|

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN DO
SERVICIO DE ACCESO YA.COM ADSL + LLAMADAS
France Telecom España Internet Service Provider, S.A.U. (antes
T-Online Telecommunications Spain, S.A.U., en adiante YA.COM),
con domicilio social en Avda. Bruselas núm.20, 28108 Alcobendas
(Madrid) y CIF A-82383415, pon a disposición do CLIENTE un servicio
de acceso a Internet a alta velocidade denominado Servicio de Acceso
YA.COM ADSL, nos termos que se establecen nestas Condicións
Xerais.
Calquera das seguintes accións polo CLIENTE implicará a
súa aceptación expresa das presentes Condicións Xerais:
a activación do botón "Aceptar· no proceso de
contratación electrónica e/ou o pago de calquera dos cargos
polo Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
O CLIENTE poderá contratar calquera das modalidades do Servicio
de Acceso YA.COM ADSL única e exclusivamente no marco dos distintos
paquetes ou ofertas comerciais (en adiante, as "Ofertas Comerciais")
que YA.COM poñerá a disposición do mesmo en cada
momento a través da URL http://acceso.ya.com (en adiante, la "Páxina
de Acceso").
Entenderase por CLIENTE toda persoa física ou xurídica
que emprega ou solicita o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, que non
explota redes públicas de comunicacións nin presta servicios
de comunicacións electrónicas dispoñibles para o
público nin tampouco os revende e que desexe e teña capacidade
xurídica suficiente para contratar os servicios de YA.COM.
YA.COM non será responsable da falsidade na información
aportada polo CLIENTE á hora de realizar a contratación.
Primeira.- Obxecto
As presentes Condicións Xerais teñen por obxecto establecer
o marco no que YA.COM prestará ó CLIENTE, e este empregará,
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL. O Servicio de Acceso YA.COM
ADSL prestarase exclusivamente en territorio español e para
a súa prestación será condición indispensable
o cumprimento por parte do CLIENTE dos Requisitos Previos que se recollen
na Condición Segunda.
O Servicio de Acceso YA.COM ADSL préstase ó CLIENTE,
segundo a modalidade escollida polo mesmo, en calidade de CLIENTE final,
para o seu uso exclusivo no domicilio de instalación indicado no
proceso de contratación, non podendo este actuar de revendedor
nin distribuidor de ningún tipo fronte a terceiros nin empregar
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL fóra do domicilio de instalación.
O Servicio de Acceso YA.COM ADSL consistirá nunha liña
ADSL (Liña de Aboado Dixital Asimétrica), que proporcionará
ó CLIENTE acceso a Internet a alta velocidade (na modalidade de
velocidade provista por YA.COM na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE).
A tecnoloxía ADSL permite ó CLIENTE separar as entradas
de voz e datos pola súa liña telefónica, de modo
que se fai compatible a concorrencia da navegación en Internet
co mantemento de conversacións telefónicas.
Segunda.- Requisitos Previos
O cumprimento dos requisitos que a continuación se detallan consideraranse
imprescindibles e necesarios para a prestación do Servicio de
Acceso YA.COM ADSL:
2.1. Requisitos do equipo informático do CLIENTE. Este
deberá reunir as seguintes características mínimas:
· Sistema operativo Windows 98, XP, Millenium, 2000, NT, Mac,
Linux ou calquera outro que YA.COM comunique no futuro.
· Pentium 233 Mhz ou superior.
· 32 MB de memoria RAM ou superior.
· Equipamento informático de conexión a Internet
consistente nun Hardware de Conexión compatible coa liña
ADSL contratada (MODEM, ROUTER ou similar) e/ou un/s Accesorio/s de
Conexión compatible/s co Hardware de Conexión utilizado
polo CLIENTE (Tarxeta de Rede, Porto USB ou similar).
YA.COM, no marco das Ofertas Comerciais a través das que ofrece
o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, poderá poñer a
disposición do CLIENTE para a súa adquisición o Hardware
de Conexión e/ou o Accesorio de Conexión. A definición
do Hardware de Conexión e/ou Accesorio de Conexión e as
características específicas dos mesmos serán indicadas
por YA.COM en cada intre a través da Páxina de Acceso no
marco de cada Oferta Comercial.
2.2. Requisitos da liña de acceso telefónico do CLIENTE.
Este deberá reunir as condicións mínimas que se indican
a continuación:
· Ter contratada no domicilio de instalación unha liña
telefónica fixa analóxica RTB.
· Posuír unha conexión cunha central telefónica
con servicio ADSL e a calidade de liña suficiente para a prestación
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
· Non existencia de incompatibilidades: Servicio Novacom (RDSI),
Servicio Teletax, Fío Musical, Servicio TRAC (Telefonía
Rural de Acceso Celular), Liñas de Back ou circuítos alugados
(Frame Relay, IP Básico), Servicio de Rede Delta, extensións
de centraliña, Ibercom así como calquera outro servicio
que existira no futuro de calquera operador telefónico que fora
incompatible co Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
2.3. Requisitos de instalación.
2.3.1 Autorización da alta como usuario de liña
ADSL (en adiante, "Alta· ).
2.3.2 Instalación do(s) elemento(s) de filtrado de datos
no punto de conexión, que permita o uso compartido e concorrente
da liña telefónica para a transmisión de voz e
datos (en adiante, "Elemento de Filtrado· ). A instalación
do Elemento de Filtrado, en función do sistema empregado será
realizada en cada caso polo CLIENTE ou por YA.COM conforme ó
indicado na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.
No caso de ser necesaria a verificación da liña no domicilio
do CLIENTE, trala autorización da alta como usuario do Servicio
de Acceso YA.COM ADSL, dito servicio será realizado polos
membros do Equipo Técnico de YA.COM no domicilio do CLIENTE previo
acordo entre eles de data e hora. En tal caso, mediante a activación
polo CLIENTE do botón "Aceptar· a estas Condicións
Xerais no proceso de contratación electrónica, o CLIENTE
autoriza a entrada no seu domicilio e a manipulación da conexión
telefónica polo persoal do Equipo Técnico de YA.COM.
No caso de que por ausencia do CLIENTE no domicilio de instalación
ou por denegación da entrada ó mesmo dos membros do Equipo
Técnico de YA.COM, non se puidera efectivamente verificar a liña
no domicilio do CLIENTE, YA.COM poderá esixir ó CLIENTE
os gastos en que incorrera por Non Activación do Servicio que
resulten aplicables en virtude da Condición Sétima das
presentes Condicións Xerais.
2.4. Outros Requisitos. O CLIENTE, durante un período mínimo
de DOCE (12) meses non poderá subscribir con YA.COM dúas
Ofertas Comerciais que inclúan a provisión de Hardware de
Conexión.
Terceira.- Características do Servicio de
Acceso YA.COM ADSL
As distintas Ofertas Comerciais do Servicio de Acceso YA.COM ADSL
ofrecidas por YA.COM en cada intre a través da Páxina de
Acceso compoñeranse dos seguintes elementos:
3.1. Horario: O Servicio de Acceso YA.COM ADSL será
ofrecido por YA.COM no marco das distintas Ofertas Comerciais de conformidade
con algunha das seguintes modalidades de horario:
Modalidade TP 24 Horas: acceso durante as VINTECATRO (24) horas
do día.
Modalidade Horario Reducido: acceso durante o horario comprendido entre
as 18.00 e as 8.00 horas de luns a venres (horario peninsular), e as 24
horas do día os fins de semana (sábados e domingos) e os
festivos de ámbito nacional. Nesta modalidade, a conexión
operada fóra do horario indicado será facturada ó
CLIENTE por cada minuto de conexión dacordo coa Oferta Comercial
vixente.
Modalidade por volume ou consumo: acceso durante as VINTECATRO
(24) horas do día. Nesta modalidade, facturase ó CLIENTE
en función do volume descargado polo CLIENTE ou consumos realizados
conforme as tarifas vixentes en cada momento e que figuran na Oferta Comercial
correspondente.
3.2 Respecto ós prezos de cada unha das modalidades de Ofertas
Comerciais, os mesmos estarán dispoñibles na Páxina
de Acceso, atopándose sempre actualizados.
3.3. Elemento de Filtrado: O CLIENTE poderá obter o Servicio
de Acceso YA.COM ADSL cos seguintes Elementos de Filtrado para a súa
instalación no punto de conexión:
|
Modalidade de Elemento de Filtrado
|
|
Filtrado distribuído (Microfiltros)
|
|
Filtrado centralizado (Splitter)
|
A instalación do Filtrado distribuído (Microfiltros) será
sempre e en todo caso realizada polo CLIENTE mediante un sistema guiado
de auto instalación.
A instalación do Filtrado centralizado (Splitter) será
realizada por YA.COM, nos termos indicados na Condición 2.3. anterior.
