5.1. Obrigas de YA.COM.
A partires da data en que se acredita o cumprimento
polo CLIENTE dos Requisitos Previos (en adiante, "Data
de Activación do Servicio"), YA.COM estará
obrigado a:
· Prestar o Servizo de Acceso YA.COM Tarifa
Plana ó CLIENTE nas condicións expostas
neste documento e na Oferta Comercial contratada polo
CLIENTE.
· Facilitarlle ó CLIENTE a posibilidade
de resolver o contrato sen custo algún para
o mesmo, se no prazo de 7 (sete) días dende
a recepción dos elementos necesarios para a
prestación do servicio, o CLIENTE manifestase
mediante calquera forma admitida no dereito, a súa
vontade de resolver o contrato, debendo o CLIENTE
neste caso devolver tódolos elementos recibidos.
· Poñer a disposición do CLIENTE
os Servicios Adicionais, no seu caso, contratados
polo CLIENTE xunto co Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana.
· Prestar o servicio de Soporte Técnico
en horario de 8.00 a 24.00 horas a través dunha
liña telefónica de Atención ó
CLIENTE cuxo número entregarase ó CLIENTE
xunto coa guía de instalación do Servicio.
· Dispoñer dun servicio de Atención
ó CLIENTE cuxo número é o 902
902 902, en horario de 8 a 24 horas, onde o CLIENTE
poderá solicitar toda a información
que requira sobre os servicios dispoñibles,
así como o procedemento a seguir para a presentación
de calquera reclamación ou queixa derivada
da prestación de servicios.
· Manter o Servizo de Acceso YA.COM Tarifa
Plana operativo para o seu emprego no horario
contratado polo CLIENTE, agás as interrupcións
temporais debidas a operacións de mantemento
do mesmo.
As devanditas interrupcións comunicaranse,
na medida do posible, coa antelación suficiente
ó CLIENTE mediante a Páxina de Acceso
ó Servicio ou vía correo electrónico.
A anterior obriga non será esixible a YA.COM
no caso de forza maior ou se se produce unha caída
da rede de datos que sirve de base para a prestación
do mesmo allea á súa vontade e control.
· Manter e garantir o segredo nas comunicacións,
salvo requirimento da autoridade xudicial ou administrativa
competente, en cuxo caso, resérvase o dereito
de facilitar a información requirida polas
mesmas sen preaviso ó CLIENTE.
5.2. Obrigas do CLIENTE
Con efectividade dende a Data de Activación
do Servicio, o CLIENTE virá obrigado a:
· Manter, no seu caso, o Contrato durante
o período de duración inicial obrigado
indicado nas condicións da Oferta Comercial
contratada polo CLIENTE.
· Abona-las cantidades debidas polo Servicio
de Acceso YA.COM ADSL, conforme estas queden definidas
na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.
· Devolver a YA.COM os Descontos Aplicados
no suposto de que resulte aplicable en virtude do
disposto na Cláusula Sétima das presentes
Condicións Xerais e, na oferta comercial con
arranxo á cal o CLIENTE contrate o Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana.
· Non empregar o Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana de forma en que poida contravir a
lei ou estas Condicións Xerais, en particular
prohíbese ó CLIENTE o emprego do Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana para a comisión
de ilícitos penais, o envío non solicitado
de comunicacións publicitarias ou comerciais
("spam"), a vulneración de lexislación
en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas
e/ou a infracción de calquera lexislación
que resulte aplicable ó emprego polo CLIENTE
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana.
· Non empregar o Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana para a súa revenda, cesión
ou explotación comercial a terceiros por parte
do CLIENTE sen consentimento expreso e escrito de
YA.COM.
· Gardar e custodiar as claves de acceso e
o identificador de CLIENTE facilitados. O CLIENTE
asume, polo tanto, cantos danos e/ou prexuízos
de todo tipo que se deriven do quebrantamento ou revelación
de ditos contrasinais. O CLIENTE poderá en
calquera intre cambiar o contrasinal.
· Custodiar e preservar, no seu caso, a conexión
sen arames, facéndose responsable das consecuencias
das posibles conexións que terceiros puideran
levar a cabo empregando o ancho de banda contratado
polo CLIENTE para o acceso a Internet ou accedendo
á información contida polo equipamento
informático do CLIENTE.
Sexta.- Duración e Terminación
A duración do contrato é indefinida.
Non obstante,poderá ter unha duración
inicial obrigada, que se indicará, no seu caso,
na Oferta Comercial subscrita polo CLIENTE (en adiante,
o "Período Inicial Obrigado"), a
contar a partires da Data de Activación do
Servicio. Neste caso, o contrato renovarase automaticamente
ó seu remate por períodos anuais, agás
notificación expresa en contra pola parte do
CLIENTE con ó menos QUINCE (15) días
de antelación á data de renovación.
Unha vez rematado o Período Inicial Obrigado,
no seu caso, o CLIENTE poderá en calquera intre,
sen necesidade de proceder á Devolución
de Descontos Aplicados indicados na Condición
Sétima, pedir a baixa voluntaria no Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana nas condicións
indicadas no parágrafo seguinte:
A baixa voluntaria no Servizo de Acceso Ya.com
Tarifa Plana por parte do CLIENTE poderá
ser notificada polo mesmo cunha antelación
de cando menos QUINCE (15) días á data
efectiva de baixa empregando calquera dos seguintes
procedementos: i) Notificación por escrito
a YA.COM, ó Apartado de Correos núm.
1058, 28108 Alcobendas (Madrid), axuntando copia do
seu Documento Nacional de Identidade ii) A través
do teléfono de Atención ó CLIENTE
902 902 886, facilitando os seus datos persoais (nome,
dirección, D.N.I., etc.), así como a
súa vontade inequívoca de darse de baixa
no Servizo, seguindo as instrucións que se
lle facilitarán iii) A través do espazo
habilitado a tal efecto na páxina Web Área
de CLIENTE, enchendo o formulario habilitado ó
efecto cos seus datos persoais, así como a
súa vontade inequívoca de darse de baixa
no Servizo, seguindo as instrucións que se
lle facilitarán
No suposto de baixa durante o Período Inicial
Obrigado, no seu caso, será de aplicación
a Devolución dos Descontos Aplicados, de acordo
co indicado na Condición Sétima.
