|

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN DO SERVICIO DE ACCESO
YA.COM ADSL
FFrance Telecom España Internet Service Provider, S.A.U.
(antes T-Online Telecommunications Spain, S.A.U., en adiante YA.COM),
con domicilio social en Avda. Bruselas núm.20, 28108 Alcobendas
(Madrid) y CIF A-82383415, pon a disposición do CLIENTE un servicio
de acceso a Internet a alta velocidade denominado Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, nos termos que se establecen nestas Condicións Xerais.
Calquera das seguintes accións polo CLIENTE implicará a
súa aceptación expresa das presentes Condicións Xerais:
a activación do botón ·Aceptar· no proceso
de contratación electrónica e/ou o pago de calquera dos
cargos polo Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
O CLIENTE poderá contratar calquera das modalidades do Servicio
de Acceso YA.COM ADSL única e exclusivamente no marco dos
distintos paquetes ou ofertas comerciais (en adiante, as ·Ofertas
Comerciais·) que YA.COM poñerá a disposición
do mesmo en cada momento a través da URL http://acceso.YA.COM (en
adiante, la ·Páxina de Acceso·).
Entenderase por CLIENTE toda persoa física ou xurídica
que emprega ou solicita o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, que non
explota redes públicas de comunicacións nin presta servicios
de comunicacións electrónicas dispoñibles para o
público nin tampouco os revende e que desexe e teña capacidade
xurídica suficiente para contratar os servicios de YA.COM.
YA.COM non será responsable da falsidade na información
aportada polo CLIENTE á hora de realizar a contratación.
Primeira.- Obxecto
As presentes Condicións Xerais teñen por obxecto establecer
o marco no que YA.COM prestará ó CLIENTE, e este empregará,
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL. O Servicio de Acceso YA.COM
ADSL prestarase exclusivamente en territorio español e para
a súa prestación será condición indispensable
o cumprimento por parte do CLIENTE dos Requisitos Previos que se recollen
na Condición Segunda.
O Servicio de Acceso YA.COM ADSL préstase ó CLIENTE,
segundo a modalidade escollida polo mesmo, en calidade de CLIENTE final,
para o seu uso exclusivo no domicilio de instalación indicado no
proceso de contratación, non podendo este actuar de revendedor
nin distribuidor de ningún tipo fronte a terceiros nin empregar
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL fóra do domicilio de instalación.
O Servicio de Acceso YA.COM ADSL consistirá nunha liña
ADSL (Liña de Aboado Dixital Asimétrica), que proporcionará
ó CLIENTE acceso a Internet a alta velocidade (na modalidade de
velocidade provista por YA.COM na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE).
A tecnoloxía ADSL permite ó CLIENTE separar as entradas
de voz e datos pola súa liña telefónica, de modo
que se fai compatible a concorrencia da navegación en Internet
co mantemento de conversacións telefónicas.
Segunda.- Requisitos Previos
O cumprimento dos requisitos que a continuación se detallan consideraranse
imprescindibles e necesarios para a prestación do Servicio de Acceso
YA.COM ADSL:
2.1. Requisitos do equipo informático do CLIENTE. Este
deberá reunir as seguintes características mínimas:
· Sistema operativo Windows 98, XP, Millenium, 2000, NT, Mac,
Linux ou calquera outro que YA.COM comunique no futuro.
· Pentium 233 Mhz ou superior.
· 32 MB de memoria RAM ou superior.
· Equipamento informático de conexión a Internet
consistente nun Hardware de Conexión compatible coa liña
ADSL contratada (MODEM, ROUTER ou similar) e/ou un/s Accesorio/s de
Conexión compatible/s co Hardware de Conexión utilizado
polo CLIENTE (Tarxeta de Rede, Porto USB ou similar).
YA.COM, no marco das Ofertas Comerciais a través das que ofrece
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, poderá poñer a
disposición do CLIENTE para a súa adquisición o Hardware
de Conexión e/ou o Accesorio de Conexión. A definición
do Hardware de Conexión e/ou Accesorio de Conexión e as
características específicas dos mesmos serán indicadas
por YA.COM en cada intre a través da Páxina de Acceso no
marco de cada Oferta Comercial.
2.2. Requisitos da liña de acceso telefónico do
CLIENTE. Este deberá reunir as condicións mínimas
que se indican a continuación:
· Ter contratada no domicilio de instalación unha liña
telefónica fixa analóxica RTB.
· Posuír unha conexión cunha central telefónica
con servicio ADSL e a calidade de liña suficiente para a prestación
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
· Non existencia de incompatibilidades: Servicio Novacom (RDSI),
Servicio Teletax, Fío Musical, Servicio TRAC (Telefonía
Rural de Acceso Celular), Liñas de Back ou circuítos alugados
(Frame Relay, IP Básico), Servicio de Rede Delta, extensións
de centraliña, Ibercom así como calquera outro servicio
que existira no futuro de calquera operador telefónico que fora
incompatible co Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
2.3. Requisitos de instalación.
2.3.1 Autorización da alta como usuario de liña
ADSL (en adiante, ·Alta·).
2.3.2 Instalación do(s) elemento(s) de filtrado de datos
no punto de conexión, que permita o uso compartido e concorrente
da liña telefónica para a transmisión de voz e datos
(en adiante, ·Elemento de Filtrado·). A instalación
do Elemento de Filtrado, en función do sistema empregado será
realizada en cada caso polo CLIENTE ou por YA.COM conforme ó indicado
na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.
No caso de ser necesaria a verificación da liña no domicilio
do CLIENTE, trala autorización da alta como usuario do Servicio
de Acceso YA.COM ADSL, dito servicio será realizado polos
membros do Equipo Técnico de YA.COM no domicilio do CLIENTE previo
acordo entre eles de data e hora. En tal caso, mediante a activación
polo CLIENTE do botón ·Aceptar· a estas Condicións
Xerais no proceso de contratación electrónica, o CLIENTE
autoriza a entrada no seu domicilio e a manipulación da conexión
telefónica polo persoal do Equipo Técnico de YA.COM.
No caso de que por ausencia do CLIENTE no domicilio de instalación
ou por denegación da entrada ó mesmo dos membros do Equipo
Técnico de YA.COM, non se puidera efectivamente verificar a liña
no domicilio do CLIENTE, YA.COM poderá esixir ó CLIENTE
os gastos en que incorrera por Non Activación do Servicio que resulten
aplicables en virtude da Condición Sétima das presentes
Condicións Xerais.
2.4. Outros Requisitos. O CLIENTE, durante un período mínimo
de DOCE (12) meses non poderá subscribir con YA.COM dúas
Ofertas Comerciais que inclúan a provisión de Hardware de
Conexión.
Terceira.- Características do Servicio de Acceso
YA.COM ADSL
As distintas Ofertas Comerciais do Servicio de Acceso YA.COM ADSL
ofrecidas por YA.COM en cada intre a través da Páxina de
Acceso compoñeranse dos seguintes elementos:
3.1. Horario: O Servicio de Acceso YA.COM ADSL será
ofrecido por YA.COM no marco das distintas Ofertas Comerciais de conformidade
con algunha das seguintes modalidades de horario:
Modalidade TP 24 Horas: acceso durante as VINTECATRO (24) horas
do día.
Modalidade Horario Reducido: acceso durante o horario comprendido
entre as 18.00 e as 8.00 horas de luns a venres (horario peninsular),
e as 24 horas do día os fins de semana (sábados e domingos)
e os festivos de ámbito nacional. Nesta modalidade, a conexión
operada fóra do horario indicado será facturada ó
CLIENTE por cada minuto de conexión dacordo coa Oferta Comercial
vixente.
Modalidade por volume ou consumo: acceso durante as VINTECATRO (24) horas
do día. Nesta modalidade, facturase ó CLIENTE en función
do volume descargado polo CLIENTE ou consumos realizados conforme as tarifas
vixentes en cada momento e que figuran na Oferta Comercial correspondente.
3.2 Respecto ós prezos de cada unha das modalidades de Ofertas
Comerciais, os mesmos estarán dispoñibles na Páxina
de Acceso, atopándose sempre actualizados.
3.3. Elemento de Filtrado: O CLIENTE poderá obter o Servicio
de Acceso YA.COM ADSL cos seguintes Elementos de Filtrado para
a súa instalación no punto de conexión:
Modalidade de Elemento de Filtrado
Filtrado distribuído (Microfiltros)
Filtrado centralizado (Splitter)
A instalación do Filtrado distribuído (Microfiltros) será
sempre e en todo caso realizada polo CLIENTE mediante un sistema guiado
de auto instalación.
A instalación do Filtrado centralizado (Splitter) será
realizada por YA.COM, nos termos indicados na Condición 2.3. anterior.
3.4. Modalidade de Conexión I.P. (Internet Protocol): dirección
I.P. fixa ou dinámica.
3.5. Soporte Técnico: O Servicio de Acceso YA.COM ADSL
inclúe a prestación dun Servicio de Soporte Técnico
en horario de 8:00 a 24:00 horas.