3.4. Modalidade de Conexión I.P. (Internet Protocol): dirección
I.P. fixa ou dinámica.
3.5. Soporte Técnico: O Servicio de Acceso YA.COM ADSL
inclúe a prestación dun Servicio de Soporte Técnico
en horario de 8:00 a 24:00 horas.
3.6. Prazo de conexión inicial: O prazo de conexión
inicial do servicio será dun máximo de 30 (trinta) días.
A elección da Velocidade, Horario, Elemento de Filtrado e Modalidade
de Conexión I.P. será realizada polo CLIENTE durante o proceso
de contratación electrónica exclusivamente no marco das
Ofertas Comerciais definidas por YA.COM e dispoñibles na Páxina
de Acceso, estando o CLIENTE obrigado a completar o formulario de alta
no Servicio para a válida subscrición do mesmo.
3.7. Tipo de mantemento ofrecido: YA.COM ofrece ó CLIENTE
un mantemento integral do Servicio de Acceso YA.COM ADSL que inclúe
a liña de datos, o equipamento necesario para a conectividade e
a rede de acceso.
Do mesmo modo, inclúese o soporte na configuración de tódolos
compoñentes necesarios para a conectividade: configuración
básica e avanzada do CPE (router), configuración dos servicios
TCP/IP do sistema operativo do CLIENTE, instalación do software/hardware
dos compoñentes do equipo de conexión se fose necesario
e son subministrados por YA.COM así como o soporte dos servicios
de valor engadido (contas de correo, hosting, etc.) que se entreguen,
no seu caso, co Servicio.
No caso de avaría nalgún destes servicios, YA.COM xestiona
integralmente a avaría unha vez que o CLIENTE o notifica oportunamente
ó Centro de Atención ó CLIENTE, comunicando YA.COM
a resolución da mesma unha vez que se teña producido.
Cuarta.- Servicios Adicionais
Adicionalmente, as distintas Ofertas Comerciais ofrecidas por YA.COM
ó CLIENTE para a prestación do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL poderán incluír a prestación dunha serie
de Servicios Adicionais. A subscrición das condicións que
regulan ditos Servicios Adicionais realizarase, ben coa subscrición
do presente Contrato, ou ben a través da Páxina de Acceso.
Os Servicios Adicionais incluídos no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL e cuxa contratación e aceptación será automática
no momento da subscrición do presente contrato, poderán
ser os seguintes:
4.1. Servicio de Contas de Correo Electrónico: No marco
da contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, YA.COM
poñerá a disposición do CLIENTE sen custo adicional
un servicio de Contas de Correo Electrónico.
4.2. Servicio de IP fixa: YA.COM pon a disposición do CLIENTE
un servicio consistente na asignación dunha IP fixa, que terá
o custo que se indica na Oferta Comercial de cada momento. As características
deste servicio son:
(i) YA.COM cederá ó CLIENTE o uso dun enderezo IP que
se lle asignará en cada conexión. O CLIENTE non será
o titular do enderezo IP.
(ii) YA.COM reservará o enderezo IP exclusivamente a ese CLIENTE.
(iii) Non obstante o anterior, YA.COM poderá modificar o enderezo
IP asignado como medida extraordinaria por necesidades técnicas
do servicio e sempre mediando un preaviso de 15 (quince) días.
Neste caso, o CLIENTE recibirá instruccións precisas para
que a modificación da dirección IP non lle cause ningún
prexuízo.
4.3. Servicio de Hosting :YA.COM pon a disposición do CLIENTE
sen custo adicional, no marco das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada
intre, un determinado espacio en páxinas web persoais, cun consumo
máximo de taxa de transferencia (ancho de banda) de UN (1) Megabyte
por páxina vista. A prestación do servicio axustarase ás
seguintes condicións:
4.3.1. Descrición do Servicio: Servicio de almacenamento
de información do CLIENTE ou que este estea autorizado a divulgar,
nun servidor de YA.COM posto á súa disposición
durante a vixencia do Contrato. O Servicio configúrase como un
Servicio Adicional do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, no marco
das ofertas que así o establezan, polo que só poderá
ser contratado de forma conxunta co Servicio de Acceso YA.COM ADSL
e no marco dos devanditos paquetes ou ofertas comerciais. O Servicio
presenta as seguintes características:
· Conectividade:
- Conectividade redundante
- Punto de presencia en Espanix
· As instalacións de YA.COM disporán das seguintes
condicións:
- Sistema de refrixeración
- Sistema de detección de incendios
- Sistemas de Alimentación duplicada
- Acceso a local restrinxido: Só á persoa ou persoas autorizadas
- Seguridade con vixilancia permanente 24 * 7
- Estructura de firewalls en redundancia
· Mantemento dos servidores:
O custo do mantemento do servidor correrá a cargo de YA.COM,
agás que o CLIENTE actuara de forma neglixente ou incluso aloxara
aplicacións que poidan producir algún dano no servidor,
en cuxo caso o CLIENTE será responsable dos danos e prexuízos
que se ocasionen a YA.COM.
· Nivel de servicio
- YA.COM comprométese a realizar os seus máximos
esforzos para garantir o adecuado almacenamento da Información,
de forma que se atope a disposición dos usuarios de Internet
de forma ininterrompida durante a vixencia do presente contrato.
- Non obstante, YA.COM non será responsable das interrupcións
de dispoñibilidade de dita Información motivadas por causas
de forza maior ou fora do control de YA.COM.
- YA.COM poderá interromper de forma temporal o almacenamento
da Información nos seus Servidores, ou la dispoñibilidade
da mesma por parte dos usuarios de Internet, por motivos de seguridade,
ou por reestructuración dos recursos informáticos de YA.COM
destinada a mellorar os seus servicios de almacenamento e posta a disposición
da Información a través de Internet. En calquera caso,
YA.COM realizará os seus máximos esforzos para que tales
interrupcións afecten de forma mínima ó CLIENTE.
YA.COM non responderá dos prexuízos causados por ditas
interrupcións, si estas foran comunicadas ó CLIENTE cunha
antelación mínima de 48 horas.
- Cando o servidor é xestionado polo CLIENTE, YA.COM non será
responsable da dispoñibilidade do servicio nin doutros servicios
asociados.
4.3.2. Obrigas do CLIENTE: O CLIENTE comprométese,
durante o período de vixencia do contrato, ó correcto
emprego do servicio e a cumprir coa normativa vixente en cada intre:
· O CLIENTE recoñece a propiedade de YA.COM sobre os
métodos, coñecementos, saber facer e procedementos empregados
no desenvolvemento e execución das prestacións do presente
contrato e será o titular dos dereitos de imaxe, da propiedade
intelectual, industrial ou de calquera outra natureza sobre os contidos
ou contará coas oportunas licencias ou dereitos de uso, exonerando
a YA.COM de calquera reclamación que puidera proceder de terceiros.
· O CLIENTE designará, á entrada en vigor do contrato,
unha persoa de contacto con facultades para tomar decisións no
nome do CLIENTE e que actuará como único interlocutor
con YA.COM.
· O CLIENTE comprométese a facilitar a colaboración,
os datos, as especificacións e documentos necesarios para o cumprimento
das obrigas que poidan xurdir do presente contrato.
· O CLIENTE accederá por medios telemáticos ó
servidor de YA.COM unicamente para aloxar, modificar ou suprimir datos
aloxados no mesmo. A estes efectos, YA.COM proverá ó CLIENTE
dun usuario e clave que permita un acceso remoto.
· Prohíbese o uso do servidor contrario á boa fe
e en particular, de forma non exhaustiva:
- O emprego que resulte contrario ás leis españolas ou
que infrinxa os dereitos de terceiros.
- A publicación ou a transmisión de calquera
contido que a xuízo de YA.COM resulte violento, obsceno, abusivo,
ilegal, racial, xenófobo ou difamatorio.
- Os cracks, números de serie de programas ou calquera outro
contido que vulnere dereitos da propiedade intelectual de terceiros.
- A recollida e/ou emprego de datos persoais de outros usuarios sen
o seu consentimento expreso, ou contravindo a Lei Orgánica 15/1999,
de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter
persoal.
- O emprego do servidor con fins do chamado spamming (envío de
correo masivo non desexado, de tipo comercial ou de calquera outra natureza)
así como do mail bombing (envío de grandes mensaxes co
fin de bloquear un servidor) e phishing (adquisición de forma
fraudulenta e a través de engano, de información persoal
como contrasinais ou detalles dunha tarxeta de crédito).
4.3.3. YA.COM resérvase a facultade de eliminar os contidos
albergados nos seus servidores que vulneren o establecido na presente
Cláusula ou de adoptar calquera outra medida que considere necesaria
para evitar a continuidade na comisión do ilícito ou da
infracción que fora detectada sen necesidade de comunicación
previa ó CLIENTE.