A baixa, no Servicio de Acceso YA.COM ADSL e, no
seu caso, dos servicios adicionais farase efectiva
pasados quince días dende a solicitude do CLIENTE.
YA.COM devolverá as cantidades correspondentes
ó servicio ou servicios cobrados dende a data
efectiva da baixa ata o último día do
período de facturación.
Se se producise o incumprimento dalgunha das súas
obrigas por parte de YA.COM, o CLIENTE deberá
notificar a este dito incumprimento de forma inmediata
e fidedigna. Transcorridos QUINCE (15) días
dende a notificación sen que medie rectificación
por YA.COM do incumprimento, o CLIENTE poderá
optar por dar por rematado o contrato, sen necesidade
de devolver os Descontos Aplicados ós que se
refire a Condición Sétima. Ámbalas
dúas Partes acordan que este será o
único efecto no caso de resolución contractual
por esta causa.
YA.COM resérvase o dereito a interromper o
Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana ou resolver
de maneira inmediata a relación co CLIENTE,
se detecta un emprego do mesmo contrario ás
presentes Condicións Xerais, á lexislación
vixente ou no caso de falta de pago por parte do CLIENTE
dalgunha das cantidades debidas.
Sétima.- Condicións
Económicas
7.1 O CLIENTE pola prestación do Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana deberá aboar
a YA.COM:
· Unha cota de alta inicial no Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana que será
aboada polo CLIENTE conxuntamente coa primeira cota
fixa mensual, sen perxuizo do que a Oferta Comercial
contratada polo CLIENTE poida establecer en relación
a descontos no pago da cota de alta inicial.
· Unha cota fixa mensual, que será
aboada polo CLIENTE por meses anticipados. Esta cota
fixa mensual variará en función das
características da Oferta Comercial do Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana contratadas polo
CLIENTE.
· Gastos, no seu caso, por consumos
realizados ou volume descargado segundo a modalidade
elixida polo CLIENTE.
· Gastos de tramitación de baixa,
os cales especifícanse na Oferta Comercial,
que o CLIENTE deberá aboar no momento no que
solicite a baixa do Servicio.
Adicionalmente, a Oferta Comercial contratada polo
CLIENTE poderá incluír a adquisición
do Hardware de Conexión, Accesorio de Conexión
e/ou calquera outro equipamento informático
por parte do CLIENTE. O prezo de ditos dispositivos
poderá estar incluído na cota fixa mensual
que está obrigado a aboar o CLIENTE ou poderá
consistir nunha cantidade única que deberá
ser aboada dunha sola vez conxuntamente coa primeira
cota fixa mensual, salvo que como parte da Oferta
Comercial contratada polo CLIENTE se establezan descontos
de dito concepto, condicionado á permanencia
do CLIENTE durante un período inicial.
· Cota de abono: YA.COM non cobrará
importe algún en concepto de cota de abono.
· Tódolos pagos realizaranse por defecto
mediante domiciliación bancaria. Non obstante
lo anterior, O CLIENTE poderá solicitar, mediante
chamada telefónica ó servicio de Atención
ó CLIENTE dispoñible no número
902 024 084, aboar as súas facturas a través
de calquera outro medio de pago dos habilitados.
· As cantidades específicas que o CLIENTE
deberá abonar a YA.COM en concepto de cota
de alta inicial, cota fixa mensual, consumos realizados
se se aplicasen e no seu caso, Hardware de Conexión
e/ou Accesorio de Conexión e/ou equipamento
informático, serán as que se establezan
para cada Oferta Comercial nas táboas de tarifas
publicada por YA.COM en cada momento a través
da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas e serán
facturadas por YA.COM ó CLIENTE de forma telemática
de conformidade coa lexislación vixente.
7.2. No caso de falta de pago polo CLIENTE
dalgunha das cantidades anteriormente mencionadas,
YA.COM resérvase o dereito a suspender temporalmente
o Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana. Transcorridos
QUINCE (15) días dende a suspensión
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana sen
que o CLIENTE satisfixera as cantidades debidas, YA.COM
poderá suspender o Servicio definitivamente,
dando por rematado o contrato co CLIENTE por causa
imputable ó mesmo.
7.3. Devolución de Descontos Aplicados:
no caso de remate do Contrato por causa non imputable
a YA.COM, ben sexa polo incumprimento por parte do
CLIENTE das súas obrigas con arranxo ó
mesmo, ben sexa pola súa solicitude de baixa
voluntaria durante o Período Inicial Obrigado,
o CLIENTE verase na obriga de devolver a YA.COM, ademais
do pago dos gastos de tramitación de baixa
indicados en cada Oferta Comercial de conformidade
co establecido na presente Condición, os Descontos
Aplicados. A fórmula de calcular a cantidade
a devolver, de forma que o CLIENTE devolva unha cantidade
menor si permaneceu máis tempo co Contrato
en vigor, será aplicando a menor das cantidades
que se indican a continuación:
· A equivalente ó importe dos descontos
percibidos polo CLIENTE no marco da Oferta Comercial
e ligados á súa permanencia como CLIENTE
durante o Período Inicial Obrigado, que será
de un ano, salvo que se estableza outro na Oferta
Comercial. Terán a consideración de
descontos a estes efectos, a exención do pago
da cota de alta do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa
Plana, a posta a disposición do equipo
de conexión con carácter gratuíto
e calquera beneficio adicional que poida incluír
a Oferta Comercial contratada;
· Ou o importe das cotas restantes ata completar
o Período Inicial Obrigado.
Oitava.- Responsabilidades
8.1. Comunicacións. YA.COM adoptará
e instalará as medidas e os medios técnicos
que sexan esixibles pola lexislación vixente,
para garantir o segredo das comunicacións e
integridade do servicio no seu tránsito a través
da rede de YA.COM.
De acordo co artigo 14 da Lei 34/2002, de 11 de xullo,
de Servicios da Sociedade da Información e
de Comercio Electrónico, YA.COM non será
responsable da información transmitida polos
usuarios a través da súa rede cando
os datos foron subministrados polo destinatario do
servicio.
8.2. Calidade do Servicio. YA.COM comprométese
a cumprir cos niveis de calidade de cada un dos servicios
contratados polo CLIENTE, conforme ós parámetros
e métodos que a lexislación determine.