3.6. Prazo de conexión inicial: O prazo de conexión
inicial do servicio será dun máximo de 30 (trinta) días.
A elección da Velocidade, Horario, Elemento de Filtrado e Modalidade
de Conexión I.P. será realizada polo CLIENTE durante o proceso
de contratación electrónica exclusivamente no marco das
Ofertas Comerciais definidas por YA.COM e dispoñibles na Páxina
de Acceso, estando o CLIENTE obrigado a completar o formulario de alta
no Servicio para a válida subscrición do mesmo.
3.7. Tipo de mantemento ofrecido: YA.COM ofrece ó CLIENTE
un mantemento integral do Servicio de Acceso YA.COM ADSL que inclúe
a liña de datos, o equipamento necesario para a conectividade e
a rede de acceso.
Do mesmo modo, inclúese o soporte na configuración de tódolos
compoñentes necesarios para a conectividade: configuración
básica e avanzada do CPE (router), configuración dos servicios
TCP/IP do sistema operativo do CLIENTE, instalación do software/hardware
dos compoñentes do equipo de conexión se fose necesario
e son subministrados por YA.COM así como o soporte dos servicios
de valor engadido (contas de correo, hosting, etc.) que se entreguen,
no seu caso, co Servicio.
No caso de avaría nalgún destes servicios, YA.COM xestiona
integralmente a avaría unha vez que o CLIENTE o notifica oportunamente
ó Centro de Atención ó CLIENTE, comunicando YA.COM
a resolución da mesma unha vez que se teña producido.
Cuarta.- Servicios Adicionais
Adicionalmente, as distintas Ofertas Comerciais ofrecidas por YA.COM
ó CLIENTE para a prestación do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL poderán incluír a prestación dunha serie
de Servicios Adicionais. A subscrición das condicións que
regulan ditos Servicios Adicionais realizarase, ben coa subscrición
do presente Contrato, ou ben a través da Páxina de Acceso.
Os Servicios Adicionais incluídos no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL e cuxa contratación e aceptación será automática
no momento da subscrición do presente contrato, poderán
ser os seguintes:
4.1. Servicio de Contas de Correo Electrónico: No marco
da contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, YA.COM
poñerá a disposición do CLIENTE sen custo adicional
un servicio de Contas de Correo Electrónico.
4.2. Servicio de IP fixa: YA.COM pon a disposición do CLIENTE
un servicio consistente na asignación dunha IP fixa, que terá
o custo que se indica na Oferta Comercial de cada momento. As características
deste servicio son:
(i) YA.COM cederá ó CLIENTE o uso dun enderezo IP que se
lle asignará en cada conexión. O CLIENTE non será
o titular do enderezo IP.
(ii) YA.COM reservará o enderezo IP exclusivamente a ese CLIENTE.
(iii) Non obstante o anterior, YA.COM poderá modificar o enderezo
IP asignado como medida extraordinaria por necesidades técnicas
do servicio e sempre mediando un preaviso de 15 (quince) días.
Neste caso, o CLIENTE recibirá instruccións precisas para
que a modificación da dirección IP non lle cause ningún
prexuízo.
4.3. Servicio de Hosting: YA.COM pon a disposición do CLIENTE
sen custo adicional, no marco das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada
intre, un determinado espacio en páxinas web persoais, cun consumo
máximo de taxa de transferencia (ancho de banda) de UN (1) Megabyte
por páxina vista. A prestación do servicio axustarase ás
seguintes condicións:
4.3.1. Descrición do Servicio: Servicio de almacenamento
de información do CLIENTE ou que este estea autorizado a divulgar,
nun servidor de YA.COM posto á súa disposición
durante a vixencia do Contrato. O Servicio configúrase como un
Servicio Adicional do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, no marco
das ofertas que así o establezan, polo que só poderá
ser contratado de forma conxunta co Servicio de Acceso YA.COM ADSL
e no marco dos devanditos paquetes ou ofertas comerciais. O Servicio
presenta as seguintes características:
· Conectividade:
- Conectividade redundante
- Punto de presencia en Espanix
· As instalacións de YA.COM disporán das seguintes
condicións:
- Sistema de refrixeración
- Sistema de detección de incendios
- Sistemas de Alimentación duplicada
- Acceso a local restrinxido: Só á persoa ou persoas autorizadas
- Seguridade con vixilancia permanente 24 * 7
- Estructura de firewalls en redundancia
· Mantemento dos servidores:
O custo do mantemento do servidor correrá a cargo
de YA.COM, agás que o CLIENTE actuara de forma neglixente ou
incluso aloxara aplicacións que poidan producir algún
dano no servidor, en cuxo caso o CLIENTE será responsable dos
danos e prexuízos que se ocasionen a YA.COM.
· Nivel de servicio
- YA.COM comprométese a realizar os seus máximos
esforzos para garantir o adecuado almacenamento da Información,
de forma que se atope a disposición dos usuarios de Internet
de forma ininterrompida durante a vixencia do presente contrato.
- Non obstante, YA.COM non será responsable das interrupcións
de dispoñibilidade de dita Información motivadas por causas
de forza maior ou fora do control de YA.COM.
- YA.COM poderá interromper de forma temporal o almacenamento
da Información nos seus Servidores, ou la dispoñibilidade
da mesma por parte dos usuarios de Internet, por motivos de seguridade,
ou por reestructuración dos recursos informáticos de YA.COM
destinada a mellorar os seus servicios de almacenamento e posta a disposición
da Información a través de Internet. En calquera caso,
YA.COM realizará os seus máximos esforzos para que tales
interrupcións afecten de forma mínima ó CLIENTE.
YA.COM non responderá dos prexuízos causados por ditas
interrupcións, si estas foran comunicadas ó CLIENTE cunha
antelación mínima de 48 horas.
- Cando o servidor é xestionado polo CLIENTE, YA.COM non será
responsable da dispoñibilidade do servicio nin doutros servicios
asociados.
4.3.2. Obrigas do CLIENTE: O CLIENTE comprométese,
durante o período de vixencia do contrato, ó correcto
emprego do servicio e a cumprir coa normativa vixente en cada intre:
· O CLIENTE recoñece a propiedade de YA.COM sobre os
métodos, coñecementos, saber facer e procedementos empregados
no desenvolvemento e execución das prestacións do presente
contrato e será o titular dos dereitos de imaxe, da propiedade
intelectual, industrial ou de calquera outra natureza sobre os contidos
ou contará coas oportunas licencias ou dereitos de uso, exonerando
a YA.COM de calquera reclamación que puidera proceder de terceiros.
· O CLIENTE designará, á entrada en vigor do contrato,
unha persoa de contacto con facultades para tomar decisións no
nome do CLIENTE e que actuará como único interlocutor
con YA.COM.
· O CLIENTE comprométese a facilitar a colaboración,
os datos, as especificacións e documentos necesarios para o cumprimento
das obrigas que poidan xurdir do presente contrato.
· O CLIENTE accederá por medios telemáticos ó
servidor de YA.COM unicamente para aloxar, modificar ou suprimir datos
aloxados no mesmo. A estes efectos, YA.COM proverá ó CLIENTE
dun usuario e clave que permita un acceso remoto.
· Prohíbese o uso do servidor contrario á
boa fe e en particular, de forma non exhaustiva:
- O emprego que resulte contrario ás leis españolas ou
que infrinxa os dereitos de terceiros.
- A publicación ou a transmisión de calquera contido que
a xuízo de YA.COM resulte violento, obsceno, abusivo, ilegal,
racial, xenófobo ou difamatorio.
- Os cracks, números de serie de programas ou calquera outro
contido que vulnere dereitos da propiedade intelectual de terceiros.
- A recollida e/ou emprego de datos persoais de outros usuarios sen
o seu consentimento expreso, ou contravindo a Lei Orgánica 15/1999,
de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter
persoal.
- O emprego do servidor con fins do chamado spamming (envío de
correo masivo non desexado, de tipo comercial ou de calquera outra natureza)
así como do mail bombing (envío de grandes mensaxes co
fin de bloquear un servidor) e phishing (adquisición de forma
fraudulenta e a través de engano, de información persoal
como contrasinais ou detalles dunha tarxeta de crédito).
4.3.3. YA.COM resérvase a facultade de eliminar os contidos
albergados nos seus servidores que vulneren o establecido na presente
Cláusula ou de adoptar calquera outra medida que considere necesaria
para evitar a continuidade na comisión do ilícito ou da
infracción que fora detectada sen necesidade de comunicación
previa ó CLIENTE.
4.3.4. A información almacenada no servidor de YA.COM
pertencerá, a tódolos efectos, ó CLIENTE, quen
será o único responsable, segundo o disposto no artigo
16 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servicios da sociedade da información
e de comercio electrónico.