4.3.4. A información almacenada no servidor de YA.COM
pertencerá, a tódolos efectos, ó CLIENTE, quen
será o único responsable, segundo o disposto no artigo
16 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servicios da sociedade da información
e de comercio electrónico.
Os Servicios Adicionais incluídos, no seu caso, nas distintas
Ofertas Comerciais, e cuxa contratación deberá realizarse
de forma independente a través da páxina de acceso, poderán
ser os seguintes:
4.4. Servicio de Seguridade Informática "Security Suite·
: YA.COM poderá poñer a disposición do CLIENTE no
marco das Ofertas Comerciais ofrecidas en cada momento, un servicio de
Seguridade Informática "Security Suite· . As condicións
particulares que regulan a prestación deste servicio atópanse
dispoñibles para o CLIENTE na Área de CLIENTEs, entendendo
por esta a sección accesible polos CLIENTEs de YA.COM dende a Páxina
de Acceso www.YA.COM e identificada como tal, para xestionar as cuestións
relacionadas cos servicios que en cada intre teña contratados o
CLIENTE.
4.5. Un Dominio e un Servicio de Xestión de Dominios: YA.COM
poderá poñer a disposición do CLIENTE no marco das
Ofertas Comerciais ofrecidas en cada intre un dominio propio (en adiante,
"o teu dominio· ) do tipo .com, .net, .org, .biz, .info, .es,
a elixir polo CLIENTE. As Condicións Particulares que regulan a
prestación do Servicio de Xestión de Dominios YA.COM atópanse
a disposición do CLIENTE na Páxina de Acceso á Tenda
de Dominios YA.COM e serán accesibles dende as Ofertas Comerciais
que incorporen este Servicio Adicional.
4.6. Servicio de Voz a través de Preselección ou Marcación
Directa: YA.COM poderá poñer a disposición do
CLIENTE no marco das Ofertas Comerciais de ADSL ofrecidas en cada intre,
un Servicio de Voz na modalidade de acceso indirecto a través de
preselección ou marcación directa, que será subministrado
por YA.COM. As Condicións Particulares aplicables a este Servicio
serán postas a disposición do CLIENTE e deberán ser
aceptadas por este no intre da contratación do Servicio expresa
e adicionalmente ás presentes Condicións Xerais.
Quinta.- Obrigas das Partes
5.1. Obrigas de YA.COM.
A partires da data en que se acredita o cumprimento polo CLIENTE dos
Requisitos Previos (en adiante, "Data de Activación do Servicio·
), YA.COM estará obrigado a:
· Prestar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL ó CLIENTE
nas condicións expostas neste documento e na Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE.
· Facilitarlle ó CLIENTE a posibilidade de resolver o contrato
sen custo algún para o mesmo, se no prazo de 7 (sete) días
dende a recepción dos elementos necesarios para a prestación
do servicio, o CLIENTE manifestase mediante calquera forma admitida no
dereito, a súa vontade de resolver o contrato, debendo o CLIENTE
neste caso devolver tódolos elementos recibidos.
· Poñer a disposición do CLIENTE os Servicios Adicionais,
no seu caso, contratados polo CLIENTE xunto co Servicio de Acceso YA.COM
ADSL.
· Prestar o servicio de Soporte Técnico en horario de 8.00
a 24.00 horas a través dunha liña telefónica de Atención
ó CLIENTE cuxo número entregarase ó CLIENTE xunto
coa guía de instalación do Servicio.
· Dispoñer dun servicio de Atención ó CLIENTE
cuxo número é o 902 902 902, en horario de 8 a 24 horas,
onde o CLIENTE poderá solicitar toda a información que requira
sobre os servicios dispoñibles, así como o procedemento
a seguir para a presentación de calquera reclamación ou
queixa derivada da prestación de servicios.
· Manter o Servicio de Acceso YA.COM ADSL operativo para
o seu emprego no horario contratado polo CLIENTE, agás as interrupcións
temporais debidas a operacións de mantemento do mesmo.
As devanditas interrupcións comunicaranse, na medida do posible,
coa antelación suficiente ó CLIENTE mediante a Páxina
de Acceso ó Servicio ou vía correo electrónico. A
anterior obriga non será esixible a YA.COM no caso de forza maior
ou se se produce unha caída da rede de datos que sirve de base
para a prestación do mesmo allea á súa vontade e
control.
· Manter e garantir o segredo nas comunicacións, salvo
requirimento da autoridade xudicial ou administrativa competente, en cuxo
caso, resérvase o dereito de facilitar a información requirida
polas mesmas sen preaviso ó CLIENTE.
5.2. Obrigas do CLIENTE
Con efectividade dende a Data de Activación do Servicio, o CLIENTE
virá obrigado a:
· Manter, no seu caso, o Contrato durante o período de
duración inicial obrigado indicado nas condicións da Oferta
Comercial contratada polo CLIENTE.
· Abona-las cantidades debidas polo Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, conforme estas queden definidas na Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE.
· Devolver a YA.COM os Descontos Aplicados no suposto de que resulte
aplicable en virtude do disposto na Cláusula Sétima das
presentes Condicións Xerais e, na oferta comercial con arranxo
á cal o CLIENTE contrate o Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
· Non empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL de forma
en que poida contravir a lei ou estas Condicións Xerais, en particular
prohíbese ó CLIENTE o emprego do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL para a comisión de ilícitos penais, o envío
non solicitado de comunicacións publicitarias ou comerciais ("spam·
), a vulneración de lexislación en materia de Propiedade
Intelectual, Patentes e Marcas e/ou a infracción de calquera lexislación
que resulte aplicable ó emprego polo CLIENTE do Servicio de
Acceso YA.COM ADSL.
· Non empregar o Servicio de Acceso YA.COM ADSL para a
súa revenda, cesión ou explotación comercial a terceiros
por parte do CLIENTE sen consentimento expreso e escrito de YA.COM.
· Gardar e custodiar as claves de acceso e o identificador de
CLIENTE facilitados. O CLIENTE asume, polo tanto, cantos danos e/ou prexuízos
de todo tipo que se deriven do quebrantamento ou revelación de
ditos contrasinais. O CLIENTE poderá en calquera intre cambiar
o contrasinal.
· Custodiar e preservar, no seu caso, a conexión sen arames,
facéndose responsable das consecuencias das posibles conexións
que terceiros puideran levar a cabo empregando o ancho de banda contratado
polo CLIENTE para o acceso a Internet ou accedendo á información
contida polo equipamento informático do CLIENTE.
Sexta.- Duración e Terminación
A duración do contrato é indefinida. Non obstante, poderá
ter unha duración inicial obrigada, que se indicará, no
seu caso, na Oferta Comercial subscrita polo CLIENTE (en adiante, o "Período
Inicial Obrigado· ), a contar a partires da Data de Activación
do Servicio. Neste caso, o contrato renovarase automaticamente ó
seu remate por períodos anuais, agás notificación
expresa en contra pola parte do CLIENTE con ó menos QUINCE (15)
días de antelación á data de renovación.
Unha vez rematado o Período Inicial Obrigado, no seu caso,
o CLIENTE poderá en calquera intre, sen necesidade de proceder
á Devolución de Descontos Aplicados indicados na Condición
Sétima, pedir a baixa voluntaria no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL nas condicións indicadas no parágrafo seguinte:
A baixa voluntaria no Servicio de Acceso YA.COM ADSL por parte
do CLIENTE poderá ser notificada polo mesmo cunha antelación
de cando menos QUINCE (15) días á data efectiva de baixa
empregando calquera dos seguintes procedementos: i) Notificación
por escrito a YA.COM, ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108
Alcobendas (Madrid), axuntando copia do seu Documento Nacional de Identidade.
ii) A través do teléfono de Atención ó CLIENTE
902 902 886, facilitando os seus datos persoais (nome, dirección,
D.N.I., etc.), así como a súa vontade inequívoca
de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións que se lle
facilitarán. iii) A través do espazo habilitado a tal efecto
na páxina Web Área de CLIENTE, enchendo o formulario habilitado
ó efecto cos seus datos persoais, así como a súa
vontade inequívoca de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións
que se lle facilitarán.
No suposto de baixa durante o Período Inicial Obrigado,
no seu caso, será de aplicación a Devolución dos
Descontos Aplicados, de acordo co indicado na Condición Sétima.
A baixa, no Servicio de Acceso YA.COM ADSL e, no seu caso, dos
servicios adicionais farase efectiva pasados quince días dende
a solicitude do CLIENTE. YA.COM devolverá as cantidades correspondentes
ó servicio ou servicios cobrados dende a data efectiva da baixa
ata o último día do período de facturación.