YA.COM indemnizará ó CLIENTE por interrupcións
temporais do servicio de máis de 24 horas ó
longo dun período de facturación, contadas
a partir da súa notificación polo CLIENTE
e producidas por causas imputables a YA.COM. O CLIENTE
percibirá o importe correspondente á
parte proporcional do período de interrupción
do servicio incrementado nun 10%, sen que esta cantidade
poida superar o importe correspondente a unha mensualidade.
O CLIENTE deberá solicitar a aplicación
da devandita indemnización no prazo de dúas
semanas unha vez rematado o período facturado.
YA.COM procederá á súa aplicación
nos seguintes períodos de facturación.
8.3. Interrupcións temporais do Servicio.</p>
8.3.1. Cando, durante un período
de facturación, o CLIENTE sufra interrupcións
temporais do servicio de acceso a Internet, o operador
deberá compensar ó abonado coa devolución
do importe da cota mensual correspondente ó
Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana, prorrateada
polo tempo que durase a interrupción. A estes
efectos, YA.COM terá a obriga de indemnizar
automaticamente ó CLIENTE, na factura correspondente
ó período inmediato ó considerado,
cando a interrupción do servicio supoña
o dereito a unha compensación por importe
superior a 1 euro.
8.3.2. Non será de aplicación
o disposto no apartado anterior cando a interrupción
temporal estea motivada por algunha das causas seguintes:
i. Incumprimento grave polo CLIENTE das condicións
contractuais.
ii. Danos producidos na rede debido á
conexión polo abonado de equipos terminais
que non teñan avaliado a conformidade,
de acordo coa normativa vixente.
8.3.3. A compensación prevista nesta
cláusula enténdese sen perxuizo da
responsabilidade por danos que se produzan ós
usuarios finais, que se esixirá conforme
ó previsto no artigo 102.3 do Regulamento
sobre as condicións para a prestación
de servicios de comunicacións electrónicas,
o servicio universal e a protección dos usuarios,
aprobado polo Real Decreto 424/2005, de 15 de abril.
8.4. Datos persoais. YA.COM adoptou tódalas
medibdas de seguridade legalmente esixidas para a
protección dos datos persoais subministrados
polo CLIENTE.
8.5. Utilidade. Os dispositivos de enlace
que YA.COM pon a disposición dos CLIENTEs teñen
por único obxecto facilitar ós mesmos
a busca da información dispoñible en
Internet. YA.COM non garante que o servicio sexa adecuado
para a realización de ningún servicio
más alá do que se contrata nin que permita
acceso a tódolos sitios de Internet. YA.COM
non ofrece nin comercializa os productos e servicios
dispoñibles nos sitios enlazados nin asume
responsabilidade algunha por tales productos ou servicios.
8.6. Emprego e Contidos. YA.COM, que actúa
exclusivamente como prestador dun servicio, non controla
o uso que do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana
realiza o CLIENTE.
En tal senso, YA.COM non se fai responsable do uso
e/ou dos contidos que, en contravención ás
leis ou as presentes Condicións Xerais, o CLIENTE
poida facer do mesmo, sendo o CLIENTE o único
responsable das consecuencias que o seu emprego ilícito
ou contrario a estas condicións puidera ter
así como da veracidade e/ou licitude dos contidos
despregados nos Servicios Adicionais.
No caso de que YA.COM descubrira, ben de forma directa
ou a través de notificacións ou requirimentos
de terceiros, a existencia de contidos que puideran
infrinxir a legalidade vixente ou as presentes Condicións
Xerais ou o emprego con fins fraudulentos, ilícitos
e/ou non autorizados do Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana incluídos os Servicios Adicionais,
YA.COM resérvase o dereito de suspender por
si mesma total ou parcialmente o Servizo de Acceso
YA.COM Tarifa Plana, incluídos os Servicios
Adicionais, sen necesidade de autorización
previa do CLIENTE, mediante a eliminación dos
contidos infractores ou calquera outra medida que
considere necesaria para evitar a continuidade na
comisión do ilícito ou da infracción
detectada.
En ningún caso poderá o CLIENTE facer
uso dunha taxa de transferencia (consumo de ancho
de banda), tanto ascendente como descendente, superior
ó autorizado na Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE. Neste senso YA.COM non permitirá
ó CLIENTE facer uso, tanto da conexión
ADSL como de calquera dos seus Servicios Adicionais,
para a transmisión e/ou difusión de
elementos que, polas súas características
tales como tamaño, formato, etc. dificulten
o funcionamento dos Servicios Adicionais.
8.7. Sen prexuízo do anterior, YA.COM
resérvase a facultade de poñer en coñecemento
das autoridades administrativas ou xudiciais aqueles
feitos que puideran ser constitutivos dunha actividade
ilícita, sen necesidade de comunicalo previamente
ó CLIENTE.
8.8. Virus informáticos. YA.COM non
controla nin garante a ausencia de virus informáticos
nos servicios prestados por terceiros a través
da súa rede de portais que poidan producir
alteracións no sistema informático (software
e hardware) do CLIENTE ou nos documentos e ficheiros
electrónicos almacenados no seu sistema informático.
Novena.- Propiedade Intelectual
e Industrial
O CLIENTE recoñece que tódalas imaxes,
deseños, debuxos, contidos, logos, marcas e
calquera outro producto susceptible de estar protexido
en virtude da lexislación aplicable en materia
de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas a que
tivera acceso pola subscrición do Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana son propiedade de
YA.COM ou de terceiros titulares dos mesmos. O CLIENTE
comprométese a facer uso do Servizo de Acceso
YA.COM Tarifa Plana respectando tales dereitos.
A contratación do Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana polo CLIENTE non implica en ningún
caso cesión ó mesmo de dereitos por
YA.COM en materia de Propiedade Intelectual, Patentes
e Marcas. YA.COM prohibe o emprego do Servicio de
calquera forma que de maneira directa ou indirecta
supoña a contravención da lexislación
aplicable en materia de Propiedade Intelectual, Patentes
e Marcas, sendo tal actuación así como
as súas consecuencias exclusiva responsabilidade
do CLIENTE, que manterá, en todo caso, indemne
a YA.COM.
Décima.- Modificación
das Condicións Xerais de Contratación
do Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana.
YA.COM poderá modificar as presentes Condicións
Xerais ou introducir novas condicións de uso,
de conformidade coa lexislación vixente, previa
comunicación na Páxina de Acceso ó
Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana e a notificación
ós usuarios finais afectados cun preaviso de
TRINTA (30) días. As devanditas modificacións
só serán de aplicación a partires
da súa entrada en vigor.