Os Servicios Adicionais incluídos, no seu caso, nas distintas
Ofertas Comerciais, e cuxa contratación deberá realizarse
de forma independente a través da páxina de acceso, poderán
ser os seguintes:
4.4. Servicio de Seguridade Informática ·Security Suite·:
YA.COM poderá poñer a disposición do CLIENTE no marco
das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada momento, un servicio de Seguridade
Informática ·Security Suite·. As condicións
particulares que regulan a prestación deste servicio atópanse
dispoñibles para o CLIENTE na Área de CLIENTEs, entendendo
por esta a sección accesible polos CLIENTEs de YA.COM dende a Páxina
de Acceso www.YA.COM e identificada como tal, para xestionar as cuestións
relacionadas cos servicios que en cada intre teña contratados o
CLIENTE.
4.5. Un Dominio e un Servicio de Xestión de Dominios: YA.COM
poderá poñer a disposición do CLIENTE no marco das
Ofertas Comerciais ofrecidas en cada intre un dominio propio (en adiante,
·o teu dominio·) do tipo .com, .net, .org, .biz, .info,
.es, a elixir polo CLIENTE. As Condicións Particulares que regulan
a prestación do Servicio de Xestión de Dominios YA.COM atópanse
a disposición do CLIENTE na Páxina de Acceso á Tenda
de Dominios YA.COM e serán accesibles dende as Ofertas Comerciais
que incorporen este Servicio Adicional.
4.6. Servicio de Voz a través de Preselección ou Marcación
Directa: YA.COM poderá poñer a disposición do
CLIENTE no marco das Ofertas Comerciais de ADSL ofrecidas en cada intre,
un Servicio de Voz na modalidade de acceso indirecto a través de
preselección ou marcación directa, que será subministrado
por YA.COM. As Condicións Particulares aplicables a este Servicio
serán postas a disposición do CLIENTE e deberán ser
aceptadas por este no intre da contratación do Servicio expresa
e adicionalmente ás presentes Condicións Xerais.
Quinta.- Obrigas das Partes
5.1. Obrigas de YA.COM.
A partires da data en que se acredita o cumprimento polo CLIENTE dos
Requisitos Previos (en adiante, ·Data de Activación do Servicio·),
YA.COM estará obrigado a:
· Prestar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL ó CLIENTE
nas condicións expostas neste documento e na Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE.
· Facilitarlle ó CLIENTE a posibilidade de resolver o contrato
sen custo algún para o mesmo, se no prazo de 7 (sete) días
dende a recepción dos elementos necesarios para a prestación
do servicio, o CLIENTE manifestase mediante calquera forma admitida no
dereito, a súa vontade de resolver o contrato, debendo o CLIENTE
neste caso devolver tódolos elementos recibidos.
· Poñer a disposición do CLIENTE os Servicios Adicionais,
no seu caso, contratados polo CLIENTE xunto co Servicio de Acceso YA.COM
ADSL.
· Prestar o servicio de Soporte Técnico en horario de 8.00
a 24.00 horas a través dunha liña telefónica de Atención
ó CLIENTE cuxo número entregarase ó CLIENTE xunto
coa guía de instalación do Servicio.
· Dispoñer dun servicio de Atención ó CLIENTE
cuxo número é o 902 902 902, en horario de 8 a 24 horas,
onde o CLIENTE poderá solicitar toda a información que requira
sobre os servicios dispoñibles, así como o procedemento
a seguir para a presentación de calquera reclamación ou
queixa derivada da prestación de servicios.
· Manter o Servicio de Acceso YA.COM ADSL operativo para
o seu emprego no horario contratado polo CLIENTE, agás as interrupcións
temporais debidas a operacións de mantemento do mesmo.
As devanditas interrupcións comunicaranse, na medida do posible,
coa antelación suficiente ó CLIENTE mediante a Páxina
de Acceso ó Servicio ou vía correo electrónico. A
anterior obriga non será esixible a YA.COM no caso de forza maior
ou se se produce unha caída da rede de datos que sirve de base
para a prestación do mesmo allea á súa vontade e
control.
· Manter e garantir o segredo nas comunicacións, salvo
requirimento da autoridade xudicial ou administrativa competente, en cuxo
caso, resérvase o dereito de facilitar a información requirida
polas mesmas sen preaviso ó CLIENTE.
5.2. Obrigas do CLIENTE
Con efectividade dende a Data de Activación do Servicio, o CLIENTE
virá obrigado a:
· Manter, no seu caso, o Contrato durante o período de
duración inicial obrigado indicado nas condicións da Oferta
Comercial contratada polo CLIENTE.
· Abona-las cantidades debidas polo Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, conforme estas queden definidas na Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE.
· Devolver a YA.COM os Descontos Aplicados no suposto de que resulte
aplicable en virtude do disposto na Cláusula Sétima das
presentes Condicións Xerais e, na oferta comercial con arranxo
á cal o CLIENTE contrate o Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
· Non empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL de forma
en que poida contravir a lei ou estas Condicións Xerais, en particular
prohíbese ó CLIENTE o emprego do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL para a comisión de ilícitos penais, o envío
non solicitado de comunicacións publicitarias ou comerciais (·spam·),
a vulneración de lexislación en materia de Propiedade Intelectual,
Patentes e Marcas e/ou a infracción de calquera lexislación
que resulte aplicable ó emprego polo CLIENTE do Servicio de Acceso
YA.COM ADSL.
· Non empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL para a
súa revenda, cesión ou explotación comercial a terceiros
por parte do CLIENTE sen consentimento expreso e escrito de YA.COM.
· Gardar e custodiar as claves de acceso e o identificador de
CLIENTE facilitados. O CLIENTE asume, polo tanto, cantos danos e/ou prexuízos
de todo tipo que se deriven do quebrantamento ou revelación de
ditos contrasinais. O CLIENTE poderá en calquera intre cambiar
o contrasinal.
· Custodiar e preservar, no seu caso, a conexión sen arames,
facéndose responsable das consecuencias das posibles conexións
que terceiros puideran levar a cabo empregando o ancho de banda contratado
polo CLIENTE para o acceso a Internet ou accedendo á información
contida polo equipamento informático do CLIENTE.
Sexta.- Duración e Terminación
A duración do contrato é indefinida. Non obstante, poderá
ter unha duración inicial obrigada, que se indicará, no
seu caso, na Oferta Comercial subscrita polo CLIENTE (en adiante, o ·Período
Inicial Obrigado·), a contar a partires da Data de Activación
do Servicio. Neste caso, o contrato renovarase automaticamente ó
seu remate por períodos anuais, agás notificación
expresa en contra pola parte do CLIENTE con ó menos QUINCE (15)
días de antelación á data de renovación.
Unha vez rematado o Período Inicial Obrigado, no seu caso, o CLIENTE
poderá en calquera intre, sen necesidade de proceder á Devolución
de Descontos Aplicados indicados na Condición Sétima, pedir
a baixa voluntaria no Servicio de Acceso YA.COM ADSL nas condicións
indicadas no parágrafo seguinte:
A baixa voluntaria no Servicio de Acceso YA.COM ADSL por parte
do CLIENTE poderá ser notificada polo mesmo cunha antelación
de cando menos QUINCE (15) días á data efectiva de baixa
empregando calquera dos seguintes procedementos: i) Notificación
por escrito a YA.COM, ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108
Alcobendas (Madrid), axuntando copia do seu Documento Nacional de Identidade;
ii) A través do teléfono de Atención ó Cliente
902 902 886, facilitando os seus datos persoais (nome, dirección,
D.N.I., etc.), así como a súa vontade inequívoca
de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións que se lle
facilitarán; iii) A través do espazo habilitado a tal efecto
na páxina Web Área de CLIENTE, enchendo o formulario habilitado
ó efecto cos seus datos persoais, así como a súa
vontade inequívoca de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións
que se lle facilitarán.
No suposto de baixa durante o Período Inicial Obrigado, no seu
caso, será de aplicación a Devolución dos Descontos
Aplicados, de acordo co indicado na Condición Sétima.
A baixa, no Servicio de Acceso YA.COM ADSL e, no seu caso, dos
servicios adicionais farase efectiva pasados quince días dende
a solicitude do CLIENTE. YA.COM devolverá as cantidades correspondentes
ó servicio ou servicios cobrados dende a data efectiva da baixa
ata o último día do período de facturación.
Se se producise o incumprimento dalgunha das súas obrigas por
parte de YA.COM, o CLIENTE deberá notificar a este dito incumprimento
de forma inmediata e fidedigna. Transcorridos QUINCE (15) días
dende a notificación sen que medie rectificación por YA.COM
do incumprimento, o CLIENTE poderá optar por dar por rematado o
contrato, sen necesidade de devolver os Descontos Aplicados ós
que se refire a Condición Sétima. Ámbalas dúas
Partes acordan que este será o único efecto no caso de resolución
contractual por esta causa.
YA.COM resérvase o dereito a interromper o Servicio de Acceso
YA.COM ADSL ou resolver de maneira inmediata a relación
co CLIENTE, se detecta un emprego do mesmo contrario ás presentes
Condicións Xerais, á lexislación vixente ou no caso
de falta de pago por parte do CLIENTE dalgunha das cantidades debidas.