Se se producise o incumprimento dalgunha das súas obrigas por
parte de YA.COM, o CLIENTE deberá notificar a este dito incumprimento
de forma inmediata e fidedigna. Transcorridos QUINCE (15) días
dende a notificación sen que medie rectificación por YA.COM
do incumprimento, o CLIENTE poderá optar por dar por rematado o
contrato, sen necesidade de devolver os Descontos Aplicados ós
que se refire a Condición Sétima. Ámbalas dúas
Partes acordan que este será o único efecto no caso de resolución
contractual por esta causa.
YA.COM resérvase o dereito a interromper o Servicio de Acceso
YA.COM ADSL ou resolver de maneira inmediata a relación co
CLIENTE, se detecta un emprego do mesmo contrario ás presentes
Condicións Xerais, á lexislación vixente ou no caso
de falta de pago por parte do CLIENTE dalgunha das cantidades debidas.
Sétima.- Condicións Económicas
7.1O CLIENTE pola prestación do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL deberá aboar a YA.COM:
· Unha cota de alta inicial no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL que será aboada polo CLIENTE conxuntamente coa primeira
cota fixa mensual, sen perxuizo do que a Oferta Comercial contratada polo
CLIENTE poida establecer en relación a descontos no pago da cota
de alta inicial.
· Unha cota fixa mensual, que será aboada polo CLIENTE
por meses anticipados. Esta cota fixa mensual variará en función
das características da Oferta Comercial do Servicio de Acceso
YA.COM ADSL contratadas polo CLIENTE.
· Gastos, no seu caso, por consumos realizados ou volume descargado
segundo a modalidade elixida polo CLIENTE.
· Gastos de tramitación de baixa, os cales especifícanse
na Oferta Comercial, que o CLIENTE deberá aboar no momento no que
solicite a baixa do Servicio.
· Adicionalmente, a Oferta Comercial contratada polo CLIENTE poderá
incluír a adquisición do Hardware de Conexión, Accesorio
de Conexión e/ou calquera outro equipamento informático
por parte do CLIENTE. O prezo de ditos dispositivos poderá estar
incluído na cota fixa mensual que está obrigado a aboar
o CLIENTE ou poderá consistir nunha cantidade única que
deberá ser aboada dunha sola vez conxuntamente coa primeira cota
fixa mensual, salvo que como parte da Oferta Comercial contratada polo
CLIENTE se establezan descontos de dito concepto, condicionado á
permanencia do CLIENTE durante un período inicial.
· Cota de abono: YA.COM non cobrará importe algún
en concepto de cota de abono.
· Tódolos pagos realizaranse por defecto mediante domiciliación
bancaria. Non obstante lo anterior, O CLIENTE poderá solicitar,
mediante chamada telefónica ó servicio de Atención
ó CLIENTE dispoñible no número 902 024 084, aboar
as súas facturas a través de calquera outro medio de pago
dos habilitados.
· As cantidades específicas que o CLIENTE deberá
abonar a YA.COM en concepto de cota de alta inicial, cota fixa mensual,
consumos realizados se se aplicasen e no seu caso, Hardware de Conexión
e/ou Accesorio de Conexión e/ou equipamento informático,
serán as que se establezan para cada Oferta Comercial nas táboas
de tarifas publicada por YA.COM en cada momento a través da URL
http://www.acceso.YA.COM/tarifas e serán facturadas por YA.COM
ó CLIENTE de forma telemática de conformidade coa lexislación
vixente.
7.2. No caso de falta de pago polo CLIENTE dalgunha das cantidades
anteriormente mencionadas, YA.COM resérvase o dereito a suspender
temporalmente o Servicio de Acceso YA.COM ADSL. Transcorridos QUINCE
(15) días dende a suspensión do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL sen que o CLIENTE satisfixera as cantidades debidas, YA.COM poderá
suspender o Servicio definitivamente, dando por rematado o contrato co
CLIENTE por causa imputable ó mesmo.
7.3. Devolución de Descontos Aplicados: no caso de remate
do Contrato por causa non imputable a YA.COM, ben sexa polo incumprimento
por parte do CLIENTE das súas obrigas con arranxo ó mesmo,
ben sexa pola súa solicitude de baixa voluntaria durante o Período
Inicial Obrigado, o CLIENTE verase na obriga de devolver a YA.COM, ademais
do pago dos gastos de tramitación de baixa indicados en cada Oferta
Comercial de conformidade co establecido na presente Condición,
os Descontos Aplicados. A fórmula de calcular a cantidade a devolver,
de forma que o CLIENTE devolva unha cantidade menor si permaneceu máis
tempo co Contrato en vigor, será aplicando a menor das cantidades
que se indican a continuación:
· a equivalente ó importe dos descontos percibidos polo
CLIENTE no marco da Oferta Comercial e ligados á súa permanencia
como CLIENTE durante o Período Inicial Obrigado, que será
de un ano, salvo que se estableza outro na Oferta Comercial. Terán
a consideración de descontos a estes efectos, a exención
do pago da cota de alta do Servicio de Acceso YA.COM ADSL, a
posta a disposición do equipo de conexión con carácter
gratuíto e calquera beneficio adicional que poida incluír
a Oferta Comercial contratada;
· ou o importe das cotas restantes ata completar o Período
Inicial Obrigado.
7.4. Non Activación do Servicio: no caso de non activación
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL por imposibilidade de entrega
do Hardware de Conexión por causa imputable ó CLIENTE, transcorridos
TRINTA (30) días naturais dende o primeiro intento de entrega do
devandito Hardware por parte de YA.COM no domicilio indicado a estes efectos
polo CLIENTE no intre da contratación, o CLIENTE verase obrigado
a reembolsar a YA.COM os gastos en que YA.COM incorrera para a xestión
da alta no Servicio de Acceso YA.COM ADSL cuxo importe será
indicado para cada Oferta Comercial a través da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas.
Oitava.- Responsabilidades
8.1. Comunicacións. YA.COM adoptará e instalará
as medidas e os medios técnicos que sexan esixibles pola lexislación
vixente, para garantir o segredo das comunicacións e integridade
do servicio no seu tránsito a través da rede de YA.COM.
De acordo co artigo 14 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servicios da
Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, YA.COM
non será responsable da información transmitida polos usuarios
a través da súa rede cando os datos foron subministrados
polo destinatario do servicio.
8.2. Calidade do Servicio. YA.COM comprométese a cumprir
cos niveis de calidade de cada un dos servicios contratados polo CLIENTE,
conforme ós parámetros e métodos que a lexislación
determine.
YA.COM indemnizará ó CLIENTE por interrupcións temporais
do servicio de máis de 24 horas ó longo dun período
de facturación, contadas a partir da súa notificación
polo CLIENTE e producidas por causas imputables a YA.COM. O CLIENTE percibirá
o importe correspondente á parte proporcional do período
de interrupción do servicio incrementado nun 10%, sen que esta
cantidade poida superar o importe correspondente a unha mensualidade.
O CLIENTE deberá solicitar a aplicación da devandita indemnización
no prazo de dúas semanas unha vez rematado o período facturado.
YA.COM procederá á súa aplicación nos seguintes
períodos de facturación.
8.3. Interrupcións temporais do Servicio.
8.3.1. Cando, durante un período de facturación,
o CLIENTE sufra interrupcións temporais do servicio de acceso
a Internet, o operador deberá compensar ó abonado coa
devolución do importe da cota mensual correspondente ó
Servicio de Acceso YA.COM ADSL, prorrateada polo tempo que durase
a interrupción. A estes efectos, YA.COM terá a obriga
de indemnizar automaticamente ó CLIENTE, na factura correspondente
ó período inmediato ó considerado, cando a interrupción
do servicio supoña o dereito a unha compensación por importe
superior a 1 euro.
8.3.2. Non será de aplicación o disposto no apartado
anterior cando a interrupción temporal estea motivada por algunha
das causas seguintes:
i. Incumprimento grave polo CLIENTE das condicións contractuais.
ii. Danos producidos na rede debido á conexión polo
abonado de equipos terminais que non teñan avaliado a conformidade,
de acordo coa normativa vixente.
8.3.3. A compensación prevista nesta cláusula
enténdese sen perxuizo da responsabilidade por danos que se produzan
ós usuarios finais, que se esixirá conforme ó previsto
no artigo 102.3 do Regulamento sobre as condicións para a prestación
de servicios de comunicacións electrónicas, o servicio
universal e a protección dos usuarios, aprobado polo Real Decreto
424/2005, de 15 de abril.
8.4. Datos persoais. YA.COM adoptou tódalas medidas de
seguridade legalmente esixidas para a protección dos datos persoais
subministrados polo CLIENTE.
8.5. Utilidade. Os dispositivos de enlace que YA.COM pon a disposición
dos CLIENTEs teñen por único obxecto facilitar ós
mesmos a busca da información dispoñible en Internet. YA.COM
non garante que o servicio sexa adecuado para a realización de
ningún servicio más alá do que se contrata nin que
permita acceso a tódolos sitios de Internet. YA.COM non ofrece
nin comercializa os productos e servicios dispoñibles nos sitios
enlazados nin asume responsabilidade algunha por tales productos ou servicios.