O CLIENTE poderá resolver anticipadamente
o contrato sen a obriga de aboar cantidade algunha
no caso de que non acepte as novas Condicións
Xerais ou as modificacións nas mesmas.
Undécima.- Modificacións
Tecnolóxicas
YA.COM terá dereito a introducir cantos cambios
nos sistemas e instalacións do CLIENTE e/ou
nas súas propias redes veñan esixidos
pola lexislación e/ou para manter e/ou mellorar
a calidade técnica do servicio (sempre e cando
estes cambios non impliquen modificacións nos
aspectos esenciais do Servicio contratado), debendo
nestes casos realizar unha comunicación previa
ó CLIENTE.
Duodécima.- Protección
de Datos de Carácter Persoal.
Como consecuencia da contratación do Servizo
de Acceso YA.COM Tarifa Plana, o CLIENTE é
consciente e acepta que os datos persoais por el facilitados
a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro
de datos de carácter persoal responsabilidade
de YA.COM, cuxa finalidade será a administración
do servicio contratado e a xestión das incidencias
relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así
mesmo ó CLIENTE, que por necesidades técnicas
da prestación do servicio, ó acceder
ó servidor de YA.COM, asignaráselle
un número IP (na modalidade contratada polo
CLIENTE) que rexistrará os accesos realizados
a dito servidor. Este número IP será
igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta
poida cumprir coas finalidades descritas así
como, no seu caso, cos requirimentos das autoridades
que, no exercicio das funcións que teñen
atribuídas, soliciten información relativa
ó CLIENTE.
A entrega de tódolos datos requiridos para
a contratación do Servizo de Acceso YA.COM
Tarifa Plana é obrigada, posto que a recollida
de todos eles faise necesario para cumprir coas finalidades
indicadas no parágrafo anterior. Desta forma,
YA.COM poderá denegar a contratación
do Servicio ó interesado que non facilite tales
datos.
Así mesmo, o CLIENTE outorga o seu consentimento
para que os datos por el facilitados a YA.COM no marco
do Servicio contratado, sexan igualmente empregados
por esta para as seguintes finalidades:
- Xestión do Programa de Fidelización
(que poderá incluír, entrega de regalos,
xestión de promocións especiais para
CLIENTEs, información sobre novidades de
YA.COM, etc., que poderán ser remitidas por
correo postal, e-mail, SMS e/ou MMS).
- Envío por YA.COM de comunicacións
comerciais de productos e/ou servicios de YA.COM
(servicios de telecomunicacións, servicios
da sociedade da información e comercio electrónico
sobre productos relacionados coa fotografía),
xa sexa por correo postal, e-mail, SMS e/ou MMS.
O CLIENTE poderá revocar o seu consentimento
para o emprego dos seus datos con calquera das finalidades
mencionadas nos dous parágrafos anteriores,
así como exercitar os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e/ou oposición,
dirixindo unha carta asinada polo mesmo ó domicilio
de YA.COM, a Avenida de Bruselas 20, Edificio Gorbea
4, 28108 Alcobendas (Madrid), ó Departamento
de Asesoría Xurídica coa referencia
"Protección de Datos", achegando
copia lexible do seu DNI e indicando o enderezo ó
que YA.COM poida remitirlle a confirmación
de ter cumprido coa súa solicitude, ou no seu
caso, os motivos que lle impiden levala a cabo plenamente.
Décimo terceira.- Notificacións
Tódalas notificacións, incluídos
os escritos de comunicación de baixa do CLIENTE
no Servizo de Acceso YA.COM Tarifa Plana, deberán
ser enviados a YA.COM ó Apartado de Correos
núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid).
Decimocuarta.- Reclamacións
YA.COM dispón dun Centro de Atención
ó CLIENTE, que ten por obxecto atender e resolver
as queixas e reclamacións e calquera incidencia
contractual que formule o CLIENTE e ó que este
poderá dirixirse.
Este servicio de Atención ó CLIENTE,
de carácter gratuíto, aportará
ó CLIENTE por calquera reclamación,
queixa ou petición efectuada, un número
de referencia da incidencia formulada por este.
Así mesmo, infórmase ó CLIENTE
do seu dereito a solicitar ó Centro de Atención
ó CLIENTE un documento que acredite a presentación
e contido da queixa ou reclamación mediante
calquera soporte que permita facelo.
As reclamacións poderán interporse
a través do número de teléfono
902 902 902 (ou o número que no seu caso o
substitúa), ou por correo postal ó Apartado
de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid)
ou por correo electrónico á dirección:
acceso@ya.com.
O CLIENTE deberá formular as súas queixas
ou reclamacións no prazo dun mes dende o momento
en que se teña coñecemento do feito
que as motive. Formulada a reclamación, se
o CLIENTE non obtivera resposta satisfactoria de YA.COM
no prazo de un mes, poderá acudir ás
vías indicadas nos apartados seguintes.
O CLIENTE poderá dirixir a súa reclamación
ás Xuntas Arbitrais de Consumo, nos termos
establecidos na súa normativa reguladora.
Para o suposto de que o CLIENTE ou YA.COM non se
sometan ás Xuntas Arbitrais, este poderá
dirixirse, no prazo de tres meses dende a resposta
do operador ou o remate do prazo para responder, á
Secretaría de Estado de Telecomunicacións
e para a Sociedade da Información.
Así mesmo o CLIENTE poderá dirixirse
ós tribunais competentes da xurisdicción
ordinaria que correspondan.
Decimoquinta.- Linguas do contrato
As presentes Condicións Xerais están
dispoñibles en español, catalán,
euskera, galego e inglés.
En caso de discrepancia, prevalecerá sempre
a versión en español.
CONDICIÓNS PARTICULARES
DE CONTRATACIÓN
DO Servicio YA.COM Voz A TRAVÉS DE "PRESELECCIÓN
OU MARCACIÓN DIRECTA"
Primeira.- Obxecto e ámbito de aplicación
Estas Condicións Particulares teñen
por obxecto establecer o marco no que YA.COM prestará
ó CLIENTE, e este empregará, o Servicio
Ya.com Voz na modalidade de acceso indirecto a
través da preselección ou marcación
directa, que será subministrado por YA.COM
en colaboración cun operador de rede telefónica
fixa de cobertura nacional (en adiante, o "Operador
de Rede Telefónica").