Sétima.- Condicións Económicas
7.1 O CLIENTE pola prestación do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL deberá aboar a YA.COM:
a. Unha cota de alta inicial no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL que será aboada polo CLIENTE conxuntamente coa primeira
cota fixa mensual, sen perxuizo do que a Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE poida establecer en relación a descontos no pago
da cota de alta inicial.
b. Unha cota fixa mensual, que será aboada polo CLIENTE
por meses anticipados. Esta cota fixa mensual variará en función
das características da Oferta Comercial do Servicio de Acceso
YA.COM ADSL contratadas polo CLIENTE.
c. Gastos, no seu caso, por consumos realizados ou volume descargado
segundo a modalidade elixida polo CLIENTE.
d. Gastos de tramitación de baixa, os cales especifícanse
na Oferta Comercial, que o CLIENTE deberá aboar no momento no
que solicite a baixa do Servicio.
e. Adicionalmente, a Oferta Comercial contratada polo CLIENTE
poderá incluír a adquisición do Hardware de Conexión,
Accesorio de Conexión e/ou calquera outro equipamento informático
por parte do CLIENTE. O prezo de ditos dispositivos poderá estar
incluído na cota fixa mensual que está obrigado a aboar
o CLIENTE ou poderá consistir nunha cantidade única que
deberá ser aboada dunha sola vez conxuntamente coa primeira cota
fixa mensual, salvo que como parte da Oferta Comercial contratada polo
CLIENTE se establezan descontos de dito concepto, condicionado á
permanencia do CLIENTE durante un período inicial.
f. Cota de abono: YA.COM non cobrará importe algún
en concepto de cota de abono.
g. Tódolos pagos realizaranse por defecto mediante domiciliación
bancaria. Non obstante lo anterior, O CLIENTE poderá solicitar,
mediante chamada telefónica ó servicio de Atención
ó CLIENTE dispoñible no número 902 024 084, aboar
as súas facturas a través de calquera outro medio de pago
dos habilitados.
h. As cantidades específicas que o CLIENTE deberá
abonar a YA.COM en concepto de cota de alta inicial, cota fixa mensual,
consumos realizados se se aplicasen e no seu caso, Hardware de Conexión
e/ou Accesorio de Conexión e/ou equipamento informático,
serán as que se establezan para cada Oferta Comercial nas táboas
de tarifas publicada por YA.COM en cada momento a través da URL
http://www.acceso.YA.COM/tarifas e serán facturadas por YA.COM
ó CLIENTE de forma telemática de conformidade coa lexislación
vixente.
7.2. No caso de falta de pago polo CLIENTE dalgunha das cantidades
anteriormente mencionadas, YA.COM resérvase o dereito a suspender
temporalmente o Servicio de Acceso YA.COM ADSL. Transcorridos QUINCE
(15) días dende a suspensión do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL sen que o CLIENTE satisfixera as cantidades debidas, YA.COM poderá
suspender o Servicio definitivamente, dando por rematado o contrato co
CLIENTE por causa imputable ó mesmo.
7.3. Devolución de Descontos Aplicados: no caso de remate
do Contrato por causa non imputable a YA.COM, ben sexa polo incumprimento
por parte do CLIENTE das súas obrigas con arranxo ó mesmo,
ben sexa pola súa solicitude de baixa voluntaria durante o Período
Inicial Obrigado, o CLIENTE verase na obriga de devolver a YA.COM, ademais
do pago dos gastos de tramitación de baixa indicados en cada Oferta
Comercial de conformidade co establecido na presente Condición,
os Descontos Aplicados. A fórmula de calcular a cantidade a devolver,
de forma que o CLIENTE devolva unha cantidade menor si permaneceu máis
tempo co Contrato en vigor, será aplicando a menor das cantidades
que se indican a continuación:
i. a equivalente ó importe dos descontos percibidos polo CLIENTE
no marco da Oferta Comercial e ligados á súa permanencia
como CLIENTE durante o Período Inicial Obrigado, que será
de un ano, salvo que se estableza outro na Oferta Comercial. Terán
a consideración de descontos a estes efectos, a exención
do pago da cota de alta do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, a
posta a disposición do equipo de conexión con carácter
gratuíto e calquera beneficio adicional que poida incluír
a Oferta Comercial contratada;
j. ou o importe das cotas restantes ata completar o Período
Inicial Obrigado.
7.4. Non Activación do Servicio: no caso de non activación
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL por imposibilidade de entrega
do Hardware de Conexión por causa imputable ó CLIENTE, transcorridos
TRINTA (30) días naturais dende o primeiro intento de entrega do
devandito Hardware por parte de YA.COM no domicilio indicado a estes efectos
polo CLIENTE no intre da contratación, o CLIENTE verase obrigado
a reembolsar a YA.COM os gastos en que YA.COM incorrera para a xestión
da alta no Servicio de Acceso YA.COM ADSL cuxo importe será
indicado para cada Oferta Comercial a través da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas.
Oitava.- Responsabilidades
8.1. Comunicacións. YA.COM adoptará e instalará
as medidas e os medios técnicos que sexan esixibles pola lexislación
vixente, para garantir o segredo das comunicacións e integridade
do servicio no seu tránsito a través da rede de YA.COM.
De acordo co artigo 14 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios da
Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, YA.COM
non será responsable da información transmitida polos usuarios
a través da súa rede cando os datos foron subministrados
polo destinatario do servicio.
8.2. Calidade do Servicio. YA.COM comprométese a cumprir
cos niveis de calidade de cada un dos servicios contratados polo CLIENTE,
conforme ós parámetros e métodos que a lexislación
determine.
YA.COM indemnizará ó CLIENTE por interrupcións temporais
do servicio de máis de 24 horas ó longo dun período
de facturación, contadas a partir da súa notificación
polo CLIENTE e producidas por causas imputables a YA.COM. O CLIENTE percibirá
o importe correspondente á parte proporcional do período
de interrupción do servicio incrementado nun 10%, sen que esta
cantidade poida superar o importe correspondente a unha mensualidade.
O CLIENTE deberá solicitar a aplicación da devandita indemnización
no prazo de dúas semanas unha vez rematado o período facturado.
YA.COM procederá á súa aplicación nos seguintes
períodos de facturación.
8.3. Interrupcións temporais do Servicio.
8.3.1. Cando, durante un período de facturación,
o CLIENTE sufra interrupcións temporais do servicio de acceso
a Internet, o operador deberá compensar ó abonado coa
devolución do importe da cota mensual correspondente ó
Servicio de Acceso YA.COM ADSL, prorrateada polo tempo que durase
a interrupción. A estes efectos, YA.COM terá a obriga
de indemnizar automaticamente ó CLIENTE, na factura correspondente
ó período inmediato ó considerado, cando a interrupción
do servicio supoña o dereito a unha compensación por importe
superior a 1 euro.
8.3.2. Non será de aplicación o disposto no apartado
anterior cando a interrupción temporal estea motivada por algunha
das causas seguintes:
i. Incumprimento grave polo CLIENTE das condicións contractuais.
ii. Danos producidos na rede debido á conexión polo abonado
de equipos terminais que non teñan avaliado a conformidade, de
acordo coa normativa vixente.
8.3.3. A compensación prevista nesta cláusula
enténdese sen perxuizo da responsabilidade por danos que se produzan
ós usuarios finais, que se esixirá conforme ó previsto
no artigo 102.3 do Regulamento sobre as condicións para a prestación
de servicios de comunicacións electrónicas, o servicio
universal e a protección dos usuarios, aprobado polo Real Decreto
424/2005, de 15 de abril.
8.4. Datos persoais. YA.COM adoptou tódalas medidas de
seguridade legalmente esixidas para a protección dos datos persoais
subministrados polo CLIENTE.
8.5. Utilidade. Os dispositivos de enlace que YA.COM pon a disposición
dos CLIENTEs teñen por único obxecto facilitar ós
mesmos a busca da información dispoñible en Internet. YA.COM
non garante que o servicio sexa adecuado para a realización de
ningún servicio más alá do que se contrata nin que
permita acceso a tódolos sitios de Internet. YA.COM non ofrece
nin comercializa os productos e servicios dispoñibles nos sitios
enlazados nin asume responsabilidade algunha por tales productos ou servicios.
8.6. Emprego e Contidos. YA.COM, que actúa exclusivamente
como prestador dun servicio, non controla o uso que do Servicio de Acceso
YA.COM ADSL realiza o CLIENTE.
En tal senso, YA.COM non se fai responsable do uso e/ou dos contidos
que, en contravención ás leis ou as presentes Condicións
Xerais, o CLIENTE poida facer do mesmo, sendo o CLIENTE o único
responsable das consecuencias que o seu emprego ilícito ou contrario
a estas condicións puidera ter así como da veracidade e/ou
licitude dos contidos despregados nos Servicios Adicionais.
No caso de que YA.COM descubrira, ben de forma directa ou a través
de notificacións ou requirimentos de terceiros, a existencia de
contidos que puideran infrinxir a legalidade vixente ou as presentes Condicións
Xerais ou o emprego con fins fraudulentos, ilícitos e/ou non autorizados
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL incluídos os Servicios
Adicionais, YA.COM resérvase o dereito de suspender por si mesma
total ou parcialmente o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, incluídos
os Servicios Adicionais, sen necesidade de autorización previa
do CLIENTE, mediante a eliminación dos contidos infractores ou
calquera outra medida que considere necesaria para evitar a continuidade
na comisión do ilícito ou da infracción detectada.