8.6. Emprego e Contidos. YA.COM, que actúa exclusivamente
como prestador dun servicio, non controla o uso que do Servicio de
Acceso YA.COM ADSL realiza o CLIENTE.
En tal senso, YA.COM non se fai responsable do uso e/ou dos contidos
que, en contravención ás leis ou as presentes Condicións
Xerais, o CLIENTE poida facer do mesmo, sendo o CLIENTE o único
responsable das consecuencias que o seu emprego ilícito ou contrario
a estas condicións puidera ter así como da veracidade e/ou
licitude dos contidos despregados nos Servicios Adicionais.
No caso de que YA.COM descubrira, ben de forma directa ou a través
de notificacións ou requirimentos de terceiros, a existencia de
contidos que puideran infrinxir a legalidade vixente ou as presentes Condicións
Xerais ou o emprego con fins fraudulentos, ilícitos e/ou non autorizados
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL incluídos os Servicios
Adicionais, YA.COM resérvase o dereito de suspender por si mesma
total ou parcialmente o Servicio de Acceso YA.COM ADSL, incluídos
os Servicios Adicionais, sen necesidade de autorización previa
do CLIENTE, mediante a eliminación dos contidos infractores ou
calquera outra medida que considere necesaria para evitar a continuidade
na comisión do ilícito ou da infracción detectada.
En ningún caso poderá o CLIENTE facer uso dunha taxa de
transferencia (consumo de ancho de banda), tanto ascendente como descendente,
superior ó autorizado na Oferta Comercial contratada polo CLIENTE.
Neste senso YA.COM non permitirá ó CLIENTE facer uso, tanto
da conexión ADSL como de calquera dos seus Servicios Adicionais,
para a transmisión e/ou difusión de elementos que, polas
súas características tales como tamaño, formato,
etc. dificulten o funcionamento dos Servicios Adicionais.
8.7. Sen prexuízo do anterior, YA.COM resérvase
a facultade de poñer en coñecemento das autoridades administrativas
ou xudiciais aqueles feitos que puideran ser constitutivos dunha actividade
ilícita, sen necesidade de comunicalo previamente ó CLIENTE.
8.8. Virus informáticos. YA.COM non controla nin garante
a ausencia de virus informáticos nos servicios prestados por terceiros
a través da súa rede de portais que poidan producir alteracións
no sistema informático (software e hardware) do CLIENTE ou nos
documentos e ficheiros electrónicos almacenados no seu sistema
informático.
Novena.- Propiedade Intelectual e Industrial
O CLIENTE recoñece que tódalas imaxes, deseños,
debuxos, contidos, logos, marcas e calquera outro producto susceptible
de estar protexido en virtude da lexislación aplicable en materia
de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas a que tivera acceso pola
subscrición do Servicio de Acceso YA.COM ADSL son propiedade
de YA.COM ou de terceiros titulares dos mesmos. O CLIENTE comprométese
a facer uso do Servicio de Acceso YA.COM ADSL respectando tales
dereitos.
A contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL polo CLIENTE
non implica en ningún caso cesión ó mesmo de dereitos
por YA.COM en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas. YA.COM
prohibe o emprego do Servicio de calquera forma que de maneira directa
ou indirecta supoña a contravención da lexislación
aplicable en materia de Propiedade Intelectual, Patentes e Marcas, sendo
tal actuación así como as súas consecuencias exclusiva
responsabilidade do CLIENTE, que manterá, en todo caso, indemne
a YA.COM.
Décima.- Modificación das Condicións
Xerais de Contratación do Servicio de Acceso YA.COM ADSL.
YA.COM poderá modificar as presentes Condicións Xerais
ou introducir novas condicións de uso, de conformidade coa lexislación
vixente, previa comunicación na Páxina de Acceso ó
Servicio de Acceso YA.COM ADSL e a notificación ós
usuarios finais afectados cun preaviso de TRINTA (30) días. As
devanditas modificacións só serán de aplicación
a partires da súa entrada en vigor.
O CLIENTE poderá resolver anticipadamente o contrato sen a obriga
de aboar cantidade algunha no caso de que non acepte as novas Condicións
Xerais ou as modificacións nas mesmas.
Undécima.- Modificacións Tecnolóxicas
YA.COM terá dereito a introducir cantos cambios nos sistemas e
instalacións do CLIENTE e/ou nas súas propias redes veñan
esixidos pola lexislación e/ou para manter e/ou mellorar a calidade
técnica do servicio (sempre e cando estes cambios non impliquen
modificacións nos aspectos esenciais do Servicio contratado), debendo
nestes casos realizar unha comunicación previa ó CLIENTE.
Duodécima.- Protección de Datos de Carácter
Persoal.
Como consecuencia da contratación do Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, o CLIENTE é consciente e acepta que os datos persoais
por el facilitados a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro
de datos de carácter persoal responsabilidade de YA.COM, cuxa finalidade
será a administración do servicio contratado e a xestión
das incidencias relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así mesmo
ó CLIENTE, que por necesidades técnicas da prestación
do servicio, ó acceder ó servidor de YA.COM, asignaráselle
un número IP (na modalidade contratada polo CLIENTE) que rexistrará
os accesos realizados a dito servidor. Este número IP será
igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta poida cumprir coas
finalidades descritas así como, no seu caso, cos requirimentos
das autoridades que, no exercicio das funcións que teñen
atribuídas, soliciten información relativa ó CLIENTE.
A entrega de tódolos datos requiridos para a contratación
do Servicio de Acceso YA.COM ADSL é obrigada, posto que
a recollida de todos eles faise necesario para cumprir coas finalidades
indicadas no parágrafo anterior. Desta forma, YA.COM poderá
denegar a contratación do Servicio ó interesado que non
facilite tales datos.
Así mesmo, o CLIENTE outorga o seu consentimento para que os datos
por el facilitados a YA.COM no marco do Servicio contratado, sexan igualmente
empregados por esta para as seguintes finalidades:
-Xestión do Programa de Fidelización (que poderá
incluír, entrega de regalos, xestión de promocións
especiais para CLIENTEs, información sobre novidades de YA.COM,
etc., que poderán ser remitidas por correo postal, e-mail, SMS
e/ou MMS).
- Envío por YA.COM de comunicacións comerciais de productos
e/ou servicios de YA.COM (servicios de telecomunicacións, servicios
da sociedade da información e comercio electrónico sobre
productos relacionados coa fotografía), xa sexa por correo postal,
e-mail, SMS e/ou MMS.
O CLIENTE poderá revocar o seu consentimento para o emprego dos
seus datos con calquera das finalidades mencionadas nos dous parágrafos
anteriores, así como exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e/ou oposición, dirixindo unha carta asinada
polo mesmo ó domicilio de YA.COM, a Avenida de Bruselas 20, Edificio
Gorbea 4, 28108 Alcobendas (Madrid), ó Departamento de Asesoría
Xurídica coa referencia "Protección de Datos·
, achegando copia lexible do seu DNI e indicando o enderezo ó que
YA.COM poida remitirlle a confirmación de ter cumprido coa súa
solicitude, ou no seu caso, os motivos que lle impiden levala a cabo plenamente.
Décimo terceira.- Notificacións
Tódalas notificacións, incluídos os escritos de
comunicación de baixa do CLIENTE no Servicio de Acceso YA.COM
ADSL, deberán ser enviados a YA.COM ó Apartado de Correos
núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid).
Decimocuarta.- Reclamacións
YA.COM dispón dun Centro de Atención ó CLIENTE,
que ten por obxecto atender e resolver as queixas e reclamacións
e calquera incidencia contractual que formule o CLIENTE e ó que
este poderá dirixirse.
Este servicio de Atención ó CLIENTE, de carácter
gratuíto, aportará ó CLIENTE por calquera reclamación,
queixa ou petición efectuada, un número de referencia da
incidencia formulada por este.
Así mesmo, infórmase ó CLIENTE do seu dereito a
solicitar ó Centro de Atención ó CLIENTE un documento
que acredite a presentación e contido da queixa ou reclamación
mediante calquera soporte que permita facelo.
As reclamacións poderán interporse a través do número
de teléfono 902 902 902 (ou o número que no seu caso o substitúa),
por correo postal ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108
Alcobendas (Madrid) ) ou por correo electrónico á dirección:
acceso@ya.com.
O CLIENTE deberá formular as súas queixas ou reclamacións
no prazo dun mes dende o momento en que se teña coñecemento
do feito que as motive. Formulada a reclamación, se o CLIENTE non
obtivera resposta satisfactoria de YA.COM no prazo de un mes, poderá
acudir ás vías indicadas nos apartados seguintes.