O Servicio Ya.com Voz, na modalidade de acceso
indirecto a través da preselección ou
marcación directa, configúrase como
un servicio complementario dos Servicios de Acceso
Ya.com, nas modalidades que o permiten, polo que só
poderá ser contratado de forma conxunta con
algún dos Servicios de Acceso Ya.com e exclusivamente
no marco dos distintos paquetes ou ofertas comerciais
(en adiante, as "Ofertas Comerciais") que
YA.COM poñerá a disposición do
mesmo en cada momento a través da URL http://acesso.ya.com
(en adiante, a "Páxina de Acceso").
Estas Condicións Particulares, polo tanto,
complementan e aplicaranse de forma conxunta coas
Condicións Xerais de Contratación dos
diferentes Servicios de Acceso Ya.com.
O Servicio Ya.com Voz consiste na provisión
dun servicio de telefonía fixa con cobertura
nacional que se ofrece na modalidade de tarifa plana,
é dicir, por unha cota fixa mensual, que cubrirá
tódalas chamadas indicadas na Oferta Comercial
a números xeográficos fixos, independentemente
de quen sexa o operador telefónico que reciba
a chamada. Adicionalmente, o CLIENTE poderá,
no marco do Servicio Ya.com Voz, realizar outra
serie de chamadas non incluídas na tarifa plana,
se ben estas chamadas cobraranse a razón de
pago por consumo. O Servicio Ya.com Voz non
inclúe a realización de chamadas a números
de rede intelixente que serán realizadas polo
operador de acceso a través do cal teña
contratado o servicio fixo telefónico o CLIENTE.
O Servicio Ya.com Voz préstase ó
CLIENTE en calidade de cliente final para o seu uso
exclusivo no domicilio residencial ou social de instalación
indicado no proceso de contratación, non podendo
este actuar de revendedor nin distribuidor de ningún
tipo fronte a terceiros nin empregar o Servicio
Ya.com Voz fóra do domicilio residencial
ou social de contratación.
Entenderase por CLIENTE toda persoa física
ou xurídica que emprega ou solicita o Servicio
Ya.com Voz e que non explota redes públicas
de comunicacións nin presta servicios de comunicacións
electrónicas dispoñibles para o público
nin tampouco os revende.
YA.COM non será responsable da falla de información
ou da falsidade na mesma á hora de realizar
a contratación.
CLIENTE RESIDECIAL: Ser persoa física, tanto
o CLIENTE como o titular da liña telefónica
para a que se solicita o Servicio.
CLIENTE EMPRESARIAL: Será necesario un representante
legal co poder suficiente para actuar no nome e representación
da persoa xurídica que contrate o servicio.
Segunda.- Requisitos Previos
O cumprimento por parte do CLIENTE e/ou do titular
da liña para a que se solicita o Servicio,
segundo o indicado a continuación, dos requisitos
que se detallan, considerarase indispensable e necesario
para a prestación do Servicio Ya.com Voz,
cuxa non concorrencia impide a perfección do
contrato do Servicio Ya.com Voz, considerándose
este por non celebrado a ningún efecto, sen
prexuízo do disposto nas Condicións
Xerais da Contratación dos Servicios de Acceso
Ya.com do que este servicio se configura como Servicio
Adicional ó respecto da continuación
da prestación do servicio de acceso a Internet
como servicio principal:
(i) Ser cliente en todo momento dalgún dos
Servicios de Acceso Ya.com contratado baixo unha
Oferta Comercial ofrecida por YA.COM.
(ii) Cumprimentar de forma satisfactoria a solicitude
de preselección de operador ou marcación
directa, segundo á normativa de aplicación
ó efecto e ó disposto nas Condicións
Específicas da Prestación do Servicio
de Preselección ou Marcación Directa
que se establecen na Condición Décima
seguinte, o que implica, entre outros requisitos,
a realización dun procedemento de verificación
telefónica por un terceiro.
O prazo de conexión inicial do servicio será
dun máximo de 30 (trinta) días, dende
que o Servicio de Acceso co que se contrata o Servicio
YA.COM Voz se encontre activo.
Terceira.- Horario do Servicio
Ya.com Voz.
O Servicio Ya.com Voz ofrecido por YA.COM
en cada momento a través das distintas Ofertas
Comerciais prestarase ó CLIENTE na modalidade
de tarifa plana 24 horas para as chamadas a terminais
telefónicos fixos indicados na Oferta Comercial,
excluíndo expresamente as chamadas a números
de rede intelixente. A realización de chamadas
distintas ás incluídas na tarifa plana
facturaranse de forma separada e adicional en función
do consumo realizado polo CLIENTE.
Cuarta.- Condicións de Emprego
do Servicio
4.1. Solicitude de desconexión: Os
CLIENTES poderán dirixirse a YA.COM, en calquera
momento durante a vixencia do contrato para solicitar
a desconexión do Servicio Ya.com Voz
para chamadas internacionais ou de servicios de tarificación
adicional. Os CLIENTES que estean interesados en solicitar
a desconexión destes servicios deberán
dirixirse a YA.COM, chamando á liña
telefónica de Atención ó Cliente,
cuxo número é 902902902 ou por escrito
ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108
Alcobendas (Madrid).
YA.COM procederá a dita desconexión
no prazo de DEZ (10) días como máximo
dende a recepción da comunicación do
CLIENTE. No caso de que dita desconexión non
se levara a cabo tras eses DEZ (10) días, por
causas non imputables ó CLIENTE, serán
de cargo de YA.COM os custos derivados do servicio
cuxa desconexión se solicita.
4.2. Interrupcións temporais do Servicio:
No suposto de que se produzan interrupcións
temporais do Servicio Ya.com Voz imputables
a YA.COM, esta devolverá ó CLIENTE,
de acordo co previsto na normativa vixente, a cantidade
proporcional ó tempo que permanecera sen Servicio,
tomando como referencia a facturación media
mensual da liña avariada dos TRES (3) meses
anteriores ó período no que se produciu
a avaría dividido entre o tempo que durou a
interrupción.
No caso dunha antigüidade inferior a tres meses,
considerarase o importe da factura media nas mensualidades
completas efectuadas ou a que se tivese obtido nunha
mensualidade estimada de forma proporcional ó
período de consumo efectivo realizado.