En ningún caso poderá o CLIENTE facer uso dunha taxa de
transferencia (consumo de ancho de banda), tanto ascendente como descendente,
superior ó autorizado na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.
Neste senso YA.COM non permitirá ó CLIENTE facer uso, tanto
da conexión ADSL como de calquera dos seus Servicios Adicionais,
para a transmisión e/ou difusión de elementos que, polas
súas características tales como tamaño, formato,
etc. dificulten o funcionamento dos Servicios Adicionais.
8.7. Sen prexuízo do anterior, YA.COM resérvase
a facultade de poñer en coñecemento das autoridades administrativas
ou xudiciais aqueles feitos que puideran ser constitutivos dunha actividade
ilícita, sen necesidade de comunicalo previamente ó CLIENTE.
8.8. Virus informáticos. YA.COM non controla nin garante
a ausencia de virus informáticos nos servicios prestados por terceiros
a través da súa rede de portais que poidan producir alteracións
no sistema informático (software e hardware) do CLIENTE ou nos
documentos e ficheiros electrónicos almacenados no seu sistema
informático.
Novena.- Propiedade Intelectual e Industrial
O CLIENTE recoñece que tódalas imaxes, deseños,
debuxos, contidos, logos, marcas e calquera outro producto susceptible
de estar protexido en virtude da lexislación aplicable en materia
de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas a que tivera acceso pola
subscrición do Servicio de Acceso YA.COM ADSL son propiedade
de YA.COM ou de terceiros titulares dos mesmos. O CLIENTE comprométese
a facer uso do Servicio de Acceso YA.COM ADSL respectando tales
dereitos.
A contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL polo CLIENTE
non implica en ningún caso cesión ó mesmo de dereitos
por YA.COM en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas. YA.COM
prohibe o emprego do Servicio de calquera forma que de maneira directa
ou indirecta supoña a contravención da lexislación
aplicable en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas, sendo
tal actuación así como as súas consecuencias exclusiva
responsabilidade do CLIENTE, que manterá, en todo caso, indemne
a YA.COM.
Décima.- Modificación das Condicións
Xerais de Contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
YA.COM poderá modificar as presentes Condicións Xerais
ou introducir novas condicións de uso, de conformidade coa lexislación
vixente, previa comunicación na Páxina de Acceso ó
Servicio de Acceso YA.COM ADSL e a notificación ós
usuarios finais afectados cun preaviso de TRINTA (30) días. As
devanditas modificacións só serán de aplicación
a partires da súa entrada en vigor.
O CLIENTE poderá resolver anticipadamente o contrato sen a obriga
de aboar cantidade algunha no caso de que non acepte as novas Condicións
Xerais ou as modificacións nas mesmas.
Undécima.- Modificacións Tecnolóxicas
YA.COM terá dereito a introducir cantos cambios nos sistemas e
instalacións do CLIENTE e/ou nas súas propias redes veñan
esixidos pola lexislación e/ou para manter e/ou mellorar a calidade
técnica do servicio (sempre e cando estes cambios non impliquen
modificacións nos aspectos esenciais do Servicio contratado), debendo
nestes casos realizar unha comunicación previa ó CLIENTE.
Duodécima.- Protección de Datos de Carácter
Persoal.
Como consecuencia da contratación do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, o CLIENTE é consciente e acepta que os datos persoais
por el facilitados a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro
de datos de carácter persoal responsabilidade de YA.COM, cuxa finalidade
será a administración do servicio contratado e a xestión
das incidencias relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así mesmo
ó CLIENTE, que por necesidades técnicas da prestación
do servicio, ó acceder ó servidor de YA.COM, asignaráselle
un número IP (na modalidade contratada polo CLIENTE) que rexistrará
os accesos realizados a dito servidor. Este número IP será
igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta poida cumprir coas
finalidades descritas así como, no seu caso, cos requirimentos
das autoridades que, no exercicio das funcións que teñen
atribuídas, soliciten información relativa ó CLIENTE.
A entrega de tódolos datos requiridos para a contratación
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL é obrigada, posto que
a recollida de todos eles faise necesario para cumprir coas finalidades
indicadas no parágrafo anterior. Desta forma, YA.COM poderá
denegar a contratación do Servicio ó interesado que non
facilite tales datos.
Así mesmo, o CLIENTE outorga o seu consentimento para que os datos
por el facilitados a YA.COM no marco do Servicio contratado, sexan igualmente
empregados por esta para as seguintes finalidades:
-Xestión do Programa de Fidelización (que poderá
incluír, entrega de regalos, xestión de promocións
especiais para CLIENTEs, información sobre novidades de YA.COM,
etc., que poderán ser remitidas por correo postal, e-mail, SMS
e/ou MMS).
- Envío por YA.COM de comunicacións comerciais de productos
e/ou servicios de YA.COM (servicios de telecomunicacións, servicios
da sociedade da información e comercio electrónico sobre
productos relacionados coa fotografía), xa sexa por correo postal,
e-mail, SMS e/ou MMS.
O CLIENTE poderá revocar o seu consentimento para o emprego dos
seus datos con calquera das finalidades mencionadas nos dous parágrafos
anteriores, así como exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e/ou oposición, dirixindo unha carta asinada
polo mesmo ó domicilio de YA.COM, a Avenida de Bruselas 20, Edificio
Gorbea 4, 28108 Alcobendas (Madrid), ó Departamento de Asesoría
Xurídica coa referencia ·Protección de Datos·,
achegando copia lexible do seu DNI e indicando o enderezo ó que
YA.COM poida remitirlle a confirmación de ter cumprido coa súa
solicitude, ou no seu caso, os motivos que lle impiden levala a cabo plenamente.
Décimo terceira.- Notificacións
Tódalas notificacións, incluídos os escritos de
comunicación de baixa do CLIENTE no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, deberán ser enviados a YA.COM ó Apartado de Correos
núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid).
Decimocuarta.- Reclamacións
YA.COM dispón dun Centro de Atención ó CLIENTE,
que ten por obxecto atender e resolver as queixas e reclamacións
e calquera incidencia contractual que formule o CLIENTE e ó que
este poderá dirixirse.
Este servicio de Atención ó CLIENTE, de carácter
gratuíto, aportará ó CLIENTE por calquera reclamación,
queixa ou petición efectuada, un número de referencia da
incidencia formulada por este.
Así mesmo, infórmase ó CLIENTE do seu dereito a
solicitar ó Centro de Atención ó CLIENTE un documento
que acredite a presentación e contido da queixa ou reclamación
mediante calquera soporte que permita facelo.
As reclamacións poderán interporse a través do número
de teléfono 902 902 902 (ou o número que no seu caso o substitúa),
por correo postal ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108
Alcobendas (Madrid) ou por correo electrónico á dirección:
acceso@ya.com.
O CLIENTE deberá formular as súas queixas ou reclamacións
no prazo dun mes dende o momento en que se teña coñecemento
do feito que as motive. Formulada a reclamación, se o CLIENTE non
obtivera resposta satisfactoria de YA.COM no prazo de un mes, poderá
acudir ás vías indicadas nos apartados seguintes.
O CLIENTE poderá dirixir a súa reclamación ás
Xuntas Arbitrais de Consumo, nos termos establecidos na súa normativa
reguladora.
Para o suposto de que o CLIENTE ou YA.COM non se sometan ás Xuntas
Arbitrais, este poderá dirixirse, no prazo de tres meses dende
a resposta do operador ou o remate do prazo para responder, á Secretaría
de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.
Así mesmo o CLIENTE poderá dirixirse ós tribunais
competentes da xurisdicción ordinaria que correspondan.
Decimoquinta.- Linguas do contrato
As presentes Condicións Xerais están dispoñibles
en español, catalán, euskera, galego e inglés.
En caso de discrepancia, prevalecerá sempre a versión en
español.
CONDICIÓNS ESPECIAIS DO SERVIZO Ya.com LIÑA E VOZ
Primeira.- Obxecto e ámbito de aplicación
Estas Condicións Particulares teñen por obxecto establecer
o marco no que Ya.com prestará ó Cliente, e este utilizará,
o nomeado a efectos das presentes Condicións Particulares Servizo
Ya.com Liña e Voz, na modalidade de acceso directo fornecido por
Ya.com. O Servizo Ya.com Liña e Voz configúrase como un
servizo complementario ó Servizo de Acceso ADSL de Ya.com, nas
modalidades que llo permiten, e só poderá ser contratado
de maneira conxunta con algún dos Servizos de Acceso ADSL de Ya.com
no marco das distintas ofertas comerciais que Ya.com poña a disposición
dos Clientes en cada momento.
Estas Condicións Particulares, polo tanto, complementan e aplícanse
de maneira conxunta coas Condicións Xerais de Contratación
do Servizo de Acceso ADSL de Ya.com.