O CLIENTE poderá dirixir a súa reclamación ás
Xuntas Arbitrais de Consumo, nos termos establecidos na súa normativa
reguladora.
Para o suposto de que o CLIENTE ou YA.COM non se sometan ás Xuntas
Arbitrais, este poderá dirixirse, no prazo de tres meses dende
a resposta do operador ou o remate do prazo para responder, á Secretaría
de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.
Así mesmo o CLIENTE poderá dirixirse ós tribunais
competentes da xurisdicción ordinaria que correspondan.
Decimoquinta.- Linguas do contrato
As presentes Condicións Xerais están dispoñibles
en español, catalán, euskera, galego e inglés.
En caso de discrepancia, prevalecerá sempre a versión en
español.
CONDICIÓNS PARTICULARES DE CONTRATACIÓN
DO SERVICIO YA.COM VOZ A TRAVÉS DE "PRESELECCIÓN
OU MARCACIÓN DIRECTA
Primeira.- Obxecto e ámbito de aplicación
Estas Condicións Particulares teñen por obxecto establecer
o marco no que YA.COM prestará ó CLIENTE, e este empregará,
o Servicio Ya.com Voz na modalidade de acceso indirecto a través
da preselección ou marcación directa, que será subministrado
por YA.COM en colaboración cun operador de rede telefónica
fixa de cobertura nacional (en adiante, o "Operador de Rede Telefónica").
O Servicio Ya.com Voz, na modalidade de acceso indirecto a través
da preselección ou marcación directa, configúrase
como un servicio complementario dos Servicios de Acceso Ya.com, nas modalidades
que o permiten, polo que só poderá ser contratado de forma
conxunta con algún dos Servicios de Acceso Ya.com e exclusivamente
no marco dos distintos paquetes ou ofertas comerciais (en adiante, as
"Ofertas Comerciais") que YA.COM poñerá a disposición
do mesmo en cada momento a través da URL http://acesso.ya.com
(en adiante, a "Páxina de Acceso"). Estas Condicións
Particulares, polo tanto, complementan e aplicaranse de forma conxunta
coas Condicións Xerais de Contratación dos diferentes Servicios
de Acceso Ya.com.
O Servicio Ya.com Voz consiste na provisión dun servicio
de telefonía fixa con cobertura nacional que se ofrece na modalidade
de tarifa plana, é dicir, por unha cota fixa mensual, que cubrirá
tódalas chamadas indicadas na Oferta Comercial a números
xeográficos fixos, independentemente de quen sexa o operador telefónico
que reciba a chamada. Adicionalmente, o CLIENTE poderá, no marco
do Servicio Ya.com Voz, realizar outra serie de chamadas non incluídas
na tarifa plana, se ben estas chamadas cobraranse a razón de pago
por consumo. O Servicio Ya.com Voz non inclúe a realización
de chamadas a números de rede intelixente que serán realizadas
polo operador de acceso a través do cal teña contratado
o servicio fixo telefónico o CLIENTE.
O Servicio Ya.com Voz préstase ó CLIENTE en calidade
de cliente final para o seu uso exclusivo no domicilio residencial ou
social de instalación indicado no proceso de contratación,
non podendo este actuar de revendedor nin distribuidor de ningún
tipo fronte a terceiros nin empregar o Servicio Ya.com Voz fóra
do domicilio residencial ou social de contratación.
Entenderase por CLIENTE toda persoa física ou xurídica
que emprega ou solicita o Servicio Ya.com Voz e que non explota
redes públicas de comunicacións nin presta servicios de
comunicacións electrónicas dispoñibles para o público
nin tampouco os revende.
YA.COM non será responsable da falla de información ou
da falsidade na mesma á hora de realizar a contratación.
CLIENTE RESIDECIAL: Ser persoa física, tanto o CLIENTE como o
titular da liña telefónica para a que se solicita o Servicio.
CLIENTE EMPRESARIAL: Será necesario un representante legal co
poder suficiente para actuar no nome e representación da persoa
xurídica que contrate o servicio.
Segunda.- Requisitos Previos
O cumprimento por parte do CLIENTE e/ou do titular da liña para
a que se solicita o Servicio, segundo o indicado a continuación,
dos requisitos que se detallan, considerarase indispensable e necesario
para a prestación do Servicio Ya.com Voz, cuxa non concorrencia
impide a perfección do contrato do Servicio Ya.com Voz,
considerándose este por non celebrado a ningún efecto, sen
prexuízo do disposto nas Condicións Xerais da Contratación
dos Servicios de Acceso Ya.com do que este servicio se configura como
Servicio Adicional ó respecto da continuación da prestación
do servicio de acceso a Internet como servicio principal:
(i) Ser cliente en todo momento dalgún dos Servicios de Acceso
Ya.com contratado baixo unha Oferta Comercial ofrecida por YA.COM.
(ii) Cumprimentar de forma satisfactoria a solicitude de preselección
de operador ou marcación directa, segundo á normativa
de aplicación ó efecto e ó disposto nas Condicións
Específicas da Prestación do Servicio de Preselección
ou Marcación Directa que se establecen na Condición Décima
seguinte, o que implica, entre outros requisitos, a realización
dun procedemento de verificación telefónica por un terceiro.
O prazo de conexión inicial do servicio será dun máximo
de 30 (trinta) días, dende que o Servicio de Acceso co que se contrata
o Servicio YA.COM Voz se encontre activo.
Terceira.- Horario do Servicio Ya.com Voz.
O Servicio Ya.com Voz ofrecido por YA.COM en cada momento a través
das distintas Ofertas Comerciais prestarase ó CLIENTE na modalidade
de tarifa plana 24 horas para as chamadas a terminais telefónicos
fixos indicados na Oferta Comercial, excluíndo expresamente as
chamadas a números de rede intelixente. A realización de
chamadas distintas ás incluídas na tarifa plana facturaranse
de forma separada e adicional en función do consumo realizado polo
CLIENTE.
Cuarta.- Condicións de Emprego do Servicio
4.1. Solicitude de desconexión: Os CLIENTES poderán
dirixirse a YA.COM, en calquera momento durante a vixencia do contrato
para solicitar a desconexión do Servicio Ya.com Voz para
chamadas internacionais ou de servicios de tarificación adicional.
Os CLIENTES que estean interesados en solicitar a desconexión destes
servicios deberán dirixirse a YA.COM, chamando á liña
telefónica de Atención ó Cliente, cuxo número
é 902902902 ou por escrito ó Apartado de Correos núm.
1058, 28108 Alcobendas (Madrid).
YA.COM procederá a dita desconexión no prazo de DEZ (10)
días como máximo dende a recepción da comunicación
do CLIENTE. No caso de que dita desconexión non se levara a cabo
tras eses DEZ (10) días, por causas non imputables ó CLIENTE,
serán de cargo de YA.COM os custos derivados do servicio cuxa desconexión
se solicita.
4.2. Interrupcións temporais do Servicio: No suposto de
que se produzan interrupcións temporais do Servicio Ya.com Voz
imputables a YA.COM, esta devolverá ó CLIENTE, de acordo
co previsto na normativa vixente, a cantidade proporcional ó tempo
que permanecera sen Servicio, tomando como referencia a facturación
media mensual da liña avariada dos TRES (3) meses anteriores ó
período no que se produciu a avaría dividido entre o tempo
que durou a interrupción.
No caso dunha antigüidade inferior a tres meses, considerarase o
importe da factura media nas mensualidades completas efectuadas ou a que
se tivese obtido nunha mensualidade estimada de forma proporcional ó
período de consumo efectivo realizado.
Enténdese por interrupción do Servicio aquela avaría
na que o CLIENTE non poida facer ningunha chamada a través do Servicio
Ya.com Voz. Para o cálculo da duración da interrupción
do Servicio tomarase como INICIO a data e hora na que o Centro de Atención
ó Cliente de YA.COM reciba a notificación por parte do CLIENTE
e, como FINALIZACIÓN, a data e hora na que o Servicio quede restablecido.
YA.COM estará obrigado a indemnizar automaticamente ó CLIENTE,
na factura correspondente ó período inmediato ó considerado
cando a interrupción do servicio supoña o dereito a unha
indemnización por importe superior a 1 euro.
En interrupcións por causas de forza maior, YA.COM limitarase
a compensar automaticamente ó CLIENTE coa devolución do
importe da cota fixa mensual e outras independentes do tráfico,
dividido entre o tempo que durou a interrupción.
Non será de aplicación o anterior cando a interrupción
temporal estea motivada por algunha das causas seguintes:
i) Incumprimento grave polos aboados das condicións contractuais,
en especial no caso de fraude ou mora no pago.
ii) Polos danos producidos na rede debido á conexión polo
aboado de equipos terminais que non teñan avaliado a conformidade,
de acordo coa normativa vixente.