Enténdese por interrupción do Servicio
aquela avaría na que o CLIENTE non poida facer
ningunha chamada a través do Servicio Ya.com
Voz. Para o cálculo da duración
da interrupción do Servicio tomarase como INICIO
a data e hora na que o Centro de Atención ó
Cliente de YA.COM reciba a notificación por
parte do CLIENTE e, como FINALIZACIÓN, a data
e hora na que o Servicio quede restablecido.
YA.COM estará obrigado a indemnizar automaticamente
ó CLIENTE, na factura correspondente ó
período inmediato ó considerado cando
a interrupción do servicio supoña o
dereito a unha indemnización por importe superior
a 1 euro.
En interrupcións por causas de forza maior,
YA.COM limitarase a compensar automaticamente ó
CLIENTE coa devolución do importe da cota fixa
mensual e outras independentes do tráfico,
dividido entre o tempo que durou a interrupción.
Non será de aplicación o anterior cando
a interrupción temporal estea motivada por
algunha das causas seguintes:
i) Incumprimento grave polos aboados das condicións
contractuais, en especial no caso de fraude ou mora
no pago.
ii) Polos danos producidos na rede debido á
conexión polo aboado de equipos terminais
que non teñan avaliado a conformidade, de
acordo coa normativa vixente.
4.3. Reclamacións: As reclamacións
sobre o funcionamento, prezo, facturación,
calidade e calquera outra cuestión que puidera
formularse coa prestación do Servicio Ya.comYA.COM
Voz, deberán dirixirse a YA.COMYA.COM no prazo
de UN (1) mes dende o momento en que se teña
coñecemento do feito que as motive, chamando
á liña telefónica de Atención
ó ClienteCLIENTE cuxo número é
o 902902902, ou por escrito ó Apartado de Correos
núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid) u por
correo electrónico á dirección:
acceso@ya.com. Se o CLIENTECLIENTE non obtivera resposta
algunha por parte de YA.COMYA.COM no prazo de UN (1)
mes poderá dirixir a súa reclamación
ós organismos que procedan.
O servicio de Atención ó Cliente, de
carácter gratuíto, aportará ó
CLIENTE por calquera reclamación, queixa ou
petición efectuada, un número de referencia
da incidencia formulada polo CLIENTE.
YA.COM informa ó CLIENTE que ten dereito a
solicitar ó servicio de Atención ó
Cliente un documento que acredite a presentación
e contido da queixa ou reclamación mediante
calquera soporte que permita facelo..
4.4. O CLIENTE non poderá empreñar
o Servicio Ya.com Voz para a súa revenda,
cesión ou explotación comercial a terceiros
pola parte do Cliente sen consentimento expreso e
escrito de YA.COM.
Quinta.- Condicións Económicas
e Facturación
O CLIENTE pola prestación do Servicio YA.COM
Voz deberá aboar as cantidades que se expoñen
a continuación e cuxos prezos estarán
dispoñibles na Páxina de Acceso, atopándose
actualizados en cada intre, no momento de realizar
a contratación dos servicios.
(i) A cota fixa mensual, indicada na Cláusula
Sétima (Condicións Económicas)
das Condicións Xerais de Contratación
dos diferentes tipos de Servicios de Acceso YA.COM,
cuxo importe variará en función das
características da Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE e que inclúe tanto a prestación
do Servicio de Acceso YA.COM como a prestación
do Servicio YA.COM Voz na modalidade de tarifa plana
24 horas para as chamadas indicadas na Oferta Comercial
contratada polo CLIENTE. A Cota Fixa Mensual será
facturada por YA.COM e aboada polo CLIENTE de conformidade
co establecido nas Cláusulas Sétimas
(Condicións Económicas das Condicións
Xerais de Contratación dos diferentes Servicios
de Acceso YA.COM.
(ii) Unha cota variable polo consumo das chamadas
non incluídas na tarifa plana do Servicio YA.COM
Voz. Os prezos por establecemento de chamada así
como os prezos por minuto e/ou segundo de consumo
en función do horario de realización
das chamadas serán as que se establezan para
cada Oferta Comercial nas táboas de tarifas
publicada por YA.COM en cada intre a través
da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas/vozbich.htm.
A Cota Variable será facturada por YA.COM por
meses vencidos coincidindo co período de facturación
da Cota Fixa Mensual e será aboada polo CLIENTE
mediante domiciliación bancaria.
(iii) Cota de abono: Ya.com non cobrará importe
algún en concepto de cota de abono.
As cotas a pagar polo CLIENTE poderán sufrir
incrementos para sucesivos períodos anuais
en función da variación do IPC
Non obstante o indicado no parágrafo (ii),
cando o nivel de consumo das chamadas non incluídas
na tarifa plana do Servicio YA.COM Voz exceda, durante
o mes obxecto de facturación, dun determinado
importe que será previamente comunicado por
YA.COM ó CLIENTE coa debida antelación,
YA.COM resérvase o dereito a expedir unha factura
adicional por dito consumo. Esta factura será
aboada polo CLIENTE mediante domiciliación
bancaria, salvo que o CLIENTE solicite, a través
do teléfono do servicio de Atención
ó CLIENTE (902 024 084), pagar a través
de calquera outro medio de pago dos habilitados.
O CLIENTE recibirá, no enderezo que designe
á hora de realizar a contratación dos
servicios, unha factura co detalle de cada un dos
conceptos a pagar.
Tódolos pagos realizaranse por defecto mediante
domiciliación bancaria. Non obstante o anterior,
o Cliente poderá solicitar, mediante chamada
telefónica ó Servicio de Atención
ó Cliente dispoñible no número
902 024 084, abonar as súas facturas a través
de calquera outro medio de pago dos habilitados.
Sexta.- Depósito de Garantía
6.1. YA.COM, de conformidade coa lexislación
vixente, poderá solicitar ó CLIENTE
a constitución dun depósito de garantía,
tanto no momento da contratación, como en calquera
momento da vixencia do contrato nos supostos nos que
(i) o CLIENTE deixara sen pagar unha ou varias facturas
relativas a outro ou outros contratos anteriores ou
vixentes con YA.COM ou con calquera outro operador
de acceso (ii)se o CLIENTE incorrese de xeito reiterado
en atraso no pago das facturas que está obrigado
aboar pola prestación do Servicio Ya.com
Voz.