O Servizo Ya.com Liña e Voz consiste na provisión dun servizo
de telefonía fixa en acceso directo, baseado na tecnoloxía
IP, nas zonas de cobertura nacional onde se atope despregada a tecnoloxía
necesaria para a súa prestación e de acordo cos niveis de
calidade esixidos pola normativa vixente aplicable a Ya.com como prestador
do servizo.
Para a correcta prestación do Servizo Ya.com Liña e Voz
é necesaria a utilización de numeración, a cal poderá
ser asignada ó Cliente mediante o procedemento da portabilidade
regulado nas presentes Condicións, ou ben mediante a asignación
directa de numeración por parte de Ya.com, sempre de acordo coa
Oferta comercial vixente en cada momento e co estado da tecnoloxía
empregado para a provisión do servizo.
O Servizo Ya.com Liña e Voz préstase ó Cliente en
calidade de cliente final para o seu uso exclusivo no domicilio residencial
ou social de instalación indicado no proceso de contratación,
non podendo este actuar de revendedor nin distribuidor de ningún
tipo fronte a terceiros nin empregar o Servizo Ya.com Liña e Voz
fóra do domicilio residencial ou social de contratación.
Entenderase por Cliente toda persoa física ou xurídica que
emprega ou solicita o Servizo Ya.com Voz e que non explota redes públicas
de comunicacións nin presta servizos de comunicacións electrónicas
dispoñibles para o público nin tampouco os revende.
Ya.com non será responsable da falta de información ou
da falsidade na mesma á hora de realizar a contratación.
Segunda.-Prazo de conexión
O prazo de conexión inicial do servizo será dun máximo
de 60 (sesenta) días desde o momento da solicitude de contratación
por parte do Cliente e trala validación da mesma por parte de Ya.com.
Durante o período entre que o Cliente solicitara a alta e a conexión
efectiva do servizo, o Cliente seguirá sendo cliente do seu antigo
operador, mantendo os mesmos servizos e a mesma facturación que
obtivese ata ese momento.
Terceira.- Requisitos Previos.
O cumprimento por parte do Cliente dos requisitos que se indican polo
miúdo, considerarase indispensable e necesario para a prestación
do Servizo Ya.com Liña e Voz, cuxa non concorrencia impide a perfección
do contrato, téndose este por non celebrado a ningún efecto.
(i) Completar, no seu caso, de maneira satisfactoria e por escrito
a solicitude de portabilidade, de conformidade coa normativa de aplicación
ó efecto, lo que pode implicar, entre outros requisitos, a realización
dun procedemento de verificación telefónica por un terceiro.
(ii) Atoparse nunha zona de cobertura xeográfica onde a tecnoloxía
necesaria para a prestación do servizo sexa posible.
(iii) De acordo coa Oferta Comercial dispoñible en cada momento,
o Cliente pode ter que dispor dunha liña telefónica contratada
cun provedor de acceso.
Cuarta.- Características do Servizo.
a) O Servizo Ya.com Liña e Voz, consiste nun servizo de
telefonía fixa en acceso directo, sen que o Cliente deba manter
contratada a liña sobre a que se presta o mesmo co seu actual provedor
de acceso.
b) Todas as características do Servizo Ya.com Liña
e Voz virán expostas polo miúdo na Oferta Comercial vixente
en cada momento e serán accesibles para o Cliente en todo momento.
c) O Servizo Ya.com Liña e Voz permite, en función
do estado da tecnoloxía, a realización de varias chamadas
telefónicas simultáneas, para o cal o Cliente precisará
dispor do equipamento, debidamente homologado, para a correcta utilización
do servizo. A calidade do servizo pode verse alterada no momento da realización
de distintas chamadas simultáneas.
De acordo coa oferta comercial dispoñible en cada momento, Ya.com
poderá garantir a calidade do servizo de ata un máximo de
tres chamadas simultáneas.
d) Corresponderá a Ya.com o mantemento da liña,
comprendendo este desde a central telefónica ata o Punto de Terminación
de rede (PTR), sendo, polo tanto, responsabilidade do Cliente o mantemento
desde o PTR ata o equipamento empregado para a prestación do Servizo.
e) Equipamento:
a. Para a correcta utilización do servizo é necesario
o uso de equipamento deseñado especificamente para o Servizo e
que Ya.com pon a disposición do Cliente. En todo caso o Cliente
obrígase a non conectar á rede pública de telecomunicacións
e/ou ó equipamento facilitado por Ya.com, equipos que non conten
cos preceptivos certificados de aceptación e se atopen debidamente
homologados.
b. O réxime no cal Ya.com pon a disposición dos seus
Clientes o equipamento necesario para a utilización do servizo
é o de venda. Calquera modificación de dito réxime
será previamente notificada ó Cliente xunto coas condicións
aplicables.
c. Para a correcta utilización do Servizo Ya.com Liña
e Voz por parte do Cliente, este deberá conectar o equipamento
facilitado por parte de Ya.com na roseta principal do seu domicilio,
non sendo posible a utilización do Servizo no resto de rosetas
no caso de que as houbese. Polo tanto, o Servizo Ya.com Liña
e Voz non poderá ser empregado a través da rede interna
de rosetas no domicilio do cliente.
d. En ningún caso Ya.com garante nin se responsabiliza de todos
aqueles supostos nos que a velocidade máxima establecida para
cada modalidade non poda ser alcanzada por razóns técnicas
ou incompatibilidades ou, en xeral, factores externos a Ya.com ou que
non se atopen baixo o seu pleno control. Ya.com resérvase o dereito
de prestar o servizo ADSL a través da tecnoloxía de acceso
de que dispoña, polo que o Cliente autoriza a France Telecom
España Internet Service Provider S.A.U. (nomeada pola súa
marca Ya.com) a realizar, no seu nome e representación, cantas
actuacións sexan necesarias sobre a liña telefónica
de España S.A.U. ou ó que corresponda, a portabilidade
das súas liñas e a desagregación de pares existentes
ou vacantes, e calquera outra xestión que puidera ser necesaria.
Quinta.- Incompatibilidades
O Servizo Ya.com Liña e Voz emprega un tipo de equipamento para
o seu correcto funcionamento, que se alimenta de corrente eléctrica,
o cal non funcionará correctamente cando se produza un fallo no
subministro eléctrico. Nestes casos, de producírense cortes
e/ou avarías do subministro eléctrico poderían deixar
de funcionar os servizos contratados ou algúns dos que fagan uso
da liña telefónica conectada ó equipamento. Se isto
acontecese Ya.com fará os seus maiores esforzos para restablecer
o Servizo Ya.com Liña e Voz á maior brevidade posible, unha
vez que desapareza a causa que orixinou a indispoñibilidade eléctrica.
Do mesmo xeito poden presentarse incompatibilidades con certos servizos
instalados no domicilio do Cliente, como algúns sistemas de alarma,
terminais telefónicos instalados, ou servizos de fax.
Sexta.- Duración do Contrato.
A duración do Contrato é indefinida, de acordo co disposto
nas Condicións Xerais de Contratación do Servizo de Acceso
ADSL Ya.com.
A resolución do contrato levarase a cabo de acordo co establecido
nas Condicións Xerais do Servizo de Acceso ADSL Ya.com.
Sétima.- Condicións de Utilización
do Servizo
7.1. Solicitude de desconexión: O Cliente poderá
dirixirse a YA.COM, en calquera momento durante a vixencia do contrato,
para solicitar a desconexión do Servizo Ya.com Liña e Voz
para chamadas internacionais ou de servizos de tarifación adicional.
O Cliente que queira solicitar a desconexión destes servizos deberá
remitir a Ya.com un escrito ó Apartado de Correos núm. 1058,
28108 Alcobendas (Madrid).
Ya.com procederá a dita desconexión no prazo de DEZ (10)
días como máximo desde a recepción da comunicación
do Cliente. En caso de que dita desconexión non se producise tras
eses DEZ (10) días, por causas non imputables ó Cliente,
serán de cargo de Ya.com os custes derivados do servizo cuxa desconexión
se solicita.
Dentro dos servizos de tarifación adicional, agás que expresamente
o solicite o abonado, non serán de libre acceso os servizos de
tarifación adicional que se presenten a través dos códigos
803, 806 e 807 seguidos polas cifras 6, 7, 8 y 9, e os prestados a través
do código 907.
7.2. Interrupcións temporais do Servizo: No suposto de
que se produzan interrupcións temporais do Servizo Ya.com Liña
e Voz imputables a Ya.com, esta devolverá ó Cliente, de
acordo co previsto na normativa vixente, a cantidade proporcional ó
tempo que permanecese sen Servizo, tomando como referencia a facturación
media mensual da liña avariada dos TRES (3) meses anteriores ó
período no que se produciu a avaría rateado polo tempo que
durase a interrupción.