4.3. Reclamacións: As reclamacións sobre o funcionamento,
prezo, facturación, calidade e calquera outra cuestión que
puidera formularse coa prestación do Servicio Ya.comYA.COM Voz,
deberán dirixirse a YA.COMYA.COM no prazo de UN (1) mes dende o
momento en que se teña coñecemento do feito que as motive,
chamando á liña telefónica de Atención ó
ClienteCLIENTE cuxo número é o 902902902, ou por escrito
ó Apartado de Correos núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid)
u por correo electrónico á dirección: acceso@ya.com.
Se o CLIENTECLIENTE non obtivera resposta algunha por parte de YA.COMYA.COM
no prazo de UN (1) mes poderá dirixir a súa reclamación
ós organismos que procedan.
O servicio de Atención ó Cliente, de carácter gratuíto,
aportará ó CLIENTE por calquera reclamación, queixa
ou petición efectuada, un número de referencia da incidencia
formulada polo CLIENTE.
YA.COM informa ó CLIENTE que ten dereito a solicitar ó
servicio de Atención ó Cliente un documento que acredite
a presentación e contido da queixa ou reclamación mediante
calquera soporte que permita facelo..
4.4. O CLIENTE non poderá empreñar o Servicio
Ya.com Voz para a súa revenda, cesión ou explotación
comercial a terceiros pola parte do Cliente sen consentimento expreso
e escrito de YA.COM.
Quinta.- Condicións Económicas e Facturación
O CLIENTE pola prestación do Servicio YA.COM Voz deberá
aboar as cantidades que se expoñen a continuación e cuxos
prezos estarán dispoñibles na Páxina de Acceso, atopándose
actualizados en cada intre, no momento de realizar a contratación
dos servicios.
(i) A cota fixa mensual, indicada na Cláusula Sétima (Condicións
Económicas) das Condicións Xerais de Contratación
dos diferentes tipos de Servicios de Acceso YA.COM, cuxo importe variará
en función das características da Oferta Comercial contratada
polo CLIENTE e que inclúe tanto a prestación do Servicio
de Acceso YA.COM como a prestación do Servicio YA.COM Voz na modalidade
de tarifa plana 24 horas para as chamadas indicadas na Oferta Comercial
contratada polo CLIENTE. A Cota Fixa Mensual será facturada por
YA.COM e aboada polo CLIENTE de conformidade co establecido nas Cláusulas
Sétimas (Condicións Económicas das Condicións
Xerais de Contratación dos diferentes Servicios de Acceso YA.COM.
(ii) Unha cota variablepolo consumo das chamadas non incluídas
na tarifa plana do Servicio YA.COM Voz. Os prezos por establecemento de
chamada así como os prezos por minuto e/ou segundo de consumo en
función do horario de realización das chamadas serán
as que se establezan para cada Oferta Comercial nas táboas de tarifas
publicada por YA.COM en cada intre a través da URL http://www.acceso.YA.COM/tarifas/vozbich.htm.
A Cota Variable será facturada por YA.COM por meses vencidos coincidindo
co período de facturación da Cota Fixa Mensual e será
aboada polo CLIENTE mediante domiciliación bancaria.
(iii) Cota de abono: Ya.com non cobrará importe algún en
concepto de cota de abono.
As cotas a pagar polo CLIENTE poderán sufrir incrementos para
sucesivos períodos anuais en función da variación
do IPC
Non obstante o indicado no parágrafo (ii), cando o nivel de consumo
das chamadas non incluídas na tarifa plana do Servicio YA.COM Voz
exceda, durante o mes obxecto de facturación, dun determinado importe
que será previamente comunicado por YA.COM ó CLIENTE coa
debida antelación, YA.COM resérvase o dereito a expedir
unha factura adicional por dito consumo. Esta factura será aboada
polo CLIENTE mediante domiciliación bancaria, salvo que o CLIENTE
solicite, a través do teléfono do servicio de Atención
ó CLIENTE (902 024 084), pagar a través de calquera outro
medio de pago dos habilitados.
O CLIENTE recibirá, no enderezo que designe á hora de realizar
a contratación dos servicios, unha factura co detalle de cada un
dos conceptos a pagar.
Tódolos pagos realizaranse por defecto mediante domiciliación
bancaria. Non obstante o anterior, o Cliente poderá solicitar,
mediante chamada telefónica ó Servicio de Atención
ó Cliente dispoñible no número 902 024 084, abonar
as súas facturas a través de calquera outro medio de pago
dos habilitados.
Sexta.- Depósito de Garantía
6.1. YA.COM, de conformidade coa lexislación vixente, poderá
solicitar ó CLIENTE a constitución dun depósito de
garantía, tanto no momento da contratación, como en calquera
momento da vixencia do contrato nos supostos nos que (i) o CLIENTE deixara
sen pagar unha ou varias facturas relativas a outro ou outros contratos
anteriores ou vixentes con YA.COM ou con calquera outro operador de acceso
(ii)se o CLIENTE incorrese de xeito reiterado en atraso no pago das facturas
que está obrigado aboar pola prestación do Servicio Ya.com
Voz.
6.2. A constitución do depósito de garantía,
no seu caso, deberá realizarse en efectivo ou mediante aval bancario
e o seu importe será facilitado por YA.COM ó CLIENTE no
momento de requirimento do depósito de conformidade coa lexislación
vixente.
6.3. Se o CLIENTE non constitúe o depósito de garantía
que corresponda no prazo dos QUINCE (15) días seguintes ó
requirimento feito por parte de YA.COM, esta poderá suspende-lo
Servicio Ya.com Voz.se transcorrido un novo prazo de DEZ (10) días
dende un segundo requirimento, o CLIENTE non constituíse o depósito,
YA.COM poderá dalo de baixa no Servicio Ya.com Voz.
6.4.YA.COM procederá á devolución do depósito
no prazo de QUINCE (15) días a contar dende aquel no que se cumpran
as circunstancias establecidas a continuación: no caso (i): a partires
do momento no que quede acreditado que no prazo de UN (1) ano non existiu
ningún atraso no pago e no caso (ii): a partires do momento en
que YA.COM teña constancia do pago íntegro das cantidades
a deber polo CLIENTE.
6.5.Si o aboado se dera de baixa no Servicio Ya.com Voz,
YA.COM poderá executar a garantía polo total da débeda
contraída, quedando o remanente a disposición do CLIENTE.se
o CLIENTE fixera pago de tódalas facturas, YA.COM devolveralle
o depósito integramente.
Sétima.- Suspensión e Interrupción
do Servicio Ya.com Voz
7.1. Aviso de suspensión ou interrupción do servicio.
Para que a suspensión ou a interrupción do servicio poida
levarse a cabo, deberanse de cumprir os seguintes requisitos:
(i) O operador requirirá o pago e notificará a suspensión
mediante unha comunicación, que se practicará como mínimo
con quince días de antelación á data na que vaia
ter lugar a suspensión do servicio.
(ii) A comunicación indicará a data en que, de non efectuarse
o pago, terá lugar a suspensión.
(iii) A suspensión do servicio non poderá realizarse en
día non laboral.
7.2. Suspensión temporal: No caso de atraso no pago total
ou parcial por parte do CLIENTE das cantidades que está obrigado
a aboar pola prestación do Servicio Ya.com Voz durante un
período de tempo superior a UN (1) mes dende a presentación
ó CLIENTE do documento de cargo correspondente á facturación,
YA.COM de conformidade coa lexislación vixente, quedará
facultado para suspende-lo Servicio Ya.com Voz previa notificación
ó CLIENTE con polo menos QUINCE (15) días laborais de antelación.
Na suspensión temporal do servicio telefónico por falta
pago, este será mantido para tódalas chamadas entrantes,
agás as de cobro revertido, e as chamadas saíntes de urxencias.
7.3. Interrupción: No caso de atraso no pago por parte
do CLIENTE das cantidades que está obrigado aboar pola prestación
do Servicio Ya.com Voz durante un período de tempo superior
a TRES (3) meses ou no caso de suspensión temporal en DUAS (2)
ocasións por atraso no pago do Servicio Ya.com Voz, YA.COM
de conformidade coa lexislación vixente e baixo un preaviso ó
CLIENTE, quedará facultado para interromper de forma definitiva
o Servicio Ya.com Voz e a resolver o contrato por causa imputable
ó CLIENTE.
7.4. Non procederá a suspensión temporal nin a interrupción
definitiva do Servicio Ya.com Voz nos casos nos que o CLIENTE tivese
interposto reclamación ante os organismos competentes, tivese consignado
fidedignamente os importes debidos e entregado o correspondente resgardo
de ditas consignacións a YA.COM. En calquera caso, YA.COM resérvase
a facultade de poder condicionar a prestación do Servicio Ya.com
Voz ó cumprimento por parte do CLIENTE das condicións
establecidas na Condición Sexta anterior.