6.2. A constitución do depósito
de garantía, no seu caso, deberá realizarse
en efectivo ou mediante aval bancario e o seu importe
será facilitado por YA.COM ó CLIENTE
no momento de requirimento do depósito de conformidade
coa lexislación vixente.
6.3. Se o CLIENTE non constitúe o depósito
de garantía que corresponda no prazo dos QUINCE
(15) días seguintes ó requirimento feito
por parte de YA.COM, esta poderá suspende-lo
Servicio Ya.com Voz.se transcorrido un novo
prazo de DEZ (10) días dende un segundo requirimento,
o CLIENTE non constituíse o depósito,
YA.COM poderá dalo de baixa no Servicio
Ya.com Voz.
6.4.YA.COM procederá á devolución
do depósito no prazo de QUINCE (15) días
a contar dende aquel no que se cumpran as circunstancias
establecidas a continuación: no caso (i): a
partires do momento no que quede acreditado que no
prazo de UN (1) ano non existiu ningún atraso
no pago e no caso (ii): a partires do momento en que
YA.COM teña constancia do pago íntegro
das cantidades a deber polo CLIENTE.
6.5.Si o aboado se dera de baixa no Servicio
Ya.com Voz, YA.COM poderá executar a garantía
polo total da débeda contraída, quedando
o remanente a disposición do CLIENTE.se o CLIENTE
fixera pago de tódalas facturas, YA.COM devolveralle
o depósito integramente.
Sétima.- Suspensión
e Interrupción do Servicio Ya.com Voz
7.1. Aviso de suspensión ou interrupción
do servicio. Para que a suspensión ou a
interrupción do servicio poida levarse a cabo,
deberanse de cumprir os seguintes requisitos:
(i) O operador requirirá o pago e notificará
a suspensión mediante unha comunicación,
que se practicará como mínimo con
quince días de antelación á
data na que vaia ter lugar a suspensión do
servicio.
(ii) A comunicación indicará a data
en que, de non efectuarse o pago, terá lugar
a suspensión.
(iii) A suspensión do servicio non poderá
realizarse en día non laboral.
7.2. Suspensión temporal: No caso de
atraso no pago total ou parcial por parte do CLIENTE
das cantidades que está obrigado a aboar pola
prestación do Servicio Ya.com Voz durante
un período de tempo superior a UN (1) mes dende
a presentación ó CLIENTE do documento
de cargo correspondente á facturación,
YA.COM de conformidade coa lexislación vixente,
quedará facultado para suspende-lo Servicio
Ya.com Voz previa notificación ó
CLIENTE con polo menos QUINCE (15) días laborais
de antelación.
Na suspensión temporal do servicio telefónico
por falta pago, este será mantido para tódalas
chamadas entrantes, agás as de cobro revertido,
e as chamadas saíntes de urxencias.
7.3. Interrupción: No caso de atraso
no pago por parte do CLIENTE das cantidades que está
obrigado aboar pola prestación do Servicio
Ya.com Voz durante un período de tempo
superior a TRES (3) meses ou no caso de suspensión
temporal en DUAS (2) ocasións por atraso no
pago do Servicio Ya.com Voz, YA.COM de conformidade
coa lexislación vixente e baixo un preaviso
ó CLIENTE, quedará facultado para interromper
de forma definitiva o Servicio Ya.com Voz e
a resolver o contrato por causa imputable ó
CLIENTE.
7.4. Non procederá a suspensión
temporal nin a interrupción definitiva do Servicio
Ya.com Voz nos casos nos que o CLIENTE tivese
interposto reclamación ante os organismos competentes,
tivese consignado fidedignamente os importes debidos
e entregado o correspondente resgardo de ditas consignacións
a YA.COM. En calquera caso, YA.COM resérvase
a facultade de poder condicionar a prestación
do Servicio Ya.com Voz ó cumprimento
por parte do CLIENTE das condicións establecidas
na Condición Sexta anterior.
Oitava.- Terminación
A baixa voluntaria no Servicio YA.COM Voz
por parte do CLIENTE poderá ser notificada
polo mesmo cunha antelación de cando menos
QUINCE (15) días á data efectiva de
baixa empregando calquera dos seguintes procedementos:
i) Notificación por escrito a YA.COM, ó
Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas
(Madrid), axuntando copia do seu Documento Nacional
de Identidade.
ii) A través do teléfono de Atención
ó CLIENTE 902 902 886, facilitando os seus
datos persoais (nome, dirección, D.N.I., etc.),
así como a súa vontade inequívoca
de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións
que se lle facilitarán.
iii) A través do espazo habilitado a tal
efecto na páxina Web Área de CLIENTE,
enchendo o formulario habilitado ó efecto cos
seus datos persoais, así como a súa
vontade inequívoca de darse de baixa no Servizo,
seguindo as instrucións que se lle facilitarán.
No caso de que non chegue a levarse a cabo a contratación
do Servicio Ya.com Voz ou no caso de baixa
voluntaria por parte do CLIENTE por calquera causa
(salvo que o CLIENTE solicitase tamén expresamente
a baixa nos Servicios de Acceso Ya.com nos termos
indicados nas Condicións Sextas (Duración
e Terminación) das Condicións Xerais
de Contratación dos diferentes Servicios de
Acceso Ya.com) manterase a prestación do Servicio
de Acceso Ya.com contratado.
O Servicio de Acceso Ya.com contratado será
prestado ó CLIENTE baixo as condicións
da Oferta Comercial que subscribira e baixo o prezo
que de conformidade coas características de
esta (velocidade, horario, servicios adicionais etc.)
estivera publicado por YA.COM nese momento para a
Oferta Comercial dos diferentes Servicios de Acceso
Ya.com que a xuízo de YA.COM fose máis
similar á do CLIENTE.
A baixa, por calquera causa, nos Servicios de Acceso
Ya.com nos termos indicados na Cláusula Sexta
(Duración e Terminación das Condicións
Xerais de Contratación dos diferentes Servicio
de Acceso Ya.com suporá así mesmo, de
forma automática, a baixa no Servicio Ya.com
Voz.
Novena.- Réxime Xurídico
As presentes Condicións Particulares incorpóranse
ás Condicións Xerais dos diferentes
Servicios de Acceso Ya.com, sendo por tanto ditas
Condicións Xerais aplicables en tódolos
seus termos salvo en aqueles nos que se contradiga
co establecido no presente documento, en cuxo caso
prevalecerá o aquí pactado.