No caso dunha antigüidade inferior a tres meses, considerarase o
importe da factura media nas mensualidades completas efectuadas ou a que
se obtivese nunha mensualidade estimada de maneira proporcional ó
período de consumo efectivo realizado. Enténdese por interrupción
do Servizo aquela avaría na que o Cliente non poida realizar ningunha
chamada a través do Servizo Ya.com Liña e Voz. Para o cálculo
da duración da interrupción do Servizo Ya.com Liña
e Voz. Para o cálculo da duración da interrupción
do Servizo tomarase como comezo a data e hora na que o Centro de Atención
ó Cliente de Ya.com reciba a notificación por parte do Cliente,
e, como remate, a data e hora na que o Servizo quede restablecido.
Ya.com estará obrigado a indemnizar automaticamente ó Cliente,
na factura correspondente ó período inmediato ó considerado
cando a interrupción do servizo supoña o dereito a unha
indemnización por importe superior a 1 euro.
En interrupcións por causas de forza maior, Ya.com compensará
automaticamente ó Cliente coa devolución do importe da cota
de abono e outras independentes do tráfico, rateado polo tempo
que durase a interrupción.
Non será de aplicación o anterior cando a interrupción
temporal estea motivada por algunha das causas seguintes: i) Incumprimento
grave polos abonados das condicións contractuais, en especial en
caso de fraude ou mora no pagamento. ii) Polos danos producidos na rede
debido á conexión polo abonado de equipos terminais que
no avaliasen a conformidade, de acordo coa normativa vixente.
7.3. Reclamacións: as reclamacións sobre o funcionamento,
prezo, facturación, calidade e calquera outra cuestión que
puidese xurdir coa prestación do Servizo Ya.com Liña e Voz,
deberán dirixirse a Ya.com no prazo de UN (1) mes desde o momento
en que se teña coñecemento do feito que as motive, chamando
á liña telefónica de Atención ó Cliente,
cuxo número é o 902902902 ou por escrito ó Apartado
de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid). Se o cliente non
obtivese resposta algunha por parte de Ya.com no prazo de UN (1) mes,
poderá dirixir a súa reclamación ós organismos
que procedan.
O servizo de Atención ó Cliente, de carácter gratuíto,
aportará ó Cliente por calquera reclamación, queixa
ou petición efectuada, un número de referencia da incidencia
comunicada polo Cliente. Ya.com informa ó Cliente que ten dereito
a solicitar ó servizo de Atención ó Cliente un documento
que acredite a presentación e contido da queixa ou reclamación
mediante calquera soporte que permita tal acreditación.
7.4. O Cliente non poderá empregar o Servizo Ya.com Liña
e Voz para a súa revenda, cesión ou explotación comercial
a terceiros por parte do Cliente sen consentimento expreso e escrito de
Ya.com.
Ya.com informa expresamente ó Cliente de que non está permitido
o uso do servizo para terminais de uso público, para a prestación
de servizos de telemarketing, chamadas de acceso a Internet, comunicación
de datos, envíos masivos de faxes, liñas de voz ou datos
que interconecten sedes (Novacom), constituíndo, no caso de levarse
a cabo polo Cliente, causa de resolución inmediata do presente
Contrato.
Cando se detecte que se está a levar a cabo un uso indebido do
servizo de acordo co establecido no parágrafo anterior, Ya.com
poderá proceder á suspensión do Servizo Ya.com Liña
e Voz. Considerarase que se produciu un uso indebido cando se detecte
que se utilizou o Servizo realizando chamadas cunha duración acumulada
de máis de 5.000 minutos contados nun período inferior a
30 días.
Ya.com comunicará o uso indebido ó Cliente e no seu caso
restaurará a prestación do servizo co compromiso do Cliente
de utilizar o mesmo de acordo coas Condicións aquí reflectidas.
A reiteración de dúas veces no uso indebido levará
consigo a baixa do servizo para o Cliente, sen prexuízo das accións
que Ya.com poida exercer na defensa dos seus intereses.
Oitava.- Condicións Económicas e Facturación
O Cliente pola prestación do Servizo Ya.com Liña e Voz
deberá abonar as cantidades que se expoñen a continuación
e cuxos prezos estarán actualizados en cada momento, á hora
de realizar a contratación dos servizos.
· A cota fixa mensual, indicada na Cláusula Sétima
(Condicións Económicas) das Condicións Xerais do
Servizo de Acceso ADSL Ya.com, cuxo importe variará en función
das características da Oferta Comercial contratada polo Cliente
e que inclúe tanto a prestación do Servizo de Acceso ADSL
Ya.com como a prestación do Servizo Ya.com Liña e Voz. A
Cota Fixa Mensual será facturada por Ya.com e abonada polo Cliente
de conformidade co establecido nas Cláusulas Sétimas (Condicións
Económicas das Condicións Xerais de Contratación
dos diferentes Servizos de Acceso ADSL Ya.com).
As Cotas reflectidas serán facturadas por Ya.com por meses anticipados
e serán abonadas polo Cliente mediante domiciliación bancaria,
de conformidade co disposto nas Condicións Económicas das
Condicións Xerais de Contratación do Servizo de Acceso ADSL
Ya.com.
As cotas a pagar polo Cliente poderán sufrir incrementos para
sucesivos períodos anuais en función da variación
do IPC.
O Cliente recibirá na área de Clientes da páxina
Web de Ya.com unha factura detallada por cada un dos conceptos acumulados
polos Servizos prestados.
Novena.- Depósito de Garantía
9.1. Ya.com, de conformidade coa lexislación vixente, poderá
solicitar ó Cliente a constitución dun depósito de
garantía, tanto no momento da contratación como en calquera
momento da vixencia do contrato nos supostos nos que (i) o Cliente deixase
sen pagar unha ou varias facturas relativas a outro ou outros contratos
anteriores ou vixentes con Ya.com ou con calquera outro operador de acceso;
(ii) se o Cliente incorrese de maneira reiterada en atraso no pagamento
das facturas que está obrigado a abonar pola prestación
do Servizo Ya.com Liña e Voz.
9.2. A constitución do depósito de garantía,
no seu caso, deberá realizarse en efectivo ou mediante aval bancario
e o seu importe será facilitado polo Cliente no momento do requirimento
do depósito de conformidade coa lexislación vixente.
9.3. Se o cliente non constitúe o depósito de garantía
que corresponda no prazo dos QUINCE (15) días seguintes ó
requirimento fidedigno por parte de Ya.com, esta poderá suspender
o Servizo Ya.com Liña e Voz. Se transcorrido un novo prazo de DEZ
(10) días desde un segundo requirimento o CLIENTE non constituíse
o depósito, Ya.com poderá dalo de baixa no Servizo Ya.com
Liña e Voz.
9.4. Ya.com procederá á devolución do depósito
no prazo de QUINCE (15) días a contar desde aquel no que se cumpran
as circunstancias establecidas a continuación: no cas (i): a partir
do momento en que quede acreditado que no prazo de UN (1) ano non existiu
ningún atraso no pagamento e no caso (ii): a partir do momento
en que Ya.com teña constancia do pagamento íntegro das cantidades
adebedadas polo Cliente.
9.5. Se o abonado se dera de baixa no Servizo Ya.com Liña
e Voz, Ya.com poderá executar a garantía polo total da débeda
contraída, quedando o remanente a disposición do Cliente.
Se o Cliente abonase todas as facturas, Ya.com devolveralle o depósito
integramente.
Décima.- Suspensión e Interrupción
do Servizo Ya.com Liña e Voz
10.1 Suspensión temporal: no caso de atraso no pagamento
total ou parcial por parte do Cliente das cantidades que está obrigado
a abonar pola prestación do Servizo Ya.com Liña e Voz durante
un período de tempo superior a UN (1) mes desde a presentación
ó CLIENTE do documento de cargo correspondente á facturación,
Ya.com, de conformidade coa lexislación vixente, quedará
facultado para suspender o Servizo Ya.com Liña e Voz previa notificación
ó Cliente con cando menos QUINCE (15) días hábiles
de antelación.
Na suspensión temporal do servizo telefónico por falta
de pagamento, este será mantido para todas as chamadas entrantes,
agás as de cobro revertido, e as chamadas saíntes de urxencias.
10.2 Aviso de suspensión ou interrupción do servizo.
Para que a suspensión ou a interrupción do servizo poidan
levarse a cabo por parte de Ya.com, teñen que cumprirse os seguintes
requisitos:
(i) Ya.com requirirá o pagamento e notificará a suspensión
mediante unha comunicación, que se practicará con cando
menos quince días de antelación á data en que vaia
ter lugar a suspensión do servizo.
(ii) A comunicación indicará a data en que, de non efectuarse
o pagamento, terá lugar a suspensión.
(iii) A suspensión do servizo non poderá realizarse nun
día inhábil.
10.3. Suspensión a instancia do Cliente. O Cliente poderá
solicitar a suspensión temporal do servizo por un período
determinado que non poderá ser inferior a un mes nin superior a
tres meses. O período non poderá exceder, en ningún
caso, de 90 días por ano natural. No caso de suspensión,
deducirase da cota de abono a metade do importe proporcional correspondente
ó tempo ó que afecte.