Oitava.- Terminación
A baixa voluntaria no Servicio YA.COM Voz por parte do CLIENTE
poderá ser notificada polo mesmo cunha antelación de cando
menos QUINCE (15) días á data efectiva de baixa empregando
calquera dos seguintes procedementos:
i) Notificación por escrito a YA.COM, ó Apartado de Correos
núm. 1058, 28108 Alcobendas (Madrid), axuntando copia do seu Documento
Nacional de Identidade.
ii) A través do teléfono de Atención ó CLIENTE
902 902 886, facilitando os seus datos persoais (nome, dirección,
D.N.I., etc.), así como a súa vontade inequívoca
de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións que se lle
facilitarán.
iii) A través do espazo habilitado a tal efecto na páxina
Web Área de CLIENTE, enchendo o formulario habilitado ó
efecto cos seus datos persoais, así como a súa vontade inequívoca
de darse de baixa no Servizo, seguindo as instrucións que se lle
facilitarán.
No caso de que non chegue a levarse a cabo a contratación do Servicio
Ya.com Voz ou no caso de baixa voluntaria por parte do CLIENTE por
calquera causa (salvo que o CLIENTE solicitase tamén expresamente
a baixa nos Servicios de Acceso Ya.com nos termos indicados nas Condicións
Sextas (Duración e Terminación) das Condicións Xerais
de Contratación dos diferentes Servicios de Acceso Ya.com) manterase
a prestación do Servicio de Acceso Ya.com contratado.
O Servicio de Acceso Ya.com contratado será prestado ó
CLIENTE baixo as condicións da Oferta Comercial que subscribira
e baixo o prezo que de conformidade coas características de esta
(velocidade, horario, servicios adicionais etc.) estivera publicado por
YA.COM nese momento para a Oferta Comercial dos diferentes Servicios de
Acceso Ya.com que a xuízo de YA.COM fose máis similar á
do CLIENTE.
A baixa, por calquera causa, nos Servicios de Acceso Ya.com nos termos
indicados na Cláusula Sexta (Duración e Terminación
das Condicións Xerais de Contratación dos diferentes Servicio
de Acceso Ya.com suporá así mesmo, de forma automática,
a baixa no Servicio Ya.com Voz.
Novena.- Réxime Xurídico
As presentes Condicións Particulares incorpóranse ás
Condicións Xerais dos diferentes Servicios de Acceso Ya.com, sendo
por tanto ditas Condicións Xerais aplicables en tódolos
seus termos salvo en aqueles nos que se contradiga co establecido no presente
documento, en cuxo caso prevalecerá o aquí pactado.
Décima.- Condicións Específicas
da Solicitude de Preselección ou Marcación Directa
10.1. Preselección de operador ou marcación directa:
A preselección de operador ou marcación directa permitirá
ó CLIENTE a realización das chamadas incluídas no
Servicio Ya.com Voz sen necesidade de marcar código de selección
de operador antes do número telefónico ó que se dirixen
ditas chamadas. Para a execución da preselección ou marcación
directa é necesario que o CLIENTE teña outorgado o seu consentimento
verbal de conformidade co establecido na Circular 1/2004 da Comisión
do Mercado das Telecomunicacións pola que se introduce o consentimento
verbal con verificación por terceiro nas tramitacións de
preselección de operador. A modalidade de preselección ou
marcación directa que ofrece YA.COM e á que o CLIENTE deberá
dar o seu consentimento é á preselección global.
Unha vez outorgado o oportuno consentimento serán obxecto da preselección
global todas aquelas chamadas locais, provinciais, inter-provinciais,
de fixo a móbil e internacionais que o CLIENTE curse sen antepoñer
ningún código.
A preselección ou marcación directa a favor de YA.COM non
impedirá ó CLIENTE a posibilidade de efectuar a selección
doutro operador a través da modalidade chamada a chamada (mediante
a previa marcación do código correspondente).
10.2. Solicitude: YA.COM non procederá a cursar a solicitude
de preselección ou marcación directa ante o Operador de
Acceso á Rede Telefónica ata que teña obtido o consentimento
verbal do CLIENTE de conformidade cos termos e condicións establecidos
na mencionada Circular 1/2004. No caso de que o titular da liña
telefónica sexa distinto do CLIENTE, será aquel o que deberá
prestar o seu consentimento para a preselección ou marcación
directa solicitada polo CLIENTE por calquera dos medios establecidos a
tal efecto.
Unha vez obtido o consentimento do CLIENTE, YA.COM procederá a
tramitar co Operador de Rede Telefónica a solicitude de preselección
ou marcación directa. Unha vez executada por parte do Operador
de Rede Telefónica a preselección ou marcación directa,
YA.COM notificará ó CLIENTE a data a partires da cal se
fará efectiva dita preselección ou marcación directa.
No caso de que YA.COM non obteña por parte do CLIENTE ou, no seu
caso, do titular da liña, o consentimento verbal necesario para
a preselección ou marcación directa nos termos establecidos
na lexislación vixente, YA.COM non procederá a cursar a
solicitude de preselección ou marcación directa do CLIENTE
e requirirá a este para que outorgue o oportuno consentimento verbal
ou rectifique, no seu caso, os defectos existentes.
10.3. Responsabilidade: YA.COM, como operador beneficiario da
preselección, non será responsable dos posibles atrasos
na activación da preselección ou marcación directa
imputables a actuacións do Operador de Rede Telefónica ou
da existencia de erros na solicitude verbal da preselección ou
marcación directa imputables ó CLIENTE.
10.4. Causas de adiamento ou denegación da solicitude de preselección
ou marcación directa: A solicitude de preselección ou
marcación directa do CLIENTE poderá ser adiada ou, no seu
caso, denegada polo Operador de Rede Telefónica cando se produza
algunha das causas de denegación e aprazamento establecidas na
lexislación vixente en cada intre.se se producise algunha destas
circunstancias YA.COM comunicarallo ó CLIENTE, para que no seu
caso, solucione as deficiencias existentes.
10.5. Prazo de conexión inicial: O prazo de conexión
inicial do servicio será dun máximo de 30 (trinta) días.
Undécima.- Protección de Datos de Carácter
Persoal.
Como consecuencia da contratación do Servicio de Acceso Ya.com
ADSL, o Cliente é consciente e acepta que os datos persoais por
el facilitados a YA.COM, serán obxecto de tratamento nun ficheiro
de datos de carácter persoal responsabilidade de YA.COM, cuxa finalidade
será a administración do servicio contratado e a xestión
das incidencias relacionadas co mesmo. YA.COM comunica así mesmo
ó Cliente, que por necesidades técnicas da prestación
do servicio, ó acceder ó servidor de YA.COM, asignaráselle
un número IP (na modalidade contratada polo Cliente) que rexistrará
os accesos realizados a dito servidor. Dito número IP será
igualmente almacenado por YA.COM de forma que esta poida cumprir coas
finalidades descritas así como, no seu caso, cos requirimentos
provintes das autoridades que, no exercicio das funcións que teñen
atribuídas, soliciten información relativa ó Cliente.
A entrega de tódolos datos requiridos para a contratación
do Servicio de Acceso Ya.com ADSL é obrigada, posto que a obtención
de todos eles é necesario para cumprir coas finalidades indicadas
no parágrafo anterior. Desta forma, YA.COM poderá denegar
a contratación do Servicio ó interesado que non facilite
tales datos.
O CLIENTE poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e/ou oposición, dirixindo unha carta asinada
polo mesmo ó domicilio social de YA.COM, C/ Albasanz 16, 4ª
planta, 28037 Madrid, coa referencia "Protección de Datos",
achegando copia lexible do seu DNI e indicando a dirección á
que YA.COM poida remitirlle a confirmación de ter cumprido coa
súa solicitude, ou no seu caso, os motivos que lle impiden levala
a cabo plenamente.
Duodécima.- Modificación das Condicións
Particulares da Contratación do Servicio Ya.com Voz a través
da "preselección ou marcación directa".
YA.COM poderá, en calquera momento, modificar as presentes Condicións
Particulares ou introducir novas condicións de uso, bastando para
elo a comunicación na Páxina de Acceso ó Servicio
Ya.com Voz e a notificación ós usuarios finais afectados
cun preaviso de TRINTA (30) días. Esas modificacións só
serán de aplicación a partires da súa entrada en
vigor.
O CLIENTE poderá resolver anticipadamente o contrato sen a obriga
de aboar cantidade algunha no caso de que non acepte as novas Condicións
Particulares ou as modificacións nas mesmas.
Décimo terceira.- Linguas do contrato
As presentes Condicións Xerais están dispoñibles
en español, catalán, euskera, galego e inglés.
En caso de discrepancia, prevalecerá sempre a versión en
español.

|