Décima.- Condicións
Específicas da Solicitude de Preselección
ou Marcación Directa
10.1. Preselección de operador ou marcación
directa: A preselección de operador ou
marcación directa permitirá ó
CLIENTE a realización das chamadas incluídas
no Servicio Ya.com Voz sen necesidade de marcar
código de selección de operador antes
do número telefónico ó que se
dirixen ditas chamadas. Para a execución da
preselección ou marcación directa é
necesario que o CLIENTE teña outorgado o seu
consentimento verbal de conformidade co establecido
na Circular 1/2004 da Comisión do Mercado das
Telecomunicacións pola que se introduce o consentimento
verbal con verificación por terceiro nas tramitacións
de preselección de operador. A modalidade de
preselección ou marcación directa que
ofrece YA.COM e á que o CLIENTE deberá
dar o seu consentimento é á preselección
global.
Unha vez outorgado o oportuno consentimento serán
obxecto da preselección global todas aquelas
chamadas locais, provinciais, inter-provinciais, de
fixo a móbil e internacionais que o CLIENTE
curse sen antepoñer ningún código.
A preselección ou marcación directa
a favor de YA.COM non impedirá ó CLIENTE
a posibilidade de efectuar a selección doutro
operador a través da modalidade chamada a chamada
(mediante a previa marcación do código
correspondente).
10.2. Solicitude: YA.COM non procederá
a cursar a solicitude de preselección ou marcación
directa ante o Operador de Acceso á Rede Telefónica
ata que teña obtido o consentimento verbal
do CLIENTE de conformidade cos termos e condicións
establecidos na mencionada Circular 1/2004. No caso
de que o titular da liña telefónica
sexa distinto do CLIENTE, será aquel o que
deberá prestar o seu consentimento para a preselección
ou marcación directa solicitada polo CLIENTE
por calquera dos medios establecidos a tal efecto.
Unha vez obtido o consentimento do CLIENTE, YA.COM
procederá a tramitar co Operador de Rede Telefónica
a solicitude de preselección ou marcación
directa. Unha vez executada por parte do Operador
de Rede Telefónica a preselección ou
marcación directa, YA.COM notificará
ó CLIENTE a data a partires da cal se fará
efectiva dita preselección ou marcación
directa.
No caso de que YA.COM non obteña por parte
do CLIENTE ou, no seu caso, do titular da liña,
o consentimento verbal necesario para a preselección
ou marcación directa nos termos establecidos
na lexislación vixente, YA.COM non procederá
a cursar a solicitude de preselección ou marcación
directa do CLIENTE e requirirá a este para
que outorgue o oportuno consentimento verbal ou rectifique,
no seu caso, os defectos existentes.
10.3. Responsabilidade: YA.COM, como operador
beneficiario da preselección, non será
responsable dos posibles atrasos na activación
da preselección ou marcación directa
imputables a actuacións do Operador de Rede
Telefónica ou da existencia de erros na solicitude
verbal da preselección ou marcación
directa imputables ó CLIENTE.
10.4. Causas de adiamento ou denegación
da solicitude de preselección ou marcación
directa: A solicitude de preselección ou
marcación directa do CLIENTE poderá
ser adiada ou, no seu caso, denegada polo Operador
de Rede Telefónica cando se produza algunha
das causas de denegación e aprazamento establecidas
na lexislación vixente en cada intre.se se
producise algunha destas circunstancias YA.COM comunicarallo
ó CLIENTE, para que no seu caso, solucione
as deficiencias existentes.
10.5. Prazo de conexión inicial: O
prazo de conexión inicial do servicio será
dun máximo de 30 (trinta) días.
Undécima.- Protección
de Datos de Carácter Persoal.
Como consecuencia da contratación do Servicio
de Acceso Ya.com ADSL, o Cliente é consciente
e acepta que os datos persoais por el facilitados
a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro
de datos de carácter persoal responsabilidade
de YA.COM, cuxa finalidade será a administración
do servicio contratado e a xestión das incidencias
relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así
mesmo ó Cliente, que por necesidades técnicas
da prestación do servicio, ó acceder
ó servidor de YA.COM, asignaráselle
un número IP (na modalidade contratada polo
Cliente) que rexistrará os accesos realizados
a dito servidor. Dito número IP será
igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta
poida cumprir coas finalidades descritas así
como, no seu caso, cos requirimentos provintes das
autoridades que, no exercicio das funcións
que teñen atribuídas, soliciten información
relativa ó Cliente.
A entrega de tódolos datos requiridos para
a contratación do Servicio de Acceso Ya.com
ADSL é obrigada, posto que a obtención
de todos eles é necesario para cumprir coas
finalidades indicadas no parágrafo anterior.
Desta forma, YA.COM poderá denegar a contratación
do Servicio ó interesado que non facilite tales
datos.
O CLIENTE poderá exercitar os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación
e/ou oposición, dirixindo unha carta asinada
polo mesmo ó domicilio social de YA.COM, C/
Albasanz 16, 4ª planta, 28037 Madrid, coa referencia
"Protección de Datos", achegando
copia lexible do seu DNI e indicando a dirección
á que YA.COM poida remitirlle a confirmación
de ter cumprido coa súa solicitude, ou no seu
caso, os motivos que lle impiden levala a cabo plenamente.
Duodécima.- Modificación
das Condicións Particulares da Contratación
do Servicio Ya.com Voz a través da "preselección
ou marcación directa".
YA.COM poderá, en calquera momento, modificar
as presentes Condicións Particulares ou introducir
novas condicións de uso, bastando para elo
a comunicación na Páxina de Acceso ó
Servicio Ya.com Voz e a notificación
ós usuarios finais afectados cun preaviso de
TRINTA (30) días. Esas modificacións
só serán de aplicación a partires
da súa entrada en vigor.
O CLIENTE poderá resolver anticipadamente
o contrato sen a obriga de aboar cantidade algunha
no caso de que non acepte as novas Condicións
Particulares ou as modificacións nas mesmas.
Décimo terceira.- Linguas
do contrato
As presentes Condicións Xerais están
dispoñibles en español, catalán,
euskera, galego e inglés.
En caso de discrepancia, prevalecerá sempre
a versión en español.
VERSIÓN IMPRIMIBLE
|