10.4. Interrupción: en caso de atraso no pagamento por
parte do Cliente das cantidades que está obrigado a abonar pola
prestación do Servizo Ya.com Liña e Voz durante un período
de tempo superior a TRES (3) meses ou no caso de suspensión temporal
en DÚAS (2) ocasións por atraso no pagamento do Servizo
Ya.com Liña e Voz, Ya.com, de conformidade coa lexislación
vixente e baixo un preaviso ó Cliente, quedará facultado
para interromper de forma definitiva o Servizo Ya.com Liña e Voz
e a resolver o contrato por causa imputable ó Cliente.
10.5. Non procederá a suspensión temporal nin a
interrupción definitiva do Servizo Ya.com Liña e Voz nos
casos nos que o Cliente interpuxese reclamación ante os organismos
competentes, consignase fidedignamente os importes adebedados e entregase
o correspondente resgardo de ditas consignacións a Ya.com.
10.6. Ya.com indemnizará ó Cliente por interrupcións
temporais do servizo de máis de 24 horas ó longo dun período
de facturación, contadas a partir da súa notificación
polo Cliente e producidas por causas imputables a Ya.com. O Cliente percibirá
o importe correspondente á parte proporcional do período
de interrupción do servizo incrementado nun 10%, sen que esta cantidade
poida superar o importe correspondente a unha mensualidade.
O Cliente deberá solicitar a aplicación da referida indemnización
no prazo de dúas semanas unha vez rematado o período facturado.
Ya.com procederá á súa aplicación nos seguintes
períodos de facturación.
Undécima.- Terminación
O Cliente poderá, en calquera momento, solicitar a baixa voluntaria
no Servizo Ya.com Liña e Voz cunha antelación de cando menos
QUINCE (15) días á data efectiva de baixa, por escrito ó
Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid) aportando
copia do seu Documento Nacional
A baixa voluntaria no Servizo Ya.com Liña e Voz por parte do Cliente
poderá ser notificada polo mesmo cunha antelación do cando
menos QUINCE (15) días á data efectiva de baixa empregando
calquera dos seguintes procedementos: i) notificación por escrito
a Ya.com, ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas
(Madrid), aportando copia do seu Documento Nacional de Identidade; ii)
por medio do teléfono de Atención ó Cliente 902 902
902 comunicando os seus datos persoais (nome, enderezo, D.N.I., etc.)
así como a súa vontade inequívoca de darse de baixa
no Servizo, seguindo as instrucións que se lle entregarán;
iii) por medio do espazo habilitado ó efecto cos seus datos persoais,
así como a súa vontade inequívoca de darse de baixa
no Servizo, seguindo as instrucións que se lle entregarán.
No caso de que non chegase a perfeccionarse a contratación do
Servizo Ya.com Liña e Voz ou no caso de baixa voluntaria por parte
do Cliente, Ya.com, de acordo co estado da tecnoloxía e conforme
á normativa vixente, fará os seus maiores esforzos para
manter a prestación do Servizo de Acceso ADSL Ya.com contratado.
O Servizo de Acceso ADSL Ya.com contratado será prestado, no seu
caso, ó Cliente baixo as condicións da Oferta Comercial
que subscribise y baixo o prezo que, de conformidade coas características
desta (velocidade, horario, servizos adicionais, etc.) estivese publicado
por Ya.com. A baixa, por calquera causa, nos Servizos de Acceso ADSL Ya.com
suporá, de maneira automática, a baixa no Servizo Ya.com
Liña e Voz.
Duodécima.- Guías de servizos de comunicacións
electrónicas dispoñibles ó público.
Se o cliente marca este cadriño, ___ Ya.com entregará os
seus datos (nome e apelidos ou razón social; número de abonado;
dirección postal do enderezo - agás piso, letra e escaleira;
Terminal; operador) ó organismo regulador competente de acordo
coa normativa vixente co fin de que os mesmos sexan incluídos nos
servizos de información telefónica e guías. En calquera
caso, o Cliente poderá dirixirse a Ya.com de xeito fidedigno para
que a súa información sexa total ou parcialmente excluída
de ditos servizos, para solicitar que se emenden erros nos seus datos,
para ampliar os que xa figuren na guía, ou para que non poidan
ser utilizados para fins comerciais, todo elo de balde.
A obtención por Ya.com e/ou a súa transmisión a
un Terceiro de calquera dato do cliente distinto dos descritos no parágrafo
anterior, requirirá o seu consentimento expreso en todo caso.
O cliente terá dereito a que os seus datos que aparezan nas guías
non sexan utilizados con fins de publicidade ou prospección comercial.
Do mesmo xeito, o cliente poderá exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición (segundo o
establecido na cláusula Duodécima - Protección de
Datos de Carácter Persoal das Condicións Xerais do Servizo
de Acceso YA.COM ADSL).
O disposto neste apartado será de aplicación ós
datos utilizados para a prestación de servizos de consulta sobre
números de abonado.
Treceava.- Réxime Xurídico
As presentes Condicións Particulares incorpóranse ás
Condicións Xerais dos diferentes Servizos de Acceso ADSL Ya.com,
sendo, polo tanto, ditas Condicións Xerais aplicables en todos os
seus termos, agás naqueles no que se contradiga co establecido no
presente documento, en cuxo caso prevalecerá o aquí pactado.
Condicións aplicables ó Servizo de Portabilidade de Numeración
Xeográfica
1.- Definicións.
Operador Donante: O operador desde o que a numeración é
portada a outro operador distinto.
Operador Receptor: Ya.com, como operador con obriga de facilitar a conservación
da numeración que solicita a un Operador Donante, en nome e representación
do titular, para unha determinada liña ou grupo de liñas
contratadas, a portabilidade do número vinculado a dita liña
ou liñas.
2.- Obxecto.
Polo servizo de portabilidade entenderase aquel procedemento mediante
o cal Ya.com cursa a solicitude subscrita polo Titular de causar baixa
no Operador Donante, e simultaneamente a alta no servizo de Ya.com, conservando
a súa numeración.
3.-Solicitude de servizo.
A solicitude do servizo de portabilidade de numeración realizarase,
en todo caso, polo Titular da liña contratada co do Operador Donante,
quen firmará a mesma.
O Cliente comprométese a completar e firmar a Solicitude de Portabilidade
de acordo co modelo facilitado por Ya.com.
4.-Autorización do Solicitante.
O Titular da liña telefónica autoriza expresamente ó
Operador Receptor a realizar no seu nome todos os trámites necesarios
para levar a cabo a habilitación ante o correspondente Operador
Donante, da solicitude de portabilidade, previas as oportunas verificacións
sobre a validez da solicitude e, no seu caso, os trámites e comunicacións
de solicitude de habilitación, na forma legalmente establecida,
co Operador Donante, quen deberá notificar ó Operador Receptor
o resultado correspondente a tal solicitude.
5.-Activación.
No suposto de que a solicitude de portabilidade sexa aceptada polo Operador
Donante, este comunicará a Ya.com dentro do prazo máximo
de 12 horas hábiles desde a recepción da mesma, a data e
hora en que terá lugar a ventá de cambio, dentro dun período
comprendido entre os 3 e os 5 días desde a recepción da
solicitude de portabilidade. Ya.com informará ó Titular
do momento en que se realizará dito cambio. A duración da
ventá de cambio será de tres (3) horas, se ben poderá
prolongarse ata seis (6) horas no caso de que se produza paralelamente
a desagregación do par. O Titular acepta a posible interrupción
ou limitación na prestación do servizo durante o tempo mínimo
indispensable fixado pola normativa vixente, para realizar os traballos
de cambio de operador.
Se o titular desexase cancelar a activación da portabilidade solicitada,
deberá realizalo cunha anterioridade de 24 horas ó comezo
da ventá de cambio.
6.-Causas de denegación e aprazamento da solicitude.
Serán causas de denegación e aprazamento da presente solicitude,
as establecidas nas especificacións técnicas aplicables
á conservación de números en redes fixas aprobadas
pola CMT.
7.-Protección de Datos.
O titular autoriza expresamente a que os datos persoais necesarios para
a conservación dos seus números, tanto os incluídos
na solicitude como os que coñece o operador con quen ten contratado
o servizo, poidan ser transferidos ós operadores involucrados no
proceso de portabilidade.
8.-Responsabilidade.
Para aqueles supostos en que cursada e activada a presente solicitude
de portabilidade, se orixinasen por causas alleas e/ou non imputables
a Ya.com, perturbacións na prestación do servizo telefónico,
como a non recepción de chamadas polo Titular ou a entrega incorrecta
das chamadas efectuadas polo mesmo, e en particular cando as mesmas foran
debidas á non adecuación, conforme á lexislación
vixente, das redes de terceiros operadores involucrados no proceso de
portabilidade, Ya.com quedará exonerada de cantas responsabilidades
de todo tipo puideran derivarse ó respecto. Sen prexuízo
desto, Ya.com fará os seus mellores esforzos co obxecto de pescudar
e pór en coñecemento do Titular a orixe de tales perturbacións
respecto á prestación do servizo telefónico contratado

|